Skip to Content

VII ENCONTRO ESCOLAR DE XOGOS TRADICIONAIS

Dende Brinquedia, a Rede galega do xogo tradicional, infórmanos de que o vindeiro sábado, 22 de Xuño de 2013, celebrarase o VII Encontro Escolar de Xogos Tradicionais. A cidade elexida esta vez será a de Ourense e o lugar onde se practicarán os xogos será o Campus Universitario. Dito evento comezará ás 11 da mañá.

Como algúns e algunhas de vós xa coñecedes (por terdes asistido a anteriores edicións), o Encontro é unha actividade que pretende divulgar, practicar e asentar os xogos de tradición cultural, pero que tamén busca o contacto entre familiares, nenas e nenos. Por tal motivo convidamos tamén ás, nais, pais, avoas e avós para que asistan ao citado acto.

Este ano contan coa particularidade de que o Encontro atópase inserido na celebración de “Ludaria 2013″, un festival europeo dos xogos e deportes tradicionais. Deste xeito, na tarde do citado día, en diferentes puntos do casco histórico de Ourense haberá demostracións e poderanse practicar xogos e deportes tradicionais galegos, españois e tamén europeos.

Así mesmo, poderedes seguir a actualidade e as novas relacionadas con Ludaria 2013 na páxina web de Brinquedia www.brinquedia.net onde en vindeiras datas irase engadindo a información precisa.

Información sobre o encontro.

Xogos do encontro I

Xogos do encontro II

Normas xerais.

 




page | by Dr. Radut