Skip to Content

Escolares, Complementarias, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Ed. física, Ed. infantil, Idioma estranxeiro, Día a Día no cole, TIC, ACES, EDNLG, Biblioteca

VII ENCONTRO ESCOLAR DE XOGOS TRADICIONAIS

Dende Brinquedia, a Rede galega do xogo tradicional, infórmanos de que o vindeiro sábado, 22 de Xuño de 2013, celebrarase o VII Encontro Escolar de Xogos Tradicionais. A cidade elexida esta vez será a de Ourense e o lugar onde se practicarán os xogos será o Campus Universitario. Dito evento comezará ás 11 da mañá.

Como algúns e algunhas de vós xa coñecedes (por terdes asistido a anteriores edicións), o Encontro é unha actividade que pretende divulgar, practicar e asentar os xogos de tradición cultural, pero que tamén busca o contacto entre familiares, nenas e nenos. Por tal motivo convidamos tamén ás, nais, pais, avoas e avós para que asistan ao citado acto.

Este ano contan coa particularidade de que o Encontro atópase inserido na celebración de “Ludaria 2013″, un festival europeo dos xogos e deportes tradicionais. Deste xeito, na tarde do citado día, en diferentes puntos do casco histórico de Ourense haberá demostracións e poderanse practicar xogos e deportes tradicionais galegos, españois e tamén europeos.

Así mesmo, poderedes seguir a actualidade e as novas relacionadas con Ludaria 2013 na páxina web de Brinquedia www.brinquedia.net onde en vindeiras datas irase engadindo a información precisa.

Información sobre o encontro.

TEATRO EN MUROS

Á volta do día festivo do traballador, o vindeiro xoves, 2 de maio, o alumnado do 2º ciclo de primaria asistirá a unha magnífica representación teatral, dentro da Mostra "Xosé Agrelo". Neste caso, a compañía Talía Teatro, ofrece "Pequena":

"Hai pequenas que son xigantes, como Barbadac, a ogresa, filla do ogro que gardaba o tesouro das botas de sete leguas ata a chegada de Polegariño. Barbadac escolleu non gardar tesouros, senón compartilos, como Petipuá, a pulga artista, que quixo levar o seu espectáculo a todas as partes do mundo, incluída a Illa dos Salvaxes, e demostrou que non hai límites nin fronteiras para conseguir o que desexas, nin aínda sendo pequena coma unha pulga. E hai pequenas cunha imaxinación grande, como Nadiña, que é quen nos conta as historias de Barbadac e de Petipuá, quen nolas representa con bailes, con cancións, con alegría e cunha forza enorme. Hai grandes pequenas e grandes pequenos, tan grandes que poden cambiar o mundo ao seu xeito." (texto recollido na súa páxina web)

CONCERTO DIDÁCTICO

     O pasado venres, 15 de marzo, o alumnado de 5º e 6º de primaria do noso centro, asistiu a un concerto didáctico no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela. Neste concerto de "Son+d2", a fusión chegou a través da música e tamén das novas tecnoloxías ou 'TICS'. Foi unha actuación interactiva no que Jara Ortiz, Xoán Curiel e Alfonso Camarero, puxeron voz e música en directo a un paseo a través da historia da música, con instrumentos reciclados, vídeos moi simpáticos, e cancións que nos fixeron saltar das cadeiras. Ademais de pasalo moi ben, aprendemos moito sobre a música doutras culturas e tamén da nosa, a tradicional galega.

ENTROIDO 2013

Despois de pasar hoxe un día "veraniego", para mañá XOVES, Miguiña tennos preparado algo moi divertido.

ENTROIDO 2013

Aínda que, de momento, o frío non nos deixa descansar, Miguiña propón que nos atrevamos co verán. O MÉRCORES será un día agradable para todos.

ENTROIDO 2013

O martes, nin te cases nin embarques. Ou polo menos é o que decían os vellos. Sen embargo, Miguiña, para este MARTES propón o seguinte.

ENTROIDO 2013

A nosa querida Miguiña, esta vez representando ao MECO, invítanos a vir disfrazados durante a vindeira semana. Iremos informando das distintas opcións que nos vai propoñer. Aquí vos deixamos a primeira, para vir o luns.

HOMENAXEANDO A ROSALÍA

A nosa homenaxe a Rosalía, o Día da Poesía.

21 de marzo de 2012


LIPDUB - Paz e Xogos Olímpicos 2012

     Este Lipdub foi preparado e realizado íntegramente pola comunidade educativa do CEIP "Ricardo Tobío". A música e a letra son orixinais, e as voces son do noso alumnado. Todo foi organizado con moito cariño entre profesorado e alumnos.

     Recomendamos que o vexades en alta definición (1080 HD).

     Esperamos que vos guste.

    

Distribuir contido


by Dr. Radut