Skip to Content
PROGRAMA LETRAS GALEGAS 2023

Adiantámosvos o programa de actividades co que celebraremos, no noso centro, o día das letras neste 2023, adicado ao persoeiro Francisco Fernámndez del Riego. Obradoiros de escrita, Olimpíadas Rurais, presentación do proxecto turístico elaborado no centro sobre lugares significativos da contorna muxiá (códigos QR), Recitados poéticos de alumnado e profesorado, e tamén como actuación principal da mañá teremos connósco a "Suso Quinito e Javi Sampedro" que nos deleitarán cun "Paseo cantado pola poesía galega". Esta última actuación está enmarcada dentro do ciclo de Musicas Transversais MÚSICA en MUXICAS, promovido polo Departamento de Dinamización Linguística.




OLIMPÍADAS DE ORTOGRAFÍA

AÍ VÉN O MAIO DE LETRAS CUBERTO

Outras dinámicas para traballar as letras no mes das letras.




BE-ROBOT - CONCURSO - CLUBE DE CIENCIAS - ESCOLA SUPERIOR DE ENXEÑERÍA INDUSTRIAL - VIGO

Participación do alumnado do Clube de Ciencias do IES Ramón Caamaño na 6ª Competición de Robots organizada pola Escola Superior de Enxeñería Industrial de Vigo. Entre as diferentes actividades que organiza o Clube de Ciencias ó longo do curso está é unha das principais. Deixamos unhas imaxes e algúns videos resumo da xornada.

 




MUSEO DO MAR - PORTO DE VIGO - AUDITORIO DE VIGO (CENTENARIO DO CLUBE CELTA DE VIGO)

O alumnado de 3º da ESO visitou as instalacións do Porto Pesqueiro e Mercante, o Museo do Mar, así como tamén  asistiu a un evento organizado polo Celta de Vigo no Audotorio da cidade por motivo do seu centenario. Deixámosvos un video repaso da xornada e a rolda de preguntas do noso alumnado aos xogadores do Celta de Vigo. 

 




VICUS TEATRO - COMÉDIAS CLÁSICAS (CRÓNICAS CLÁSICAS)

Representación no soso centro para o alumnado de 3º e 4º da ESO das "COMEDIAS CLÁSICAS" (CRÓNICAS CLÁSICAS) a cargo da compañía VICUS TEATRO (Pablo Carrera e Lois Blanco) sobre as orixes e formas da comedia teatral no mundo antigo.




CRIS CANOSA - TRADI e SAÚDE MENTAL

O pasado 14 de abril celebramos a 2ª das actuacións enmarcadas no Ciclo de Actividades Musicais Transversais "MÚSICAS en MUXICAS". Desta vez con Cris Canosa Bailadora e Traballadora Social que veu a desenvolver un obradoiro teórico-práctico sobre a relación entre a Saúde Mental e os efectos que pode ter a cultura tradicional en canto feito socializador, comunitario, de pertenza, de relación co noso pasado, e sobre todo tamén a nivel actividade física. O evento rematou cunha pequena clase onde o alumnado aprendeu os primeiros pasos do baile tradicional.

 




Distribuir contido


by Dr. Radut