Skip to Content

Blog da biblioteca

“Rosalía sempre viva. Viva Rosalía”

 

Do 26 de febreiro até o 15 de marzo podemos disfrutar no vestíbulo principal do instituto da exposición “Rosalía sempre viva. Viva Rosalía”, xestionada pola Casa-Museo Manuel María. Elaborada no 125 aniversario do seu pasamento, está composta por 20 paneis despregábeis e ofrece unha explicación dos principais acontecementos da biografía da poeta.

 



 

CONTRASINAIS POÉTICOS

 

Con motivo do Día de Rosalía (24 de febreiro) desenvolvimos, dos días 25 ao 1 de marzo, a actividade Contrasinais Poéticos. Durante o recreo destes  alumnado e profesorado, para acceder á biblioteca, tivo que darlle un contrasinal ao alumnado de 1º de ESO que facía  “garda” na porta. Houbo un contrasinal distinto para cada día, que se visibilizou oportunamente nas aulas e no corredor de acceso á biblioteca, e foi un  breve fragmento dun poema de Rosalía.

Antes de acceder á biblioteca cada participante recolleu un papeliño númerado que serviu como quenda para pronunciar o contrasinal. Unha vez dentro, anotábase no seu envés nome e apelidos e depositábase nunha urna. Isto deu opción a participar no sorteo dun agasallo diario ao final de cada recreo.  

O obxectivo do xogo foi familiarizar ao alumnado de xeito lúdico coa obra poética de Rosalía de Castro.


 

El valor de la ciudadanía: la educación como fundamento del futuro en Europa

 

Creouse un espazo na biblioteca do Centro sobre temas relacionados con Europa.

A idea dunha Europa común é a que anima una serie de actividades do noso centro, e que durante estes dous cursos polariza o traballo dun grupo de alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato e algún e algunha de 4º de ESO.

Os primeiros títulos xa están á vosa disposición e intentan responder á pregunta sobre as orixes da Unión Europea. Pensadores e políticos que ao longo do tempo foron forxando a idea dunha Europa en paz, unida con valores supranacionais que respectaran e defenderan as distintas singularidades; tamén hai sitio para outros pensadores que criticaron e denostaron esa mesma idea de Europa. Coñecer os distintos puntos de vista é paso necesario para poder orientar o noso propio.

Entre estes primeiros pensadores atoparedes nomes universais e figuras moi importantes na historia precedente que ademais tiveron un papel moi singular en prol da defensa dun futuro en común e o fomento de valores colectivos de cooperación e desenvolvemento: Churchill, Adenauer, Schengen, Schuman, Salvador de Madariaga ou Ortega y Gasset forman parte xa dun rincón da nosa bilblioteca adicado á nosa realidade pasada, presente e futura.

 

J. Manuel Yáñez Dablanca

Coordinador de proxectos europeos

 

 

Concurso de postais de Nadal en francés

O Departamento de Francés organizou no mes de decembro un concurso de postais de Nadal para o alumnado de 1º de ESO.

Os traballos foron expostos nun taboleiro na biblioteca e  o martes 18 de novembro entregouse un agasallo aos gañadores, Lucía Fernández Fraga (1º ESO-C) e Ramón López Ondina (1º ESO-A). Noraba aos premiados!

Visita do Apalpador

Convidado polo noso compañeiro David Faro Domínguez, o venres 21 de decembro tivemos a honra de recibir ao Apalpador, que percorreu distintas dependencias do centro e visitou ao profesorado e ao alumnado de 1º da ESO para facerlle entrega dos seus agasallos.

Agradecémoslle encarecidamente o galano que deixou para a nosa biblioteca: tres exemplares (en galego, portugués e castelán) do libro A utilidade do inútil, manifesto tan necesario nos noso tempos para rexeitar a actual ditadura do beneficio e do utilitarismo e apostar polos coñecementos que nutren o espírito: a filosofía, a música, a literatura, a arte…Grazas, David!

     

 

 

.

Novo epígrafe na sección biblioteca

Información xeral

 

No Proxecto Anual da biblioteca para o curso 2018-19 recolliamos a necesidade de difundir a través da rede tanto o coñecemento e funcionamento da nosa biblioteca como os recursos de que dispón (tanto para os usuarios como para o público en xeral). Con este fin engadimos un novo epígrafe no apartado da Biblioteca na web do instituto baixo o nome “Información Xeral”. Nel atopamos información sobre diversos aspectos: lexislación, normas, horario, usuarios, distribución do espazo, organización e xestión dos fondos, recursos dispoñibles, etc…

 

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesribadeo/?q=node/462

 

 

 

Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero

 

 

 

Coincidindo coa conmemoración do Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero  o día 25 de novembro a Biblioteca quixo sumarse ao acto coa incorporación de novos títulos á sección de Literatura Feminista, coa firme crenza de que a educación na igualdade é un dos pilares para erradicar esta lacra social. 

 

 

 

 

Confiamos en que estes libros sexan unha ferramenta habitual de traballo para os distintos departamentos.

Están á vosa disposición na biblioteca do centro.

 

.

Distribuir contido


by Dr. Radut