Skip to Content

Bioloxía e xeoloxía

XORNADA DE IDENTIFICACIÓN DE FLORA E FAUNA NO PERCORRIDO Á PRAIA DO ESPIÑEIRIDO 04-06-2021

Hoxe desfrutamos dunha xornada lúdico-educativa ó aire libre, despois de moito tempo sen poder actividades extraescolares de carácter grupal por mor do COVID19. Foi unha xornada fantástica. Saimos o grupo de 1º da ESO coa nosa titora Laura (Bioloxía) e con David (profesor de Plástica). Saimos do instituto cara a praia do Espiñeirido (o noso destino final). Cada un de nós levaba unha folla coa imaxe, nome común e científico, descrición e característica singular, dunha pranta, alga ou animal. De camiño cando un de nós localizaba a pranta, alga ou animal, avisaba o grupo, formabamos un círculo arredor e poñiamos a descripción en común. Tamén fotografabamos in situ a especie atopada. Ó chegar a praia, despois da parte educativa tivemos un tempo lúdico e de partillar entre todos no exterior. En todo momento gardamos as medidas de seguridade protocolarias por mor da pandemia.

QUÉROTE +: 2020-2021 FICHA 7 - MÉTODOS ANTICONCEPTIVOS E ACONCEPCIÓN

FICHA 7: MÉTODOS ANTICONCEPTIVOS E ACONCEPCIÓN

Nesta ocasión o alumnado de 3º da ESO participou na actividade do proxecto QUÉROTE + corresponednte aos "MÉTODOS ANTICONCEPTIVOS E ACONCEPCIÓN", impartida pola profesora da materia de Bioloxía e Xeoloxía.

Amosóuselles mediante unha presentación dixital, videos e documentación gráfica o que conleva a aconcepción e o relativo aos métodos anticonceptivos, tanto naturais como artificiais, para, posteriormente facer unha rolda de cuestións/dúbidas ao respecto e a elaboración dos murais co método anticonceptivo elexido por cada un deles.

Distribuir contido


by Dr. Radut