Skip to Content

Escolares, Complementarias, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Ed. física, Ed. infantil, Idioma estranxeiro, Día a Día no cole, TIC, ACES, EDNLG, Biblioteca

QUE PASOU NO CENTRO NESTE 2º TRIMESTRE?

- Festexamos o día da Paz, reflexionado sobre o seu significado. Neste día tan sinalado, foi o momento  escollido para presentar ao equipo de mediación do centro composto por nenas de 6º de Educación primaria quenes, a diario, fan unha labor destacable para axudar á resolución de pequenos conflitos no centro.

 

-O mal tempo non nos impediu gozar do noso Entroido: https://dinamizacionricardotobio.blogspot.com/2024/02/o-entroido-2024-deixou-pegada-no.html

 

-Festexamos o día de Rosalía de Castro coñecéndoa un pouco máis e versionando algunha das súas poesías máis coñecidas e coloreando o seu retrato:

https://dinamizacionricardotobio.blogspot.com/2024/02/dia-de-rosalia-23-de-febreiro-de-2024.html 

https://dinamizacionricardotobio.blogspot.com/

-Tamén continuamos traballado no noso proxecto "Os 50 anos do CEIP P. Ricardo Tobío". Nesta ocasión lembrado como era o ensino nos anos  nos que xa estivo en funcionamento o noso colexio. A de cousas que estamos a aprender!

E por suposto, compartindo coas familias, como foi esa primeira parte do proxecto grazas ao vídeo no que participaron moitas familias do centro e alumnado, gravado e editado por Sonia Brea.

Enlace á noticia: https://bibliotecamestreagrelo.wordpress.com/2024/03/14/recordando-a-infancia/

- O alumnado de 4º impartiu varias formacións de Origami ao alumnado doutros grupos. Son uns expertos doblando papeis e creando figuras con eles!: https://bibliotecamestreagrelo.wordpress.com/2024/02/25/os-profes-de-origami-de-4o/

- Recibimos diferentes visitas coas que non deixamos de aprender:

- Paco Nogueiras: https://bibliotecamestreagrelo.wordpress.com/2024/02/28/cantando-e-contando-con-paco-nogueiras/

-Sonia Brea: https://bibliotecamestreagrelo.wordpress.com/2024/02/27/poetizando-con-sonia-de-brea/

- Talleres formativos para o alumnado de 5º en mediación escolar, a través de Cristina e Reyes de Comflúe ou talleres formativos en xestión emocional para o alumando de 4º con Susana de Alicce.

- Scape room para o alumnado de 5º e 6º sobre a non violencia.

 

- E no ámbito deportivo:

-Organizáronse diferentes torneos deportivos nos recreos onde o alumnado de primaria puido divertirse xogando en equipo.

- O alumnado de 2º a 6º de educación primaria correu a Cross de Porto do Son e un grupo de nenos/as de 2º, clasificáronse para o Intercomarcal celebrado en Noia, no cal o equipo benxamín feminino do cole se proclamou campión!!!

- Tamén acudimos ao bádminton en Outes onde o noso alumnado fixo un gran traballo.

Enlace ás novas deportivas: https://educacionfisicaesteiro.blogspot.com/

 

- E tamén festexamos o 8 M,  día da muller a través de diferentes accións como poden ser a creación dun manifesto feminista a cargo do alumnado de 2º e 4º de primaria ou a duns carteis elaborados polo alumnado de 5º co lema: Xunt@s chegaremos ao cume.

Enlace ao manifesto: https://www.ivoox.com/manifesto-8-marzo-audios-mp3_rf_125516670_1.html

Enlace ao instragram do centro onde podedes ver tamén a información máis relevante do noso día a día: https://www.instagram.com/colericardotobio/

 

E moito máis!!!

Rematamos o primeiro trimestre do curso recordando algunhas cousas que fixemos...

Lembrade que isto e moito máis o podedes ver no noso instagram: colericardotobio

E tamén nos blogues da nosa biblioteca:https://bibliotecamestreagrelo.wordpress.com/ e de dinamización da lingua galega: https://dinamizacionricardotobio.blogspot.com/

 

Recomendacións lectoras

O equipo de Biblioteca do centro, preparou unhas recomendacións lectora para o Nadal que de seguro vos poden resultar interesantes.

Aquí vos deixamos o enlace: https://bibliotecamestreagrelo.wordpress.com/2023/12/19/recomendacions-lectoras-para-o-nadal/

 

DESPEDIDA DO ALUMNADO DE 6º DE ED. PRIMARIA

O útimo día de curso despedimos ao alumnado de 6º que remata a etapa no noso centro para seguir cursando os seus estudos no  IES As Ínsuas.

Foi un acto moi emotivo no que non só recibiron o recoñecemento de toda a comunidade educativa, senón que nos deleitaron con unha fantástica actuación circense.

A todos eles e elas, unha vez máis: Moita sorte nesa nova etapa e ata pronto!

Interpretando a canción "Que me quiten lo bailao"

O alumnado de 4º de Ed. Primaria quixo facerlle unha homenaxe á cantante Lucía Pérez, versionando a canción "Que me quiten lo bailao" coa que a artista representou a España no festival de Eurovisión.

Para elo empregaron a nova de gravación, vinculada á biblioteca escolar.

Deixámosvos aquí o enlace para que os poidades escoitar.

https://www.youtube.com/watch?v=Vq-H9_oAQog&feature=youtu.be

 

 

Continuamos fomentando o deporte: Proxecto de estilos de vida activa e deportiva

O noso alumnado continúa a participar no Programa XOGADE:

-Asistíu ao provincial de campo a través.

-Participou no campionato de bádminton escolar.

 

Tamén está a participar en torneos de bádminton que se organizan nos recreos.

 

Para máis información podedes visitar o blog do proxecto de vida activa e deportiva do noso centro: https://pvadricardotobio.blogspot.com/2023/03/campionato-provincial-de-campo-traves.html   e tamén o blog de educación física:https://educacionfisicaesteiro.blogspot.com/

 

Distribuir contido


by Dr. Radut