Skip to Content

Novas

PROGRAMA DE ACTIVIDADES FIN DE CURSO 2020 - 2021

Ola a tod@s:

Deixovos o "Programa de Actividades de FIN DE CURSO 2020 - 2021" que teremos a ben disfrutar mañá 22 de xuño de 2021 no noso centro. A DISFRUTAR!!!

LIGAZÓN Ó PROGRAMA EN PDF

FOMENTANDO O ESPÍRITU CRÍTICO ENTRE O ALUMNADO

O alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO de Valores Éticos estivo traballando uns murais sobre a "Violación dos Dereitos Humanos".Reflexionaron, debateron e expresaronse nestes murais que agora fannos reflexionar a todos nós.

TI SI QUE SABES!!! - CONVOCATORIA ABERTA

 

 

Achégase o final do curso e queremos festexalo entre tod@s. Por iso, animámoste/vos a presentarvos á 1ª edición do certame TI SI QUE SABES!!! Porque sabemos que sabes, que vales, que es creativ@ e que tes moita imaxinación e ganas. Esta convocatoria está aberta ao alumnado e profesorado do IES Ramón Caamaño. Podes participar individualmente ou en grupo.

 

Prepara/de unha pequena actuación duns minutos sobre algo que vos apeteza representar:

 

- Interpretar unha canción.

- Recitar un poema propio ou alleo.

- Facer un espectáculo de maxia.

- Facer circo, acrobacias, control do balón, aguante de respiración, malabares...

- Tocar instrumentos: pandeiretas, gaitas… Canto en vivo

- Trabalinguas

- Contada de chistes ou contos

- Representación teatral e parodias

- Axilidade mental, desafíos matemáticos e lingüísticos

- Combate de regueifas e Flows

- Etc... Todo o que a vosa imaxinación poida dar de si.

 

Haberá premios para as persoas gañadoras e un detalle para todas as participantes.

PARA ANOTARSE: Falar con DAVID ata o 18 de Xuño incluído.

 

A ACTIVIDADE DESENVOLVERASE O 22 DE XUÑO DURANTE OS ACTOS FIN DE CURSO

O BINOMIO FANTÁSTICO

Esta actividade desenvolveuse en colaboración entre o Departamento de Lingua Galega e Literatura e o Departamento de Artes Plásticas con alumnado de 1º da ESO neste curso 2020-2021.

A actividade consistía na crecaión por parte do alumnado dun animalario fantástico (ó principio combinación de animais e logo un pouco máis aberto a outras propostas)O BINOMIO FANTÁSTICO. Traballáronse primeiro na área de Lingua Galega e Literaturaos os seres fantásticos da nosa Literatura e tradición oral a partires dos textos e das figuras referenciadas por Álvaro Cunqueiro en "Escola de Menciñeiros". Aportámoslle ademáis todo o legado doutros animalarios combinatorios feitos por profesionais e alumnado doutros centros así como a referencia en páxinas web dos seres fantásticos da mitoloxía Greco-Latina e "novas ficcións". 

Primeiro pensaron unha "combinatoria" de dous animáis (ou outros) posible e persoal. Describiron o seu personaxe, o aspecto físico, o seu hábitat, os seus "dons" ou "poderes". Logo buscaron un nome que combinara as dúas partes. Por último traballouse na área de Artes Plásticas a "Ilustración" do personaxe e entorno e a maquetación final.

Resultado deste traballo é o video que podedes ver a continuación. A experiencia foi fantástica (nunca mellor dito) e ámbos departamentos coincidimos na gran aprendizaxe levada cabo cunha fonda potenciación da expresividade, creatividade e imaxinación por parte do noso alumnado.

 

Esperade uns intres a que cargue

Se queredes ver con máis detemento as imaxes e poder ler os textos podedes descargar a seguinte presentación

BINOMIO FANTASTICO

PRESENTACIÓN IMPRESS (.odp)

O BINOMIO FANTÁSTICO

PRESENTACIÓN POWERPOINT (.ppt)

XORNADA DE IDENTIFICACIÓN DE FLORA E FAUNA NO PERCORRIDO Á PRAIA DO ESPIÑEIRIDO 04-06-2021

Hoxe desfrutamos dunha xornada lúdico-educativa ó aire libre, despois de moito tempo sen poder actividades extraescolares de carácter grupal por mor do COVID19. Foi unha xornada fantástica. Saimos o grupo de 1º da ESO coa nosa titora Laura (Bioloxía) e con David (profesor de Plástica). Saimos do instituto cara a praia do Espiñeirido (o noso destino final). Cada un de nós levaba unha folla coa imaxe, nome común e científico, descrición e característica singular, dunha pranta, alga ou animal. De camiño cando un de nós localizaba a pranta, alga ou animal, avisaba o grupo, formabamos un círculo arredor e poñiamos a descripción en común. Tamén fotografabamos in situ a especie atopada. Ó chegar a praia, despois da parte educativa tivemos un tempo lúdico e de partillar entre todos no exterior. En todo momento gardamos as medidas de seguridade protocolarias por mor da pandemia.

