Skip to Content

blogue deManel

Preparando o NADAL....

Estamos comezando o mes de decembro, entramos no Advento e con el entramos nun dos meses máis especiais do curso. Independentemente das ideas e das crenzas, estas datas conteñen elementos que poñen a proba os nosos sentimentos e emocións, xa sexa polos exames, polas notas ou polas vacións coas que partimos o curso...

O grupo de 2º de bacharelato B quere sumarse a un sentimento de futuro e quere compartir con todos vos esta felicitación.... Sorte e muitas felicidades e os mellores desexos para o 2024!!!!

V Sesión Autonómica do Modelo de Parlamento Europeo

O domingo 19 e o luns 20 de novembro, as alumnas Sara Requejo Fernández, Marcela Pérez-Magdalena Villar e María Moledo de Diago participaron na V Sesión Autonómica do MEP (a alumna Claudia Loureiro García non puido asistir por enfermidade). Participaron como representantes de distintos países nas 4 Comisións temáticas propostas:

1. A saúde mental dos xoves en Europa.

2. A escasez de auga e o papel da UE.

3. A ética da Intelixencia Artificial.

4. O turismo sostible como forma de promover a economía local e rexional.

Un total de 50 xoves de 8 centros galegos (Los Sauces de Vigo, Los Sauces de Pontevedra, FEC san José de Lugo, IES Ribadeo, La Salle Santiago, IES Rosalía de Castro de Santiago, Colegio Eirís e colegio M. Peleteiro) máis os e as veteranos MEPalumni e participantes de edicións precedentes que exerceron de titores/as, coordinadores/as e asesores/as durante os 2 días de traballo, tanto na elaboración conxunta das Resolucións, como na propia Asamblea Xeral, nun exercicio de participación e democracia política de absoluto nivel e profesionalidade.

As alumnas do noso centro dialogaron. propuxeron, discutiron e interviron en todas as actividades propostas no proxecto, e, de seguro, terán experiencias e anécdotas para contar aos seus compañeiros e compañeiras que permitan dar continuidade a un proxecto ambicioso de colaboración e exercicio de democracia tolerante, de coñecemento da realidade europea e de reflexión consciente sobre os problemas que padece a nosa sociedade e as posibles solucións para evitalos nun futuro en común. 

Noraboa pois a estas 4 alumnas, porque traballaron duramente para chegar a esta participación!! 

 

 

 

 

Cronica3.com (22nov23)

TWITER

Entrevista en Cope de la costa Ribadeo (22nov23)

Amarinaxa.com (23nov23)

DÍA DA FILOSOFÍA

Un curso máis queremos celebrar no centroo DÍA MUNDIAL DA FILOSOFÍA. Engadimos un novo marcapáxinas cunha dobre conmemoración: por unha parte os períodos da Filosofía ao longo da Historia, e por outra as filósofas máis señeiras de cada período... realmente hai máis pero será un bo comezo para familiarizarse cos nomes, obras e pensamento das filósofas que no mundo foron, e que aínda serán.... Este curso os cambios comezan a dar os seus froitos, e a pesares da dificultade que supón a elección, os e as responsables da CIUG optaron por incluír as pensadoras: Simone de Beauvoir, Hanna Arendt e María Zambrano como novidade filosófica no temario de 2º de BACH.

Enlazaremos tamén o artigo correspondente cando as redes se fagan eco das nosas palabras, e agardamos tamén pola divulgación que o propio alumnado dispoña sobre este tema. Saúdos e boa víspera da Filosofía e bo DÍA MUNDIAL DA FILOSOFÍA!!!!

 

Do mito ao Logos: historias da Filosofía Cronica3.com (16 nov 23)

Entrevista COPE 

Proxecto ERASMUS+: Cociente Cultural e polarización en Europa

Entre os días 22 e 26 de outubro o coordinador de proxectos do centro participou nun encontro en Turnhout (Bélxica) titulado CQ+ De-escalating Polarisation in Europe, en Turnhout (Bélxica). Un dos obxectivos que persegue este Proxecto Erasmus+ é desenvolver a intelixencia cultural e o cociente cultural dos distintos elementos protagonistas da sociedade e conseguir unha integración e progreso superando o conflito e a polarización. O cociente cultural é a habilidade para recoñecer e adaptarse ás diferencias culturais para traballar de forma eficiente en situacións culturais diversas. Este traballo conxunto permitirá implementar as nosas aprendizaxes en escolas, empresas, organizacións voluntarias, gobernos locais, e o resto de estamentos sociais.

