Skip to Content

Varios

NADAL NA BIBLIOTECA

 

Unha vez máis, este decembro de 2019 sumámonos á festividade de Nadal coa nosa árbore de vellas enciclopedias.

 

NOVO DESEÑO DO CARNET DE USUARI@S DA BIBLIOTECA

 

Este curso 2019-2020 deseñamos un novo modelo de carnet de estudante do alumnado, que fai as veces de carnet de usuari@ da biblioteca.  Introducimos dúas novidades: unha mellor visualización do nº de lector@ e a posibilidade de renovalo cada curso a través dun selo durante o tempo que se permanece no instituto.

 

PERGAMIÑO VINDEL E CANTIGA MENDINHO

 

 Enriquecemos a nosa biblioteca facendo un tributo á nosa literatura medieval: colocamos nunha das súas paredes un panel coa reproducción da única cantiga do xograr  Mendinho e baixo ela enmarcamos unha reprodución do Pergamiño Vindel, cuxo orixinal foi visitado o curso pasado por alumnado do noso centro.

 

 

Premio Meendinho á profesora de Portugués, Dores Fernández Abel.

 

A finais do curso 2018-2019, o órgao de goberno da Fundaçom Meendinho concedeu o Prémio Meendinho á profesora do noso centro Dores Fernández Abel, por ser a docente de toda Galiza con máis alumnado de portugués. Todo isto dentro do contexto da implementación da Lei Paz Andrade (LEI 1/2014, do 24 de marzo, para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía), por como esta serve para mellorar o desenvolvemento social, económico e cultural galego ao tirar proveito da vantaxe histórica da variante internacional da nosa lingua. 

O pasado sábado, día 19, foi entregue esta distinción no decurso dunha Festa da Lusofonia, no Círculo Habanero da Devesa. Asistiron ao convivio, antigo alumnado e alumnado actual, ademais de profesorado do centro, para alén doutras persoas con interese no portugués. Tamén se contou coa presenza do Presidente  e a secretaria da Fundaçom Mendinho, Alexandre Banhos Campo e Manuela Riveiro Cascudo, así como coa do lexicógrafo e  profesor Isaac Alonso Estraviz. Amenizaron o acto, ademais dun concurso sobre a lusofonia, un grupo de alumnos do IES Perdouro de Burela e un grupo de cantareiras de Ribadeo.

A prensa fíxose eco do evento:

- PLG.gal

- Sermos Galiza

- La Comarca

Premendo aquí pódese acceder á nova publicada no Blog da Biblioteca.

ENTREGA PREMIO MENDINHO: EXPOSICIÓN DE LIBROS EN PORTUGUÉS

 

A finais do pasado curso 2018-19 a profesora de Portugués do noso centro Dores  Fernández Abel recibiu o premio Mendiho, entregado pola asociación homónima,  por ser o noso o centro con maior número de alumnado nesta materia en toda Galicia. O sábado 19 de outubro de 2019 conmemorouse o feito cunha festa da lusofonía na que a biblioteca participou cedendo libros da sección de Portugués para montar unha sinxela exposición. Tivemos a sorte de contar nesta celebración coa presenza de Isaac Estraviz, cuxo dicionario segue sendo un referente para a Lexicografía galego-portuguesa. A nosa noraboa á premiada e ao seu alumnado.

 

 

 

ASISTENCIA Á INAUGURACIÓN DO ESPAZO FEMINISTA NA BIBLIOTECA VIEJO PANCHO

 

O 20 de xuño asistimos a inauguración do Espazo Feminista da Biblioteca Municipal de Ribadeo Viejo Pancho, na que puidemos escoitar unha charla da escritora Carme Blanco, convidada ao acto. Trátase do terceiro espazo destas características en institucións públicas do noso concello, tralo creado no noso centro e na Escola de Idiomas.

 

ENTREGA DE PREMIOS CONCURSO A PALABRA PERDIDA 18-19

ENTREGA DE PREMIOS CONCURSO A PALABRA PERDIDA 18-19

 

O 26 de xuño de 2019 foron entregados os premios da cuarta edición do concurso A palabra perdida. Resultou gañador o grupo formado por Nerea Martínez Pérez,  Nara Ramos Freire, Patricia Pérez López e Asier González Franco,  de 1º ESO-B.Os nosos parabéns aos premiados!

 

CERTAME BIBLIOTECA VIEJO PANCHO XUÑO 2019

No Certame de narración e debuxo infantil "Letras Galegas 2019" (fase local), da Biblioteca Pública Municipal "El viejo Pancho", resultaron premiadas tres alumnas do noso centro. A entrega de premios tivo lugar o venres, 7 de xuño, ás 18:00 h na Biblioteca. Parabéns para Marta, María e Violeta!

NARRACIÓN (Categoría C, 12 a 16 anos):

"Fóra de tempo". Marta Ortiz González (3ºESO C)

DEBUXO (Categoría C, 12 a 16 anos):

María Castro Pardo (4ºESO A)

 Violeta Carrero Isla (4ºESO A)

 

 

 

VISITA Á BIBLIOTECA DO ALUMNADO DOS CENTROS ADSCRITOS

 O xoves 6 de xuño de 2019 visitaron o instituto os futuros alumnos dos centros adscritos. Acompañados por alumnado de ESO, percorreron as distintas dependencias do centro. Entre elas, a biblioteca, onde os recibiu e lles entregou uns agasallos de benvida Suso Fenández Acevedo, membro do Equipo da Biblioteca e coordinador do EDL.

 

Antón Fraguas. Unha epopea vital.

Ademais doutras iniciativas, traballamos sobre a figura de Antón Fraguas utilizando o caderno Antón Fraguas. Unha epopea vital e a correspondente unidade didáctica, dos que a Excma. Deputación de Lugo enviou un exemplar para cada alumno/a.

Nas imaxes, alumnado de 2º de ESO utilizando estes recursos.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut