Skip to Content

XORNADA DE IDENTIFICACIÓN DE FLORA E FAUNA NO PERCORRIDO Á PRAIA DO ESPIÑEIRIDO 04-06-2021

Hoxe desfrutamos dunha xornada lúdico-educativa ó aire libre, despois de moito tempo sen poder actividades extraescolares de carácter grupal por mor do COVID19. Foi unha xornada fantástica. Saimos o grupo de 1º da ESO coa nosa titora Laura (Bioloxía) e con David (profesor de Plástica). Saimos do instituto cara a praia do Espiñeirido (o noso destino final). Cada un de nós levaba unha folla coa imaxe, nome común e científico, descrición e característica singular, dunha pranta, alga ou animal. De camiño cando un de nós localizaba a pranta, alga ou animal, avisaba o grupo, formabamos un círculo arredor e poñiamos a descripción en común. Tamén fotografabamos in situ a especie atopada. Ó chegar a praia, despois da parte educativa tivemos un tempo lúdico e de partillar entre todos no exterior. En todo momento gardamos as medidas de seguridade protocolarias por mor da pandemia.



page | by Dr. Radut