Skip to Content

Extraescolares e complementarias

PREMIO OTERO PEDRAYO CATEGORÍA ESCOLAR, MODALIDADE DE TRABALLO EN GRUPO

O audiovisual “Otero Pedrayo e Ribadeo”, presentado por un equipo do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo obtivo o premio Otero Pedrayo, na categoría escolar, modalidade de traballo en grupo.
O equipo fórmano Ángela Fernández González, Nora Maseda Freije, Lucía Miranda Santamarina, Antón Suárez García, Estela Veiga García e Claudia Vizoso González, alumnado de “Literatura galega e sociedade”, materia de libre configuración de centro do noso IES, e os profesores Pipo Refojo e Suso Fernández Acevedo.

DÍA MUNDIAL DAS ZONAS HÚMIDAS na Ría de Ribadeo: “É hora de actuar polas zonas húmidas “

O alumnado de 4º  da ESO de Bioloxía do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, acompañados pola profesora Susi Besteiro saíron á Ría de Ribadeo para conmemorar o Día Mundial das Zonas Húmidas, que se  celebra cada 2 de febreiro co obxectivo de visibilizar e crear conciencia acerca da importancia destes ecosistemas para a humanidade e para o planeta.

CLUB DE LECTURA

Recordamos ao alumnado, familias, persoal non docente e profesorado que comeza o CLUB DE LECTURA RibaLEO en Igualdade do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo.
Se che gusta ler, únete ao noso club na Biblioteca do centro o vindeiro luns 23 de xaneiro a partir das 17:15 h.
Esperámosvos!!

Unha clase distinta: XEORUTA polas CATEDRAIS e PIÑEIRA

RESEÑAS NA PRENSA DA ACTIVIDADE

Alumnado do IES Ribadeo Dionisio Gamallo participou, o pasado venres 11 de novembro, nunha Xeoruta financiada polo Concello de Ribadeo. Acompañados por Francisco Canosa, doutor en Xeoloxía e pola profesora de Bioloxía, Susi Besteiro, foron percorrendo dous puntos de interese xeolóxico do concello ribadense: As Catedrais e Piñeira.

O IES DE RIBADEO NO PARLAMENTO EUROPEO

Alumnado e profesorado do noso centro viaxou ata Bruxelas dende o luns 10 de outubro ata o xoves 14, para coñecer a sede do Parlamento Europeo grazas á invitación que o eurodiputado Nicolás González Casares brindou durante a súa visita o pasado 9 de maio Día de Europa, nos actos organizados como Escola Embaixadora do Parlamento Europeo.

Lección Inaugural no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo

O pasado luns 12 de setembro, tivo lugar no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo a apertura do curso escolar cunha lección inaugural a cargo de Toni Deaño e coa actuación da Coral Polifónica de RIbadeo.
Baixo o título “Luz Pozo Garza”, Toni Deaño, ex profesor do centro, fixo un resumo da vida e obra da poetisa nacida en Ribadeo no ano 1922 e nomeada filla predilecta do Concello de Ribadeo en xaneiro do 2020, pouco antes do seu falecemento. A interesante lección rematou coa lectura dun poema dedicado á nosa vila, que o propio Toni Deaño custodiou por petición da escritora ata a súa publicación en La Comarca del Eo: “Abrín portas de prata” co subtítulo Ribadeo, Ribadeo.

Masculinidade e xestión emocional a través da música. Presentación videoclip BELIEVER

O vídeo Believer (Imagine Dragons) foi elaborado polo alumnado de 1º de bacharelato da materia de Linguaxe e Práctica Musical baixo a organización e planificación do seu profesor Xurxo Fernández e coa colaboración da Comisión de igualdade do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo.

Enlace do vídeo: https://youtube.com/watch?v=-9u17MOPZZg&feature=share

Das Catedrais á Lúa na XXVII Feira da Ciencia

                           

No IES Ribadeo Dionisio Gamallo non quixeron rematar este curso de volta á normalidade sen celebrar a Feira da Ciencia e Tecnoloxía, unha actividade emblemática que xa vai pola XXVII edición e que baixo o lema “Das Catedrais á Lúa” inclúe traballos moi diversos, algún dos cales xa foron presentados no Día da Ciencia na Rúa en Coruña.

O IES Ribadeo en defensa da Biodiversidade

      VER VÍDEO

Cada 22 de maio, celébrase o Día Internacional da Biodiversidade para recordar o Convenio sobre Diversidade Biolóxica firmado en 1992, no Cumio de Río de Xaneiro. Manter a biodiversidade tamén é un dos obxectivos do Pacto Verde Europeo, un conxunto de propostas para adaptar as políticas da UE en materia de clima, enerxía, transporte e fiscalidade co fin de reducir as emisións netas de gases de efecto invernadoiro en polo menos un 55% de aquí a 2030.

CHARLA DO ESCRITOR GONZALO MOURE

O pasado venres 13 de maio o escritor Gonzalo Moure veu a falar dos seus libros e da súa vida ao alumnado de 1º de ESO que tiña como libro de lectura unha das súas obras, Los Gigantes de la Luna.

Distribuir contido


by Dr. Radut