Skip to Content

FOROS DE DEBATE VOAR: O ESTADO, SÚBDITOS OU CIDADÁNS

A Fundación Sargadelos e o Grupo Voar organizan en Ribadeo unha nova edición dos Foros de Debate, que nesta ocasión versarán sobre «El Estado: súbditos o ciudadanos». Será a novena edición desta cita e será unha boa ocasión para escoitar a ponentes de primeiro nivel no mundo da política nacional. Estes foros teñen lugar no Salón Mariña do Hotel Voar, ás 20.30 horas dos días sinalados.

É unha ocasión idónea para que o alumnado de bacharelato escoite a protagonistas da nosa política nacional nun ámbito relaxado e fora das presións políticas dos medios e dos extremos. Para poder criticar é necesario coñecer, e o coñecemento debe traballarse e bregarse con muito oído e moita prudencia. En Ribadeo temos a ocasión de poñer exemplos grazas a xornadas como estas. Nun ano no que todavía padecemos conflitos bélicos e miles de mortos en diversas guerras, é necesario reafirmar a vía do diálogo e da política democrática como solución para a problemática humana. Só consolidando as nosas ideas e os nosos valores poderemos construír o mundo que queremos. Animamos pois a toda a cidadanía a participar de forma activa no noso presente, porque será clave do noso futuro.

Noticia La Voz de Galicia 

Twiter @Cosmopolitas1 

Podedes ver e escoitar estas charlas a través do seguinte enlace IX FOROS DE DEBATE



blog | by Dr. Radut