 

 

TIME TO MOVE con INGALICIA

Hoxe mércores 18 de outubro, festividade das san Lucas (feira e festa de Mondoñedo que se ven celebrando desde 1156 y que fai dela unha das máis antigas de Europa) o alumnado de 1º e 2º BAC foi informado pola colaboradora de INgalicia Rosita Bugiolacchio, educadora social, das posibilidades que a Unión Europea e outras institucións ofrecen á xuventude sobre mobilidade, voluntariado, programas de estudios e outras diversas opcións. 

Unha primeira toma de contacto para o noso alumnado de 1º e 2º BAC con asociacións culturais e institucións educativas da Unión Europea para que coñezan de primeira man as oportunidades con outras nacións, sistemas educativos, grupos de traballo ou plans de estudo.

Rematamos a actividade cun kahoot de coñecementos básicos sobre os distintos páises europeos. Durante o curso intentaremos facer realidade algunha destas propostas e ampliar así as expectativas culturais da nosa comunidade educativa.

 

INICIO CURSO DE PSICOLOXÍA 2023-24

Demasiado tempo vai desde a derradeira publicación... Así que neste novo curso retomaremos algún aspecto divulgativo que pode ser interesante para o alumnado.

Comezamos cunha serie de charlas que un xoves ao mes (de setembro a xuño) organiza o MUNCYT de A Coruña segundo o seguinte programa:

28/09/2023 - Cajal y el laberinto del cerebro, con Fernando de Castro Soubriet, Científico Titular del CSIC y jefe del Grupo de Neurobiología del Desarrollo-GNDe. Instituto Cajal (CSIC).

26/10/2023 - El cerebro y el laberinto del olfato, con Laura López-Mascaraque, Investigadora Científica del Instituto Cajal (CSIC) y Presidenta de la Red Olfativa Española (ROE).

30/11/2023 - El cerebro y el laberinto del lenguaje, con Xurxo Mariño Alfonso, biólogo especializado en neurociencia, profesor, investigador, escritor y divulgador científico. Universidade da Coruña.

25/01/2024 - El cerebro y el laberinto del Alzhéimer, con Carlos Spuch, Investigador Senior del Grupo
de Neurociencia Traslacional, Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur. CIBERSAM. Universidad de Vigo.

07/03/2024 - El cerebro y el laberinto de la obesidad con Rosa Señaris, Catedrática de Fisiología en Universidade de Santiago de Compostela. Centro de Investigación en Medicina Molecular y Enfermedades Crónicas (CiMUS).

18/04/2024 - El cerebro y el laberinto de la epilepsia, con Casto Rivadulla Fernández, profesor de Fisiología en la Universidad de A Coruña. Investigador en Neurociencia en el Grupo de Neurociencia y Control Motor, Universidade da Coruña.

23/05/2024 - El cerebro y el laberinto de alcohol, con Santiago Canals Gamoneda, profesor e investigador científico del Instituto de neurociencias de Alicante. CSIC-UMH.

06/06/2024 - El cerebro y el laberinto de la ceguera, con Eduardo Fernández Jover, profesor de biología celular Universidad Miguel Hernández, Director de la Unidad de Neuroingeniería y Neuroprótesis del Instituto de Bioingeniería.

Poderemos asistir tamén de forma virtual a través do seguinte enlace..... Falaremos sobre isto!

INICIO DE CURSO 2023-24

Comezamos curso con espíritu renovado. Somos CENTRO MENTOR DE ESCOLAS EMBAIXADORAS DO PARLAMENTO EUROPEO, unha das 3 que hai en Galicia e unha máis entre as 51 que hai en España.

Seguimos mantendo a mesma ilusión e contamos con profesorado xove que se integra nesta proposta de traballo, neste proxecto educativo que completa e amplía os contidos curriculares do noso alumnado. 

