Skip to Content

CONCURSO “CANTO SABES DAS NOSAS LETRAS?”

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas o vindeiro 17 de maio o EDL e o Equipo da Biblioteca deseñaron un cuestionario en liña sobre  autoras e autores ribadenses e da nosa contorna aberto á participación de todas as persoas que o desexen, dentro ou fóra da comunidade escolar. 

 

 

A continuación tedes as bases e un ENLACE para acceder ao mesmo.

 Animádevos a participar. Hai premio!!

  

CONCURSO “CANTO SABES DAS NOSAS LETRAS?”

 BASES

1. O prazo para realizar o test remata o 31 de maio.

2. Na primeira quincena de xuño, sortearanse tres libros de autoras ou autores ribadenses entre a xente que responda correctamente a todas as cuestións.

3. Se non houber ninguén con todas as respostas correctas, entrarán no sorteo todas as persoas que cometesen como máximo 5 erros.

4. Pode participar xente de todo o mundo e incluso de máis alá.

5. O sorteo non se celebrará ante notario. As persoas participantes deberán confiar na seriedade da organización. 

 



page | by Dr. Radut