Skip to Content

blogue deManel

LUNS 19 de xuño. Actividades de intercambio

Este comezo de semana recibimos de forma oficial aos nosos colegas de Dusslingen. O director Modesto Refojo deulles a benvida no salón de actos do centro, e fixemos un percorrido polo mesmo coa compaña da Vicedirectora Ana Mauriz. Na primeira planta agardaba a profesora de Bioloxía Susi Besteiro que impartiu unha amena e entretida clase sobre a costa mariña e as súas particularidades xeolóxicas e biolóxicas. Unha hora moi instrutiva que de seguro lembrarán xunto ás imaxes da variedade paisaxística e biolóxica da nosa zona.

Ao rematar esta charla, o alumnado de 1º BACH explicou algúns dos experimentos da Feira da Ciencia que foi clausurada o venres. Despois tivemos unha clase na que explicamos o noso sistema educativo, o noso horario, e as probas que debemos facer ao remate da secundaria e do bacharelato.

Tivemos tempo libre para a comida e volvemos vermos ás 16:00 horas no peirao para realizar un paseo de media hora pola ría. Mañá teremos un día largo de excursión.... e xa os contaremos!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

INTERCAMBIO CO KARL VON FRISCH GYMNASIUM

Este venres 16 de xuño recibimos aos 13 alumnos e alumnas alemás e ás súas profesoras Margit Back e Stefanie Osterle-Piehl. Un día longo que comezou de madrugada en Dusslingen e viaxe ao aeroporto de Stuttgart para aterrizar ás 9:00 horas en Porto. Alí os esperaba un autobús que fixo o percorrido ata Ribadeo con paradas en Valenca do Minho e en Betanzos. Chegaron ás 17:00 horas ao insti onde os seus colegas de intercambio os recolleron para dar comezo ás actividades planificadas.

Esta fin de semana estarán coas familias e o luns serán recibidos formalmente pola dirección do centro, para logo facer un percorrido visitando a Feira de Ciencia e a exposición que pedimos sobre Aves Mariñas de CEIDA. Seguidamente a profe de Bioloxía, Susi Besteiro, fará unha presentación breve das características da costa lucense, previa á nosa visita conxunta. Pola tarde faremos un paseo en barco pola ría e logo teremos tempo libre para aproveitar este veranillo anticipado.

 

Premio Provincial de Xornalismo escolar

Hoxe venres 9 de xuño o alumnado de 1º BAC Sergio Díaz González, Mariam Dilami Hachmaoui, Alba Loureiro Peña e Itziar Nieves Freire acudiron ao Museo Santiago Rey Fernández-Latorre, na sede central de La Voz de Galicia en Arteixo para a entrega de premios nun acto que tivo tamén como actividade motivadora un coloquio que puxo fin á 1ª edición de "A Voz da Muller STEM", con Lara Méndez (alcaldesa de Lugo), Ethel Vázquez (conselleira de Infraesturas e mobilidade) e Ariana Fernández (farmacéutica presidenta do colectivo A Ciencia en feminino).

Con esta actividade o departamento de Filosofía pecha a súa programación do curso 2022-2023. Todavía temos proxectos pendentes neste final de xuño como a exposición do CEIDA sobre AVES MARIÑAS, ou a segunda parte da visita do alumnado alemán do Karl von Frisch Gymnasium de Tübingen (Alemaña), das cales subiremos a correspondente información.

Tamén coñecimos ao protagonista do programa LaVozexplica de tiktok, que gravou unha entrevista as nosas reporteiras e reporteiro. En breve a veredes na aplicación.

Compartimos con vos aquí o video da experiencia....

Video do acto da entrega de Premios La Voz de la Escuela de La Voz de Galicia 

Noticia do evento final, entrega de premios La Voz de Galicia 21 xuño 23.