Esta semana levaremos a cabo a entrega de certificados ao profesorado e alumnado implicados no proxecto durante o curso anterior e fomentarermos a participación para este curso. Responsabilidade, respecto, tolerancia, igualdade,... son conceptos asimilados na nosa rutina e que queremos externalizar a toda a comunidade educativa. 

Aquí tedes un pequeno resumo do noso traballo no centro.

Texto en PDF Amarinaxa 17 set 2023

 

CENTRO MENTOR DAS ESCOLAS EMBAIXADORAS DO PARLAMENTO EUROPEO

O noso traballo como ESCOLA EMBAIXADORA DO PARLAMENTO EUROPEO chegou ao seu terceiro ano e tiñamos a posibilidade de dar un paso adiante... iste paso acaba de ser confirmado pola coordinadora estatal... 

NORABOA A TODO O PROFESORADO E AO ALUMNADO PARTICIPANTE!! ... e por extensión a todo a comunidade educativa, xa que isto supón un recoñecemento ao traballo realizado e un acicate para o futuro inmediato.

O curso 2023-2024 seremos 51 Escolas Mentoras en toda España, das cales 3 estarán en Galicia: o IES Plurilingüe Eusebio da Guarda en A Coruña, o colexio Plurilingüe Padre Feijoo Zorelle en Ourense, e o IES Ribadeo Dionisio Gamallo en Lugo.

Síguenos tamén en TWITER @cosmopolitas1

Escuelas Embajadoras del Parlamento Europeo – España

Amarinaxa (17/09/23)

XOVES 22. Pedras da memoria; Cultivos mariños e paseo ata Arnao. VENRES 23: Despedida!

Decidimos deixar a víspera da marcha como día tranquilo e de paseo pola nosa vila. Sempre quedan algúns rincóns para visitar tanto xeograficamente como historicamente. Nesta ocasión dedicaremos un tempo no insti para repasar o tempo histórico do franquismo e actualizar as consecuencias dunha guerra fratricida. A lembranza daqueles e daquelas que sufriron, desapareceron, ou foron asasinados é a base do proxecto STOLPERSTEINE que chegou a España no 2015.

A reportaxe que o Concello de Ribadeo decidiu facer con motivo da súa colocación na nosa vila no 2022 deu pe para unha reflexión do alumnado e profesorado do instituto alemán e do noso centro, e, deseguido, realizamos un paseo pola vila facendo unha lembranza lida das Pedras da Memoria. Con esta andaina chegamos ata o peirao onde realizamos a segunda visita planificada para esta mañá: Cultivos mariños. Un achegamento biolóxico á contorna e os seus primixenios habitantes; unha lección de natureza viva e preservación e sostibilidade para o futuro. Estudiar a contorna para mellorala...

Despois dun xoves algo máis longo do habitual vímonos á entrada do instituto o venres 23 ás 09:15 para a despedida. Gute Reise e ata outra!

 

 

 

 

 

 

 

MÉRCORES 21 de xuño. Paseo pola costa

Hoxe toca percorrido corto e praias. O noso destino pasa pola praia de As Catedrais que, a pesares de non estar en marea baixa puidemos chegar ata os famosos e coñecidos arcos cunha pequena molladura nos pes. Ampla sesión de paseo corto e fotos que de seguro serán lembradas o resto da súa vida. Seguimos percorrido pola costa ata chegar á ría de Foz, parada nun dos paraxes aínda despoblados lindando coa vila de Foz e os seus alicientes. Dende aquí seguiremos camiño ata os cantís de Loiba, unha breve variante na rutina dos nosos intercambios, pero moi atractiva. Logo de poñermos ao borde dos cantís máis elevados da Europa continental, retornamos cara o punto máis setentrional da península ibérica: Estaca de Bares. Abordada a punta continuamos camiño cara o semáforo de Bares e arribamos ao Porto de Bares, a nosa parada para o xantar, o relax, os xogos e o baño... unhas horas de confraternización e relax que nos deron ánimos e cansaron á vez. Emprendimos as 18:00 horas o regreso a Ribadeo onde chegamos hora e media máis tarde.

Unha xornada corta, con moitas paradas, cercana, que nos levou a cruzar o límite da provincia de Lugo e adentrarnos timidamente da provincia de A Coruña. Mañá quedaremos na vila.... e xa contaremos a nosa aventura....

 

                  

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut