Skip to Content

Lingua castelá e literatura

Viaxe a Lugo (16/01/15)

O alumnado de 4º de ESO realizou unha viaxe a Lugo para asistir á representación de Luces de Bohemia no auditorio Gustavo Freire. Pola tarde, coñeceron a historia de cidade desde a época romana ata a actualidade, cunha visita guiada pola profesora de historia.

A actividade organizouna Rosa Paz, do departamento de Lingua española, en colaboración co departamento de Ciencias Sociais. O alumnado estivo acompañado por Manuel Fernández, do departamento de Lingua española, Andrea Estévez, de Xeografía e historia, e Dores Fernández, de Lingua portuguesa.

Na galería podes ver máis fotos da actividade.

Viaxe a Lugo

 

Tina Blanco

Venres, 16 de xaneiro

A escritora asturiana Tina Blanco estivo no noso centro para falarlle ó alumnado dalgúns grupos da ESO sobre os seus libros Háblame del fantasma del faro e Y montaré caballos salvajes, que leron previamente. Coordinou a actividade a profesora Rosa Paz, do departamento de Lingua española e literatura.

"Je suis Charlie"

O atentado contra o semanario satírico francés Charlie Hebdo non nos deixou indiferentes e provocou diversas iniciativas no centro:

O departamento de Lingua española e literatura elaborou un caderniño cunha recompilación de viñetas relacionadas co asunto.

Podes acceder a unha versión dixital premendo neste enlace ou na portada:

Susana Díaz Orol, do departamento de galego, promoveu unha exposición de cómics de autores franceses e doutras publicacións periódicas francesas. Os exemplares dos que dispoñemos poden consultarse na biblioteca, onde tamén colocamos un panel con viñetas alusivas ós feitos de París, para que calquera membro da comunidade escolar poida engadir as súas propias creacións.

Velaquí tres fotos da exposición (se non aparecen todas en pantalla, preme en "ler máis":

Charli1

 

Poesía creativa-II: Casas y paisaje

O alumnado de 1º de ESO agasállanos cunha nova mostra da súa creatividade. Desta vez tiñan que escribir un texto e debuxar unha imaxe relacionada co seu contido. O tema proposto pola profesora Rosa Paz, do departamento de lingua castelá e literatura, foi a casa e a paisaxe. Velaquí o resultado:

(Preme na portada para ver o pdf)

Casas y paisaje

http://issuu.com/bibliotecaiesribadeo/docs/poes__a_creativa._casas_y_paisaje/0

Concurso de postais de Nadal

O departamento de Lingua castelá e literatura organizou un certame de postais de nadal. Coordinou a actividade a profesora Rosa Paz Rico

A gañadora foi Inés Canto González, de 2º da ESO e como finalista quedou Iria Vidal Vega, de 1º de ESO.

Aproveitamos esta iniciativa para desexarvos

BO NADAL

Velaquí as postais premiadas e unhas fotos da enntrega de premios:

1º premio

s pre

Finalista:

Finalista

 

Poesía creativa I: Caligramas

O alumnado de 2º de ESO elaborou estes preciosos caligramas. Coordinou a actividade a profesora Rosa Paz Rico, do departamento de Lingua e literatura española.

Preme na portada para acceder ó caderno:

Caligramas

Samaín (II)

Outubro, 2014

Os departamentos de Lingua española e literatura e Lingua galega e literatura tamén colaboraron na celebración do Samaín. As profesoras Rosa Paz e Susana Díaz coordinaron a actividade e conseguiron que a Santa Compaña percorrese as clases lendo textos terroríficos.

Velaquí algunhas fotos:

Samaín1

 

Samaín 2

 

Samaín 3

 

"Asesinado por el cielo"

O Departamento de Lingua española e literatura agasállanos con "Asesinado por el cielo", un caderniño no que textos de Lorca aparecen ilustrados por alumnado de 4º de ESO.

Portada de "Asesinado por el cielo"

Distribuir contido


by Dr. Radut