Skip to Content

INFORMACIÓN -CALENDARIO ESCOLAR CURSO 24-25

O centro permanecerá pechado no mes de agosto. En setembro, voltamos no horario de 9:30 a 14:30 horas.

RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DIDÁCTICO IMPRESO PARA O CURSO 2024-2025

No adxunto podedes descargar a listaxe de libros de texto e material didáctico impreso para o vindeiro curso 24-25.

*Importante: Os libros de 1º e 3º de primaria aconséllase non mercalos ata setembro, a excepción da asignatura de inglés, música e de relixión (de ser o caso).

 

AdxuntoTamaño
Libros de texto 24-25.pdf197.62 KB

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA CURSO 2024-2025

Para o alumnado...:

- Que inicia a escolarización en 4º de Ed. Infantil.

- Que inicia a etapa procedente do centro adscrito (unitaria).

- Que cambia voluntariamente de centro.

PRAZO: DO 20 de XUÑO ao 1 de XULLO (previa cita no teléfono: 881866814)

DOCUMENTACIÓN NECESARIA:

- Impreso oficial (Anexo III-1). (pode descargarse no adxunto).

- Folla de datos (pode descargarse no adxunto).

- Fotocopia da tarxeta sanitaria do neno/a.

- Fotocopia do libro de familia (non entregar si xa se fixo no momento da admisión).

- Fotocopia dos DNI de ambos proxenitores.

- 2 fotos tamaño carné.

- Outra documentación, de ser o caso: sentenza, convenio regulador,...

- Informe de NEAE, de ser o caso.

 

IMPORTANTE: Requírese instalar abalarMobil por ser a principal vía de comunicación do centro coas familias.

 

AdxuntoTamaño
Formalización matrícula Infantil.pdf889.13 KB
Formalización matrícula Primaria.pdf1.08 MB
Folla datos matrícula.pdf71.11 KB
CARTEL_MATRÍCULA.pdf174.74 KB

DOCUMENTACIÓN DE ACTUALIZACIÓN DE DATOS PERSOAIS E CAMBIO DE OPCIÓN RELIXIOSA

IMPORTANTE: Entregar só si hai algún cambio de cara ao vindeiro curso 2024-2025

Nos adxuntos podedes descargar os seguintes documentos:

- Cambio de opción relixiosa/non relixiosa.

- Folla de actualización de datos persoais.

 

O prazo para facer os cambios comeza o día 13 de xuño e remata o día 20 de xuño.

 

A documentación será entregada ao titor/a do grupo.

 

AdxuntoTamaño
Actualizacion datos.pdf116.56 KB
SOLICITUDE CAMBIO DE OPCIÓN RELIXIOSA.pdf173.2 KB

CALENDARIO FONDOLIBROS E AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

PRAZOS ESTABLECIDOS PARA FONDOLIBROS

 

Pubilicación listaxes provisionais: 3 de xullo.

Días de reclamación ás listaxes provisionais: 4-5 de xullo.

Publicación das listaxes definitivas: 8 de xullo.

Entrega de libros: no mes de setembro (avisarase).

 

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR (VALES)

 

Entrega de vales o martes 9/07/24: Para o alumnado que cursará 1º, 2º E 3º DE ED. PRIMARIA.

 

    • 1º: 10:30-11:00
    • 2º: 11:00-11:30
    • 3º: 11:30-12:00

 

Entrega de vales o mércores 10/07/24: Para o alumnado que cursará 4º, 5º e 6º DE ED. PRIMARIA:

 

    • 4º: 10:30-11:00
    • 5º: 11:00-11:30
    • 6º: 11:30-12:00

CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O ALUMNADO DE PRIMARIA, ESO E EDUCACIÓN ESPECIAL PARA O CURSO ESCOLAR 2024-25

Na seguinte ligazón pódese acceder á Orde e Anexos da convocatoria.

https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

 

O prazo de presentación: comeza o 21 de maio e remata o 21 de xuño de 2024 (este incluído).

Forma de presentación: Electrónica, presencial con asistencia da aplicación ou presencial manual.

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024.25, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-24.

Destinatarios:

- Axudas para material escolar: Só para o alumnado de Ed. Primaria.

- Axudas para adquirir libros de texto: 1º E 2º de Ed. Primaria e NEAE*.

- Fondo solidario de libros de texto (préstamo): 3º e 4º de Ed. Primaria (5º e 6º non procede por estar en E-Dixgal, onde se facilitan libros dixitais).