REPORTAXE PUBLICADA O 20 DE XUÑO DO 2023

Postais para FRANCIA

Antes de rematar o curso queremos pedirvos unha colaboración cun centro francés que forma parte tamén das ESCOLAS EMBAIXADORAS DO PARLAMENTO EUROPEO. Están levando a cabo unha exposición co máximo número posible de postais do máximo número posible de países da Unión Europea. Na foto que adxuntamos tedes o texto completo e a dirección á que hai que envialas.

Contamos con todos vos para colaborar con esta petición. Comentade co voso profesorado de Francés no caso de que teñades algunha dúbida. Ánimo e grazas por participar... A ver cántas postais lles chegan desde as nosas costas....

EUROSCOLA 25/05 sesión online

 

 

Cronica3.com (31 maio)

Xornaldamariña.gal (31 maio)

Amarinaxa (6 xuño)

Nova sesión de EUROSCOLA: DEMOCRACY IN ACTION

Para participar na sesión é imprescindible cubrir e enviar os vosos datos e a sinatura familiar no seguinte enderezo:

https://ec.europa.eu/eusurvey/runner/Euroscola250523

FELIZ DÍA DE EUROPA

 

DÍA DE EUROPA 2023

Unha nova celebración do 9 de maio no IES Ribadeo Dionisio Gamallo. Esta vez a actividade central será a charla que tres exdeputados galegos ofrecerán ao alumnado de 4º ESO e 1º BAC do centro que está implicado directa e indiretamente como ESCOLA EMBAIXADORA DO PARLAMENTO EUROPEO.

Visita virtual ao Parlamento de Galicia

REPORTAXE SOBRE O FORTE DE SAN DAMIÁN

Este mércores 3 de maio saiu publicada a segunda das reportaxes que traballamos no centro para Prensaescuela. Esta vez 4 alumnas de 4º ESO (Ángela Alcántara Coto, Sara Requejo Fernández, Daniela Rodríguez Gago e Cristina Santamarina Sánchez) coordinadas polo profesor Javier Rodríguez González. O tema se anticipa á realidade social e histórica da vila porque trata a fortificación que ao carón do mar estamos acostumados a ver cando paseamos pola beira da ría de Ribadeo en dirección ao islote da illa Pancha, e do que durante o 2024 celebraremos os seus 400 anos de historia. Unha historia que estas 4 alumnas glosan de forma acertada despois dun traballo longo e arduo que incluiu a asistencia á charla que o cronista oficial Eduardo Gutiérrez, o historiador e descubridor Alberto Paraje e a concelleira de cultura do concello de Ribadeo, Pilar Otero, ofreceron o pasado 10 de febreiro, tanto na inauguración da exposición que abr os fastos do aniversario, como a posterior charla e a visita ao día seguinte do FORTE DE SAN DAMIÁN: UN MONUMENTO ESQUECIDO.

Noraboa pois a estas brillantes alumnas que conseguiron dar voz desde as aulas a unha realidade histórica que temos moi preto e que sen embargo non coñecemos. Agardamos que o seu traballo sirva de acicate para o seu coñecemento, coidado e recuperación. Lede pois a reportaxe e visitade o lugar porque tanto a súa historia pasada como o seu presente deben axudar a mellorar o seu futuro.

   

REPORTAXE SOBRE O CÓMIC MANGA

O mércores 26 de abril publicamos no suplemento de PRENSAESCUELA de La Voz de Galicia unha reportaxe de Sergio Díaz González, Mariam Dilami Hachmaoui, Alba Loureiro Peña e Itziar Nieves Freire sobre o Cómic Manga en Ribadeo.

De Japón a Ribadeo: un viaje a través del Manga

Un traballo de investigación no que demostraron os seus coñecementos e o seu esforzo para divulgar e investigar sobre unha Arte que ven xa desde moi antigo e que desde fai un tempo está tendo eco tamén por estes lares. Un traballo ben deseñado, rigorosamente tratado, e que reflicte con especial dedicación a algunhas das nosas compañeiras mergulladas nesta Arte e que queren demostrar o seu valer e creatividade nunha profesión moi competitiva.

Agardamos que leades con interés e comentedes construtivamente esta interesante proposta!

Distribuir contido


by Dr. Radut