Skip to Content

Extraescolares e complementarias

VISITA PROFESORADO IES PERDOURO

O pasado luns 9 de maio, recibimos a visita do IES Perdouro de Burela.
Na actividade organizada polo departamento de orientación, o alumnado de 4º da ESO puido coñecer de primeira man a oferta educativa de formación profesional dese centro, especialmente dos ciclos de grao medio das familias profesionais de Instalacións de Telecomunicacións, Mecanizado e de Peiteado e Cosmética Capilar. O profesorado da FP explicoulles a carga horaria dos módulos impartidos, as actividades prácticas realizadas, a FCT e as posibles saídas laborais dos ciclos formativos á hora a probar os aparellos de telecomunicacións que nos trouxeron.

O IES de Ribadeo na Ciencia na Rúa 2022

O IES Ribadeo Dionisio Gamallo participou unha vez máis no Día da Ciencia na Rúa organizado polos Amigos da Casa das Ciencias da Coruña. Tras dous anos sen poder celebrar presencialmente este acto debido á pandemia, 30 alumnas e alumnos de 1º e 4º ESO  acudiron á cita para expoñer os seus traballos acompañados polas profesoras de bioloxía e xeoloxía, Beatriz González e Susi Besteiro.

IX Marcha Eco-Solidaria da Fundación EDES

Alumnado e profesorado do noso IES participou na pasada IX Marcha Eco-Solidaria da Fundación EDES.
Logramos reunir un donativo de 130€ e sumamos 375 kms camiñando, correndo, en bicicleta…

XLVI Certame de debuxo sobre o Nadal

A alumna Jimena Fernández-Reinante Pérez, de 2º ESO A, obtivo un segundo premio na Categoría B (alumnado de 11 a 15 anos), no XLVI Certame de debuxo sobre o Nadal, convocado polo Centro Cultural “José Domínguez Guizán” de Begonte, e patrocinado pola Caixa Rural Galega.

Concurso escolar ONCE

O seguinte grupo de alumnado de 2º ESO A: Gaïa Leyla Bérens Mercado, Fabián Conde Fariñas, Luis Felipe Dominguez de Gouvea, Iván Fernández Oural, Andrea Fernández Rodríguez, Jimena Fernández-Reinante Pérez, Aroa Fiallega Acebedo, Sara Lamelas Fernández e Dilan Andrés Valencia Manzano, resultou gañador na categoría C (1º- 4º ESO e FP Básica), da Fase Provincial do 38º Concurso Escolar ONCE “O camiño que nos torna iguais”.

Trampeo de raíñas de velutina

 

No IES Ribadeo Dionisio Gamallo seguimos loitando contra a avespa asiática e para iso, contamos un ano máis, coa axuda da Asociación “Os Abelleiros” de Ribadeo.  Antonio Valea, Marcos Villamil e Jesús Rodríguez, impartiron para o alumnado de 1º ESO unha conferencia titulada: “Trampeo de raíñas de velutina”.

Apadriñando árbores na Escola Pedro Murias

 

Recentemente, fomos invitados polo Centro de Formación e Experimentación Agroforestal  Pedro Murias para celebrar o Día da Árbore e acudimos á cita cun grupo de alumnos e alumnas de 1º ESO que plantaron unha metasequouia, unha picea, un camelio e un espiño.

VISITA AO CIFP PORTA DA AUGA

 
O venres 3 de marzo fomos ás instalacións do CIFP Porta da Auga con alumando da ESO.
Grazas pola acollida!!

Catro alumnos ribadenses, “mellor equipo” na XIII OLIMPÍADA DE XEOLOXÍA celebrada en Ribadeo

O mércores 16 de febrero, Ribadeo foi unha das 5 sedes onde se celebraron as probas correspondentes á fase galega da XIII Olimpíada de Xeoloxía, actividade na que participa alumnado de 4ºESO, 1º e 2º bacharelato e que está organizada pola AEPECT (“Asociación Española para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra”), en colaboración coa SGE (Sociedad Geológica Española).

Descubrindo os Humidais: quen vive aí?

Para atopar a resposta, o alumnado de 1º ESO do IES Ribadeo Dionisio Gamallo participou esta semana nunha actividade ofertada polo Concello de Ribadeo a través do Obradoiro Territorio Vivo. Tivo lugar nas inmediacións da Praia dos Bloques, onde o alumnado, axudado polos monitores, debía ir superando unha serie de probas físicas, táctiles, auditivas e de enxeño que lles permitía ir gañando pezas coas que compoñer puzles de distintas especies características dos humidais. Finalmente fíxeron unha posta en común entre tódolos grupos e unha reflexión sobre a importancia da Ría de Ribadeo como humidal de importancia internacional e trataron de identificar as causas que provocan a desparición deste tipo de ecosistemas. Agradecémoslle ó Concello de Ribadeo a colaboración e esperamos que axude  a que o alumnado valore a  importancia de conservar o noso patrimonio natural.

Distribuir contido


by Dr. Radut