Skip to Content

QUE PASOU NO CENTRO NESTE 2º TRIMESTRE?

- Festexamos o día da Paz, reflexionado sobre o seu significado. Neste día tan sinalado, foi o momento  escollido para presentar ao equipo de mediación do centro composto por nenas de 6º de Educación primaria quenes, a diario, fan unha labor destacable para axudar á resolución de pequenos conflitos no centro.

 

-O mal tempo non nos impediu gozar do noso Entroido: https://dinamizacionricardotobio.blogspot.com/2024/02/o-entroido-2024-deixou-pegada-no.html

 

-Festexamos o día de Rosalía de Castro coñecéndoa un pouco máis e versionando algunha das súas poesías máis coñecidas e coloreando o seu retrato:

https://dinamizacionricardotobio.blogspot.com/2024/02/dia-de-rosalia-23-de-febreiro-de-2024.html 

https://dinamizacionricardotobio.blogspot.com/

-Tamén continuamos traballado no noso proxecto "Os 50 anos do CEIP P. Ricardo Tobío". Nesta ocasión lembrado como era o ensino nos anos  nos que xa estivo en funcionamento o noso colexio. A de cousas que estamos a aprender!

E por suposto, compartindo coas familias, como foi esa primeira parte do proxecto grazas ao vídeo no que participaron moitas familias do centro e alumnado, gravado e editado por Sonia Brea.

Enlace á noticia: https://bibliotecamestreagrelo.wordpress.com/2024/03/14/recordando-a-infancia/

- O alumnado de 4º impartiu varias formacións de Origami ao alumnado doutros grupos. Son uns expertos doblando papeis e creando figuras con eles!: https://bibliotecamestreagrelo.wordpress.com/2024/02/25/os-profes-de-origami-de-4o/

- Recibimos diferentes visitas coas que non deixamos de aprender:

- Paco Nogueiras: https://bibliotecamestreagrelo.wordpress.com/2024/02/28/cantando-e-contando-con-paco-nogueiras/

-Sonia Brea: https://bibliotecamestreagrelo.wordpress.com/2024/02/27/poetizando-con-sonia-de-brea/

- Talleres formativos para o alumnado de 5º en mediación escolar, a través de Cristina e Reyes de Comflúe ou talleres formativos en xestión emocional para o alumando de 4º con Susana de Alicce.

- Scape room para o alumnado de 5º e 6º sobre a non violencia.

 

- E no ámbito deportivo:

-Organizáronse diferentes torneos deportivos nos recreos onde o alumnado de primaria puido divertirse xogando en equipo.

- O alumnado de 2º a 6º de educación primaria correu a Cross de Porto do Son e un grupo de nenos/as de 2º, clasificáronse para o Intercomarcal celebrado en Noia, no cal o equipo benxamín feminino do cole se proclamou campión!!!

- Tamén acudimos ao bádminton en Outes onde o noso alumnado fixo un gran traballo.

Enlace ás novas deportivas: https://educacionfisicaesteiro.blogspot.com/

 

- E tamén festexamos o 8 M,  día da muller a través de diferentes accións como poden ser a creación dun manifesto feminista a cargo do alumnado de 2º e 4º de primaria ou a duns carteis elaborados polo alumnado de 5º co lema: Xunt@s chegaremos ao cume.

Enlace ao manifesto: https://www.ivoox.com/manifesto-8-marzo-audios-mp3_rf_125516670_1.html

Enlace ao instragram do centro onde podedes ver tamén a información máis relevante do noso día a día: https://www.instagram.com/colericardotobio/

 

E moito máis!!!



page | by Dr. Radut