Skip to Content

Audiovisual

8 de marzo. Día internacional das mulleres

Co gallo do Día Internacional das Mulleres, homenaxeámolas levando na lapela durante toda a xornada o nome e os datos básicos dalgunhas delas. Ademais, ó longo da semana os grupos da ESO foron pasando polo Salón de Actos para afondar na conmemoración con vídeos e lecturas. 

Con algunhas imaxes deses días, compuxemos este vídeo.

(Preme na imaxe)

178 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro

O día 24 de febreiro de 2015 cumpríronse 178 anos do nacemento de Rosalía de Castro. Co gallo desta data, grazas ó traballo do noso alumnado, a sombra de Rosalía aparecéusenos nos lugares máis insospeitados do instituto, como se pode comprobar neste vídeo:

(PREME NA IMAXE)

178 aniversario do nacemento de Rosalía

Entroido, 2015

13 de febreiro

Hoxe celebramos o entroido. Podes escoller entre ver fotos ou un vídeo montado coas mesmas imaxes:

VÍDEO              FOTOS

Vídeo do entroido 2015

 

Eu digo...

Recentemento publicouse na rede un vídeo que acabou sendo un éxito mediático: máis de 100.000 visitas en poucos días e ampla repercusión nos medios de comunicación.

No vídeo, realizado por unha estudante de xornalismo de Rianxo, hai unha alusión a Ribadeo que deu pé para que nós elaborásemos esta reacción solidaria e cómplice:

Preme na imaxe

 

Eu digo...Noraboa a Sara, Cris, María, Elena e Jaime, de 1º de bacharelato, polo seu magnífico labor.

Unha historia rosaliana

Febreiro, 14

O 24 de febreiro cumpríronse 177 anos do nacemento de Rosalía de Castro, motivo polo cal se realizaron diversos actos tanto en Galicia coma no estranxeiro. Nós tampouco quixemos quedar alleos á celebración: na biblioteca tivo lugar unha exposición dos libros que temos relacionados con Rosalía e, co alumnado de agrupamento específico de 2º de ESO, elaboramos este vídeo.


 

Distribuir contido


by Dr. Radut