Skip to Content

9 de Maio 2022: DÍA DE EUROPA NO IES RIBADEO

Lembrade que aínda podedes participar no IX Concurso de Fotografía A cidadanía europea en Galicia.... tedes toda a información neste enlace de EUROPEDIRECT LUGO, ou tamén nesta dirección do Facebook... para maiores de 18 anos e ata o 9 de xuño!!!!

Mensaxe da Presidenta do Parlamento Europeo Roberta Metsola ás ESCOLAS EMBAIXADORAS.

Alumnado de 1º BAC signando o FELIZ DÍA DE EUROPA!

Esta tarde, dentro das actividades no DÍA DE EUROPA, recibimos a visita de Iván Lombardero, xeólogo, activista ambiental, traballador no Sindicato Labrego Galego,... entre outras moitas facetas que ven desempeñando desde fai tempo con convicción e firmeza. Con convicción xa que o estudo e a dedicación ás ciencias ambientais proporciona un punto de partida e de análise da realidade obxectivo e fundamentado, e con firmeza xa que as consecuencias dos seus estudos marcan unha liña clara de coñecemento que comparte en cada unha das súas actividades. A súa charla de hoxe titulouna "Europa fronte ás crises climática e enerxética", na que desenvolveu unha mirada crítica da sociedade actual desde as contendas mundiais e os primeiros pasos da unidade europea, unha unidade de marcado signo económico que aínda hoxe mantén o seu poder e a súa impronta na creación dos camiños de futuro para todos os países que compoñen a Unión Europea e incluso do resto de países de influencia no mundo. Unha charla que marcará un punto de inflexión na forma de pensar os contidos de Historia e de Filosofía do noso alumnado, e que sen dúbida dará para comentar e continuar charlando noutras ocasións.

Cronica3.com (11 maio 22)

O Xornal da Mariña (11 maio 22)

La Voz de Galicia (19 maio 22)

A charla comezou coa proxeción do vídeo que o alumnado de 1º ESO D realizou para a "Estación Verde", un espazo virtual proposto por EUROPE DIRECT A CORUÑA, e que reuniu a 8 centros de Galicia no estudo e divulgación dos obxectivos do Pacto Verde Europeo (tamén comentado na charla), e do que tedes o enlace máis abaixo.

Xa está dispoñible o espazo virtual "Estación Verde"; unha colaboración de 8 diferentes centros de Galiza sobre o PACTO VERDE EUROPEO. 

 

   Podedes acceder no seguinte  enlace:

  ESTACION VERDE 

   Para visualizar os vídeos, premede no cartel

   "Estación Verde na escola".



blog | by Dr. Radut