Skip to Content

CANSAT

MUXÍA EN ÓRBITA

cabeceiro_grupo

Somos as integrantes de Muxía en Órbita, seis rapazas de 4º da ESO que formamos o Club de Ciencias do IES Ramón Caamaño e que, coa nosa ilusión e o noso facer, pretendemos, por un lado, ser referentes e alentar a outras estudantes a facer e divertirse coa ciencia e, por outro, a visibilizar e darlle valor ao papel das mulleres, tantas veces esquecido e minusvalorado e de tanta importancia se queremos un mundo máis igualitario.

Muxía en Órbita é o proxecto co que participamos no certame CanSat 2024 da Axencia Espacial Europea, consistente na elaboración dun satélite do tamaño da lata dun refresco que ten como misión principal recoller datos de certos parámetros como presión, altitude e temperatura e transmitilos a un ordenador conectado a unha antena nunha caída libre de 1 km de altura.

O noso proxecto aposta pola cultura local, contando cun paracaídas con encaixe de Muxía, doado pola Asociación de Palilleiras “Virxe da Barca”. Este é un elemento singular e diferenciado do patrimonio galego e da Costa da Morte, que lle dá visibilidade á nosa contorna.

Temos ademais dúas misión secundarias que son, por así dicilo, a “alma” do proxecto.

MISIÓN SECUNDARIA 1

o obxectivo é o reaproveitamento da enerxía, para o que empregaremos materiais termoeléctricos (Placa Peltier). Estes materiais permiten xerar enerxía eléctrica a partir da diferenza de temperatura. No noso caso aproveitamos a variación de temperatura entre a atmosfera e o interior do CanSat. Deste xeito reutilizamos a enerxía perdida en forma de calor nos circuítos, reducimos a enerxía consumida e contribuímos a un desenvolvemento sostible.

MISIÓN SECUNDARIA 2

Pretende unir Arte e Ciencia. Consiste en transformar en son os diferentes datos dos parámetros rexistrados na misión primaria de tal maneira que conformen unha composición musical. O resultado responde a estéticas xa coñecidas dentro das Vangardas do Século XX vinculadas á experimentación na creación artística. Para iso servímonos de intelixencia artificial (Chat GPT neste caso) para xerar código en Phython que transcriba os datos e así poidan ser tratados en software musical (Logic Pro). Parello á dimensión artística, esta misión pretende facilitar a accesibilidade e interpretación das persoas invidentes xa que a composición musical compórtase coma unha gráfica auditiva na que se identifica claramente o ascenso dunha magnitude coma un paso de grave a agudo nun son. Como o software nos dá a posibilidade de combinar varios instrumentos, permítenos, deste xeito, analizar varias magnitudes simultaneamente.

Partitura 1 Partitura 2

 

O proxecto inclúe moitas fases: planificación, distribución de tarefas, deseño e construción, rexistro e documentación, investigación, comunicación e visibilización en redes, busca de patrocinadores…

Contamos co patrocinio e apoio inestimable de empresas, asociacións e establecementos como: APTCM (Asociación Profesional do Sector Turístico da Costa da Morte), CMAT (Asociación de Turismo da Costa da Morte), GERCA (Aceiro e Metal), Bela Muxía (Hotel e Albergue), Asociación de Palilleiras “Nosa Señora da Barca”, ARROUTADA (Librería, Papelería, tenda de agasallos), CARAMBA (Galician Homemade Food), O CABANEL ( Café-Bar-Albergue) e FRANCHES (Golosinas e Loterías).

A primeira posta en escena de Muxía en Órbita foi o lanzamento do satélite no aeródromo de As Gueivotas en Cerceda. O pasado 26 de abril proclamámonos gañadoras do certame CanSat 2024 na fase autonómica, nunha gala celebrada no Centro integrado de FP de Compostela na que participaron 23 equipos de 19 colexios e institutos de Galicia.

O próximo paso é o lanzamento, presentación e defensa do noso proxecto na fase estatal que se celebrará na base aérea de “La Alcantarilla” en Murcia os días 16 e 17 de Maio.

Seguídenos nas nosas redes... e difundide o noso proxecto!!!!!!!!

Integrantes do Club da Ciencia:

Alumnado: Iria Canosa Santos, Xeila Castro Lago, Zaira Toba Vilela, Paula Rey Toba, Andrea Lema Soneira e Irea Vilela Gerpe

Profesorado: Verónica Paz Vidal, Laura Barreiro Fernández, Ana Belén Puñal Rama, Carlos López Bueno , Xurxo Fernández Fernández e David Creus Andrade.

Patrocinadores:

VIDEOTECA CANSAT

Thumbnail
Thumbnail
Thumbnail
Thumbnail
Thumbnail
Thumbnail
Thumbnail
Thumbnail
Thumbnail
Thumbnail
Thumbnail
Thumbnail
Thumbnail
Thumbnail
Thumbnail
Thumbnail
Distribuir contido


by Dr. Radut