Skip to Content

TEATRO EN MUROS

Á volta do día festivo do traballador, o vindeiro xoves, 2 de maio, o alumnado do 2º ciclo de primaria asistirá a unha magnífica representación teatral, dentro da Mostra "Xosé Agrelo". Neste caso, a compañía Talía Teatro, ofrece "Pequena":

"Hai pequenas que son xigantes, como Barbadac, a ogresa, filla do ogro que gardaba o tesouro das botas de sete leguas ata a chegada de Polegariño. Barbadac escolleu non gardar tesouros, senón compartilos, como Petipuá, a pulga artista, que quixo levar o seu espectáculo a todas as partes do mundo, incluída a Illa dos Salvaxes, e demostrou que non hai límites nin fronteiras para conseguir o que desexas, nin aínda sendo pequena coma unha pulga. E hai pequenas cunha imaxinación grande, como Nadiña, que é quen nos conta as historias de Barbadac e de Petipuá, quen nolas representa con bailes, con cancións, con alegría e cunha forza enorme. Hai grandes pequenas e grandes pequenos, tan grandes que poden cambiar o mundo ao seu xeito." (texto recollido na súa páxina web)



page | by Dr. Radut