Skip to Content

Ed. Plástica e Visual

RACIMO

O BINOMIO FANTÁSTICO

Esta actividade desenvolveuse en colaboración entre o Departamento de Lingua Galega e Literatura e o Departamento de Artes Plásticas con alumnado de 1º da ESO neste curso 2020-2021.

A actividade consistía na crecaión por parte do alumnado dun animalario fantástico (ó principio combinación de animais e logo un pouco máis aberto a outras propostas)O BINOMIO FANTÁSTICO. Traballáronse primeiro na área de Lingua Galega e Literaturaos os seres fantásticos da nosa Literatura e tradición oral a partires dos textos e das figuras referenciadas por Álvaro Cunqueiro en "Escola de Menciñeiros". Aportámoslle ademáis todo o legado doutros animalarios combinatorios feitos por profesionais e alumnado doutros centros así como a referencia en páxinas web dos seres fantásticos da mitoloxía Greco-Latina e "novas ficcións". 

Primeiro pensaron unha "combinatoria" de dous animáis (ou outros) posible e persoal. Describiron o seu personaxe, o aspecto físico, o seu hábitat, os seus "dons" ou "poderes". Logo buscaron un nome que combinara as dúas partes. Por último traballouse na área de Artes Plásticas a "Ilustración" do personaxe e entorno e a maquetación final.

Resultado deste traballo é o video que podedes ver a continuación. A experiencia foi fantástica (nunca mellor dito) e ámbos departamentos coincidimos na gran aprendizaxe levada cabo cunha fonda potenciación da expresividade, creatividade e imaxinación por parte do noso alumnado.

 

Esperade uns intres a que cargue

Se queredes ver con máis detemento as imaxes e poder ler os textos podedes descargar a seguinte presentación

BINOMIO FANTASTICO

PRESENTACIÓN IMPRESS (.odp)

O BINOMIO FANTÁSTICO

PRESENTACIÓN POWERPOINT (.ppt)

Concurso de cabazas

O departamento de Artes Plásticas, en colaboración coa Biblioteca, e coa axuda dos departamentos de Lingua castelá, Lingua galega e Inglés, organizou un concurso de cabazas. 

As gañadoras foron Iria, de 3º B, que gañou o primeiro premio, e Gisela, de 3º B, que quedou segunda. Tamén participaron Laura, de 3º A, e Sofía, de 2º A. 

Agradecemos moito a participación: gustáronnos moito as cabazas e os textos que as acompañaban.

Distribuir contido


by Dr. Radut