A documentación requerida é a seguinte:

-Anexo I e II.
-Copia do libro de familia ou documentación equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

-En caso de separación ou divorcio: sentenza e/ou convenio regulador.

-Execpcionalmente poderá acreditarse o número de membros computables a través dun certificado ou volante de convivencia, ou informe dos servizos sociais.

IMPORTANTE:

É obrigatorio solicitar cita previa para presentar a documentación de xeito presencial, no teléfono: 881866814

 Nota aclaratoria: O alumnado que remata 6º de Ed. Primaria este ano, terá que solicitar a información no IES no que está admitido para o vindeiro curso.

 *Véxanse requisitos na convocatoria.


ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 24-25

TODO O ALUMNADO QUE PRESENTOU SOLICITUDE NESTE CENTRO DE CARA AO VINDEIRO CURSO, RESULTOU ADMITIDO.

 

Informarase nesta web sobre o proceso de matrícula e a documentación requerida.  O prazo de entrega será do 20 de xuño ao 1 de xullo (ambos inclusive).

 

QUE PASOU NO CENTRO NESTE 2º TRIMESTRE?

- Festexamos o día da Paz, reflexionado sobre o seu significado. Neste día tan sinalado, foi o momento  escollido para presentar ao equipo de mediación do centro composto por nenas de 6º de Educación primaria quenes, a diario, fan unha labor destacable para axudar á resolución de pequenos conflitos no centro.

 

-O mal tempo non nos impediu gozar do noso Entroido: https://dinamizacionricardotobio.blogspot.com/2024/02/o-entroido-2024-deixou-pegada-no.html

 

-Festexamos o día de Rosalía de Castro coñecéndoa un pouco máis e versionando algunha das súas poesías máis coñecidas e coloreando o seu retrato:

https://dinamizacionricardotobio.blogspot.com/2024/02/dia-de-rosalia-23-de-febreiro-de-2024.html 

https://dinamizacionricardotobio.blogspot.com/

-Tamén continuamos traballado no noso proxecto "Os 50 anos do CEIP P. Ricardo Tobío". Nesta ocasión lembrado como era o ensino nos anos  nos que xa estivo en funcionamento o noso colexio. A de cousas que estamos a aprender!

E por suposto, compartindo coas familias, como foi esa primeira parte do proxecto grazas ao vídeo no que participaron moitas familias do centro e alumnado, gravado e editado por Sonia Brea.

Enlace á noticia: https://bibliotecamestreagrelo.wordpress.com/2024/03/14/recordando-a-infancia/

- O alumnado de 4º impartiu varias formacións de Origami ao alumnado doutros grupos. Son uns expertos doblando papeis e creando figuras con eles!: https://bibliotecamestreagrelo.wordpress.com/2024/02/25/os-profes-de-origami-de-4o/

- Recibimos diferentes visitas coas que non deixamos de aprender:

- Paco Nogueiras: https://bibliotecamestreagrelo.wordpress.com/2024/02/28/cantando-e-contando-con-paco-nogueiras/

-Sonia Brea: https://bibliotecamestreagrelo.wordpress.com/2024/02/27/poetizando-con-sonia-de-brea/

- Talleres formativos para o alumnado de 5º en mediación escolar, a través de Cristina e Reyes de Comflúe ou talleres formativos en xestión emocional para o alumando de 4º con Susana de Alicce.

- Scape room para o alumnado de 5º e 6º sobre a non violencia.

 

- E no ámbito deportivo:

-Organizáronse diferentes torneos deportivos nos recreos onde o alumnado de primaria puido divertirse xogando en equipo.

- O alumnado de 2º a 6º de educación primaria correu a Cross de Porto do Son e un grupo de nenos/as de 2º, clasificáronse para o Intercomarcal celebrado en Noia, no cal o equipo benxamín feminino do cole se proclamou campión!!!

- Tamén acudimos ao bádminton en Outes onde o noso alumnado fixo un gran traballo.

Enlace ás novas deportivas: https://educacionfisicaesteiro.blogspot.com/

 

- E tamén festexamos o 8 M,  día da muller a través de diferentes accións como poden ser a creación dun manifesto feminista a cargo do alumnado de 2º e 4º de primaria ou a duns carteis elaborados polo alumnado de 5º co lema: Xunt@s chegaremos ao cume.

Enlace ao manifesto: https://www.ivoox.com/manifesto-8-marzo-audios-mp3_rf_125516670_1.html

Enlace ao instragram do centro onde podedes ver tamén a información máis relevante do noso día a día: https://www.instagram.com/colericardotobio/

 

E moito máis!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut