FICHA 6: CULTIVANDO HABILIDADES
Na materia de Física e química abordamos en 3 sesións a FICHA 6 "Cultivando habilidades":
- Explicamos o consentimento sexual.
- Traballamos coas expresións de presión de Félix López.
- Reflexionamos cos valores da educación afectivo-sexual de Oliveira, Mercedes (1998): "La educación sentimental".
- Rematamos a actividade visualizando o video "Love has no labels" (O amor non ten etiquetas).
- No mes de maio a psicóloga do CIM de Muxía acudiu ó noso centro coa finalidade de sensibilizar ao alumnado sobre relacións baseadas no bo trato.
1ª SESIÓN: Explicamos o consentimento.
A través de dous supostos e un video explicando o consentimento cunha cunca de té:
- Formulamos entre toda a clase a definición de consentimento sexual.
- Reflexionamos sobre diversas cuestións:
- A que situacións pode estarse a referir o video cando fala de estar "inconsciente"?
- Un "si quero", pode implicar un siquero pero con condicións?
- Enténdese que un "non quero" pode ser en calquera momento? Antes e durante? Que acontece se hai un "non quero" antes? E durante? Que pensariades?
CONSENTIMENTO SEXUAL EXPLICADO CON TÉ (LINK VIDEO)
2ª SESIÓN: Expresións de presión.
Traballamos as expresións de presión (Félix López) co obxectivo de favorecer unhas habilidades e unha comunicación positiva que garanta o consentimento e facer fronte á presión de non levar a cabo un comportamento non desexado.
Ficha expresións de presión alumnado.
3ª SESIÓN: Valores da educación afectivo-sexual
Visualizamos o video "A árbore" e reflexionamos primeiro individualmente e despois en grupo sobre unha serie de preguntas relacionadas coa temática do consentimento sexual.
A ÁRBORE (LINK VIDEO)
Ficha preguntas árbore
Finalizamos a actividade reflexionando sobre os valores da educación afectivo-sexual (fonte: Oliveira, Mercedes 1998: "La educación Sentimental") e vendo o video "O amor non ten etiquetas".
VALORES |
- IGUALDADE ENTRE OS SEXOS, sen dicriminación nin privilexios. |
- SINCERIDADE INTERPERSOAL. Afrontar os desexos e sentimentos e comunicalos nun clima de confianza e seguridade, de xeito que a outra persoa saiba o que queremos dela sen engados, sen instrumentalizala ou usala. |
- O PRACER, A TENRRURA, A COMUNICACIÓN, OS AFECTOS COMPARTIDOS. A actividade sexual con outra persoa é un encontro. Precisamos mirar, sentir, tocar, escoitar, falar, querer...á outra persoa. É preciso entender os seus sentimentos e sabérmonos que queremos e que non. |
- RESPONSABILIDADE COMPARTIDA: Os riscos e as consecuencias son das dúas persoas. |
- Apostar polo valor dos VÍNCULOS AFECTIVOS LIBRES E COMPROMETIDOS. |
"Love has no labels" (O amor non ten etiquetas) (LINK Ó VIDEO). Neste video emprégase o efecto dunha radiografía na que se ven diferentes formas de afecto a través de esqueletos humanos.
MITOS DO AMOR ROMÁNTICO
Queremos tamén destacar a coordinación do Concello de Muxía, especialmente do CIM e a súa psicóloga Soledad, que acudiu ó noso centro no mes de maio a reflexionar co noso alumnado sobre os mitos do amor romántico.
Nesta charla Soledad fixo un repaso dos conceptos relacionados co xénero, a orientación sexual e a identidade de xénero e despois centrouse na análise dos mitos do amor romántico. Diferenciamos entre relacións sans e relacións tóxicas, desmontando falsas crenzas sobre como deben comportarse as persoas nunha relación: celos, posesión, submisión, etc...Buscábase que o alumnado vira reflectidas situacións cotiás nas que determinadas crenzas e aprendizaxes sociais nos fan comportarnos e aguantar comportamentos que non nos fan sentirnos ben. O tempo dunha sesión de clase non deu para unha análise máis profunda, pero tratouse de sensibilizar sobre as relacións baseadas no bo trato.