LETRAS GALEGAS 2021 EXPOSICIÓN - CONCURSO FANZINES - XINCANA LITERARIA

O equipo de Dinamización Lingüistica en colaboración con varios departamentos organizamos varias actividades para a conmemoración do Día das Letras Galegas que este ano está adicado á poetísa "Xela Arias". Organizamos dous paneis expositivos onde aparecen as fotografías de tódol@s autor@s homenaxead@s ata o momento actual acompañados do seu nome completo e o ano no que foron conmemorados. Elaboramos outro panel específico da traxectoria de Xela Arias como escritora de maneira cronolóxica, expoñendo varias publicacións e poemas dela. Nas semanas previas organizamos un concurso aberto de elaboración de "fanzines" e unha Xincana literaria sobre a súa figura que se desenvolvería nas datas ó regreso do festivo e que remataría cun recitado poético. Foi unha actividade moi gratificante xa que participou un gran número de alumnado onde este pudo comprobar, como traballar e aprender dunha maneira alternativa e divertida e que esta non está reñida co lúdico e co divertimento. Deixámosvos unhas imaxes do evento e uns videos do recitado.

PANEIS

HOMENAXEADOS NAS LETRAS GALEGAS

PANEL ADICADO A XELA ARIAS

MOSTRARIO DE PUBLICACIÓNS XELA ARIAS E GAÑADOR@S CONCURSO DE FANZINES

PREMIADOS NO CONCURSO DE FANZINES E PARTICIPANTES NA XINCANA LITERARIA

PREMIOS FANZINE

1º PREMIO: Irea Vilela Garpe (1º ESO)

2º PREMIO: Xeila Castro Lago e Candela Pérez Louro (1º ESO)

3º PREMIO: Sofía Valiña Rama (4º ESO)

PARTICIPANTES XINCANA LITERARIA

Irea Vilela Gerpe, Xeila Castro Lago, Candela Pérez Louro, Yasmín Alamancos Graíño, Samuel Eirín Lorenzo, Paula Rey Toba, Zaira Toba Vilela, Yomara Amado Ruíz, Adela Soneira Barrientos, Iria Canosa Santos, Raquel Eirín Eirín, Ana Andrea Lema Soneira, Laura Conde Lavandeira, Paula Noya Soneira, María Tajes Domínguez, Manuel Lema López, Daniel Maneiro Lago, Daniela Sar Antelo, Antía Ronquete Soneira, Claudia Caamaño Vigo, Adriana Martínez Soneira, Xiana Pose González, Saray Riveiro Domínguez, Sofía Valiña Rama, Laura Figueroa Pazos, Brais Rodríguez Lado, Yago Santos Canosa, Iria Picallo Caamaño.

VIDEOS RECITADO POEMAS XELA ARIAS

ZAIRA

ZAIRA 

SAMUEL

SAMUEL    

 ADELA

ADELA

DANIELA

DANIELA

ANTIA

 ANTÍA

CLAUDIA

CLAUDIA

YAGO

YAGO

SOFÍA

SOFÍA

PLAN PROXECTA: QUÉROTE + CURSO 2020-21

No mes de decembro, @s alumn@ de 3ºA e 3ºB traballaron sobre Orientación e diversidade sexual dentro do Programa Quérote +. Traballaron a ficha tres e ademáis practicaron as distintas destrezas que traballamos nas clases de Inglés. Este vídeo describe as actividades realizadas.

PREMA NA IMAXE PARA VER A PRESENTACIÓN

 

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021

 

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, @s alumn@s de 2ºA levaron a cabo unha procura sobre Xela Arias e recolleron na seguinte presentación, os aspectos que consideraron máis relevantes da súa biografía persoal e a súa traxectoria. 

 

Foi unha procura realizada en pequenos grupos, cada grupo buscou información sobre os distintos momentos da vida de Xela. Posteriormente, presentaron de xeito oral, na aula os seus achados.

 

Esta presentación é o resultado desa procura.

 

 

 

 

 

AVISO IMPORTANTE PARA AS FAMILIAS

A Dirección do IES Ramón Caamaño comunícalles que, a día de hoxe venres, 30.10.2020 non hai no centro ningún membro do alumnado nin do profesorado que dese positivo en COVID-19 nin á espera do resultado de ningunha proba.

Así mesmo, aconsellamos discreción á hora de compartir información que non estea contrastada, xa que lles pode ocasionar moito dano ás familias afectadas. En caso de dúbida, por favor, contacten co Equipo Directivo do centro chamando ao teléfono: 881 880 775.

Por último, insistimos na necesidade de cumprir coas normas de hixiene e seguridade recollidas no protocolo que se facilitou ao inicio de curso xa que estamos a detectar casos nos que as máscaras usadas non son as apropiadas (gastadas, sucias, frouxas...)

Agradecémoslles a colaboración.

Un saúdo,

O Equipo Directivo

Distribuir contido


by Dr. Radut