Skip to Content

blogue deManel

36 CONCURSO ESCOLAR ONCE: A MIRADA DE TOD@S

O 36 CONCURSO ESCOLAR da ONCE trata esta vez o tema da INCLUSIÓN. 4 clases participan na fase provincial do concurso a través do traballo do seu alumnado. Tivemos que estudar o concepto de INCLUSIÓN, o significado das bandeiras, dos símbolos que usamos para comunicarmos, das cores que asociamos a sentimentos, emocións e pensamentos e conxugar todo isto para expresar a nosa idea a través de todos estes elementos. O resultado foi acadado por 4 grupos dun total de 6 nos que se imparte clase de VALORES ÉTICOS e VALORES DEMOCRÁTICOS EUROPEOS.. Ademais, tiveron que gravar unha audiodescrición na que explicaran o porque das súas eleccións. E aquí tedes a representación gráfica do seu esforzo....

         

          

Os debuxos, segundo a orde natural son de:

2º ESO B. Patricia Pérez López.

2º ESO C. Ángel Muiña López.

3º ESO B+C. Cristina Álvarez Rey, Lucía Miranda Santamarina, Nihad Selouane Benmoussa.

O alumnado de 1º BACH da materia de EUROPA creou un himno que titularon "DEJA QUE SEA YO".

Grazas a todos por implicarse nun labor educativo e integrador tan necesario e acuciante hoxe en día como é o tema da IGUALDADE e da INCLUSIÓN. 

Valores ecolóxicos: COIDANDO O NOSO MAR (CEIDA)

Do 13 de xaneiro ao 3 de febreiro o noso centro acollerá unha exposición que ten como obxectivo a divulgación dos problemas medioambientais presentes na nosa sociedade. Esta nova exposición titúlase “Coidando o noso mar” e está organizada polo departamento de Filosofía en colaboración co de Bioloxía, dentro das actividades programadas para o curso 2019-2020 en torno a Crise Climática do mundo actual.

Leer cronica3.com PDF

 

I Sesión Autonómica Modelo de Parlamento Europeo (29-30 nov-2019)

O venres 29 e o sábado 30 de novembro tivo lugar a I Sesión Autonómica Modelo de Parlamento Europeo en Santiago de Compostela. O noso alumnado participou nestas xornadas aportando a súa visión sobre 4 temas de actualidade de política europea.

A xornada do venres transcurriu integramente no Colexio Peleteiro; alí, o alumnado tivo as reunións por comisións nas que debateron os temas propostos nesta convocatoria, e a partires das 18:30 cada grupo reuniuse co seu profesorado para preparar as estratexias na sesión final que tivo lugar no Parlamento de Galicia.

  • El papel de la UE frente al cambio climático. Defendido pola alumna LUCÍA FERNÁNDEZ LÓPEZ
  • Estrategias de la UE ante el envejecimiento demográfico. Defendido pola alumna VIOLETA CARRERO ISLA.
  • Las bitcoin y la ingeniería económica. Criptomonedas o tecnología blockchain. Defendido polo alumno JUAN MANUEL VEGA VÁSQUEZ.
  • La trata de seres humanos. Defendido pola alumna CLAUDIA VILLAPOL DUARTE.

A clausura estivo presidida pola secretaria da Mesa do Parlamento dona Raquel Arias Rodríguez, que xunto ao presidente do Board MEP España don Ramón Rodríguez Magán, ao director do colexio Peleteiro don Luis Peleteiro Ramos e ao profesorado seleccionado, despediron unha xornada repleta de debate, propostas e consenso democrático.

Podedes ler a noticia en Cronica3.com, La Voz de Galicia (30-11-19) e en La Voz de Galicia (1-12-19).

Máis FOTOS

21 de novembro. DÍA DA FILOSOFÍA

3º xoves Novembro: DÍA MUNDIAL DA FILOSOFÍA


Desde o 2002 vimos celebrando esta efeméride, e sería no 2005 cando a UNESCO, a petición do Reino de Marrocos ratificou a necesidade de promover a Filosofía en todo o mundo.

Neste 2019 o tema proposto é resaltar a importancia da Filosofía a nivel rexional, para que desde este ámbito podamos contribuir aos problemas e desafíos mundiais como a migración, a radicalización, a intelixencia artificial e as ameazas sobre o medio ambiente

A Filosofía pode facer muito para axudar a resolver os problemas mundiais.Nas redes sociais  poderedes contribuir a esta efeméride co hashtag #DiaMundialDeLaFilosofia

A nosa contribución nesta data podedes coñecela neste enlace....

FILOSOFÍA PARA XOVES

ou en Cronica3.com ou en La Comarca (23/nov/19)

Sesión Autonómica do MEP

Os vindeiros 29 e 30 de novembro, 3 alumnas e un alumno de 1º BACH da materia EUROPA, participarán en Santiago na I Sesión Autonómica do Modelo de Parlamento Europeo, que reunirá a xoves de Galicia, Asturias e Cantabria.

A xornada do venres, que transcurrirá integramente no Colexio Peleteiro, o alumnado terá as reunións por comisións nas que debaterán os temas propostos nesta convocatoria: 

  • El papel de la UE frente al cambio climático.
  • Estrategias de la UE ante el envejecimiento demográfico.

  • Las bitcoin y la ingeniería económica. Criptomonedas o tecnología blockchain.
  • La trata de seres humanos

En torno ás 19:30 cada grupo reunirase co seu profesorado para preparar as estratexias na sesión final que celebraremos no Parlamento de Galicia.

O horario da xornada do sábado está pendente de confirmación por parte do Parlamento. Non obstante, a chegada dos participantes comenzaría as 8:30 e a apertura da sesión sería as  9. A asemblea remataría as 13:30 cun cóctel de despedida.

Para a Asemblea Xeral no Parlamento e dada a importancia e transcendencia do acto que pechará o presidente do Parlamento Miguel Santalices, cursaron invitación á Directora do centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut