Skip to Content

Varios

A palabra perdida

A palabra perdida é un xogo de pistas mediante o cal o alumnado, organizado en grupos, ten que acabar adiviñando unha palabra.

Previamente, nunha reunión conxunta, entregóuselle a cada grupo un cartafol con toda a información necesaria e un impreso no que debe ir anotando os datos que consiga durante o desenvolvemento do xogo.

Despois, nun taboleiro, empezamos a facer públicas as pistas que deben seguir. Cada pista leva o alumnado a un profesor, que lle dá máis datos a cada un dos grupos. Estes datos conducen a un libro da biblioteca no cal o alumnado atopa unha palabra. Con determinadas letras de todas as palabras que vai atopando, o alumnado acabará compoñendo a palabra que se busca.

O grupo que primeiro atope a solución recibirá un premio.

Coordina a actividade a profesora Susana Díaz Orol.

Exposición de libros vellos. Día do libro, 2015

Aproveitando que no instituto, debido á súa antigüidade, temos unha boa cantidade de libros vellos, decidimos conmemorar o Día do libro 2015 inaugurando unha exposición dalgúns deles en diversas vitrinas, distribuídas por varios lugares do centro.

A intención é mantelos de xeito estable, aínda que non permanente, xa que dispoñemos de máis exemplares merecentes de seren expostos. Por iso, temos previsto rotalos, cando pase algún tempo.

Quen teña interese en ver con detalle algún deles, pode pedir a chave das vitrinas na biblioteca.

Podes ver a EXPOSICIÓN EN FOTOS na nosa galería.

As mulleres e as relixións / A ablación

Nos últimos días, as alumnas Sonia Amor Pérez, Carmela Carrero Isla, Teresa García Gutiérrez e Marta Fernández Díaz, de 4º de ESO, expuxeron para todos os grupos da ESO os seus traballos sobre O papel das mulleres na relixión e A ablación.

Inicialmente, tratábase dunha tarefa de aula, promovida polo profesor Carlos Cid Tesouro, do departamento de Xeografía e historia, para expoñer só ante o seu grupo.

Pero, vendo a calidade e o interese dos mesmo, decidiuse que se repetise no salón de actos para todos os grupos, aproveitando as horas de titoría. Da coordinación destas exposicións encargouse a profesora Teresa González Piñeiroa, do departamento de Lingua galega e literatura.

Sen dúbida, é unnha sorte que o noso alumnado poida aistir a conferencias tan interesantes, e se as relatoras son da casa, mellor aínda.

Parabéns!

 

Feira da ciencia

Entre o 8 e o 10 de abril tivo lugar no noso centro a Feira da Ciencia, organizada polos departamentos de Física e química e Ciencias naturais.

O alumnado, organizado en grupos, explicoulle os seus experimentos ó resto dos compañeiros e tamén ós escolares dalgúns colexios que nos visitaron a propósito para ver a Feira.

Moito e bo traballo do alumnado e do profesorado que os coordinou!

FOTOS DA FEIRA

 

Contos de medo no Museo de Lugo 2015

O día 27 de marzo, o alumnado de 1º de ESO participou na actividade Contos de medo no Museo, promovida polo Museo Provincial de Lugo.

Primeiramente, o alumnado leu no centro unha serie de relatos e xa no museo, organizados en equipos, buscaron resposta a unha serie de cuestións relacionadas con cada un dos relatos.

O alumnado estivo acompañado por Mª José Álvarez Amor, Isabel López, ambas as dúas do departamento de Lingua galega e literatura, e Roberto Rodríguez, do departamento de Xeografía e historia. 

Poética.gal. RECOMENDADO!!

21 de marzo, DÍA DA POESÍA.

Co gallo desta data, RECOMENDAMOS poética.gal

 

Odisea 2015

PREMIO!

As alumnas Sara Canto, Laura Fernández e Ariadna Rocha obtiveron o 2º posto no certame Odisea 2015, dirixido ó alumnado que curse calquera materia relacionada coa cultura clásica, no que houbo 268 participantes.

Coordinou a actividade o profesor Fernando Maximiliano Álvarez Lebredo, que nos explica todo o proceso neste documento.

Coincidindo coa entrega de premios, o alumnado asistiu á representación dunha obra no Festival de Teatro Clásico de Lugo. Tamén aproveitaron a viaxe para facer unha visita a algúns lugares de interese da cidade relacionados coa súa área.

Podedes ver FOTOS na nosa galería.

Parabéns a todo o equipo!

Alumnas gañadoras

 

Voluntariado da biblioteca

O alumnado voluntario para colaborar na biblioteca xa ten identificación.

VOLUNTARIADO BIBLIOTECA

 

Viaxe a Lugo (16/01/15)

O alumnado de 4º de ESO realizou unha viaxe a Lugo para asistir á representación de Luces de Bohemia no auditorio Gustavo Freire. Pola tarde, coñeceron a historia de cidade desde a época romana ata a actualidade, cunha visita guiada pola profesora de historia.

A actividade organizouna Rosa Paz, do departamento de Lingua española, en colaboración co departamento de Ciencias Sociais. O alumnado estivo acompañado por Manuel Fernández, do departamento de Lingua española, Andrea Estévez, de Xeografía e historia, e Dores Fernández, de Lingua portuguesa.

Na galería podes ver máis fotos da actividade.

Viaxe a Lugo

 

Proxecto Ríos: inspección do río Pequeno (outono- 2014)

Como xa vén sendo habitual, o alumnado de 4º de ESO de Bioloxía, acompañado polas profesoras Áurea Parcero e Mª Jesús Besteiro, participantes no Proxecto Ríos, fixeron a saída ó río Pequeno para realizar a inspección correspondente ó outono.

(Ler máis...)            MÁIS FOTOS DA VIAXE NA GALERÍA

Distribuir contido


by Dr. Radut