Skip to Content

Interpretando a canción "Que me quiten lo bailao"

O alumnado de 4º de Ed. Primaria quixo facerlle unha homenaxe á cantante Lucía Pérez, versionando a canción "Que me quiten lo bailao" coa que a artista representou a España no festival de Eurovisión.

Para elo empregaron a nova de gravación, vinculada á biblioteca escolar.

Deixámosvos aquí o enlace para que os poidades escoitar.

https://www.youtube.com/watch?v=Vq-H9_oAQog&feature=youtu.be

 

 

Convocatoria do FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS para adquirir libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2023/2024

O prazo de presentación comeza o día seguinte desta publicación no DOG (20 de maio) e remata o 21 de xuño de 2023 (este incluído).

Na seguinte ligazón pódese acceder á Orde e Anexos da convocatoria.

https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

Achegamos información de interese:

- AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR: Só para o alumnado de Ed. Primaria.

- AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO: 1º E 2º de Ed. Primaria e NEAE*

- FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO (préstamo): 3º e 4º de Ed. Primaria (5º e 6º non procede por estar en E-Dixgal, onde se facilitan libros dixitais).

IMPORTANTE:

É obrigatorio solicitar cita previa para presentar a documentación de xeito presencial, no teléfono:881866814

A documentación requerida é a seguinte:

-Anexo I e II.

-Copia do libro de familia ou documentación equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

-En caso de separación ou divorcio: sentenza e/ou convenio regulador.

-Execpcionalmente poderá acreditarse o número de membros computables a través dun certificado ou volante de convivencia, ou informe dos servizos sociais.

 

Nota aclaratoria: O alumnado que remata 6º de Ed. Primaria este ano, terá que solicitar a información no IES no que se matriculou para o vindeiro curso.

 

*Véxanse requisitos na convocatoria.

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023-2024- LISTAXES DEFINITIVAS

Todo o alumnado que solicitou praza no proceso de admisión, resultou admitido.

As listaxes están publicadas no taboleiro interior do centro.

Matrícula: do 20 ao 30 de xuño. Publicarase na web a documentación necesaria antes do comezo do proceso.

ESCOLA DE FAMILIAS- ALFABETIZACIÓN EMOCIONAL CO MÉTODO EN SUS ZAPATOS

Os vindeiros día 11/05/23, 15/05/23, 25/05/23 e 1/06/23 levarase a cabo a Escola de familias que está organizada pola ANPA do centro en colaboración co CAFI. O horario da formación será de 17:30 a 19:30 e o lugar, a Biblioteca do centro.

A ANPA informa que, para as familias que o desexen, a asociación, porá servizo de atención aos nenos/as que estarán a cargo dunha persoa da ANPA. 

Durante estas 4 sesións, todas as persoas asistentes aprenderán de xeito práctico, guiados pola especialista Susana Vales Cancela, profesional que emprega o "Método de alfabetización emocional "En sus zapatos". 

Para máis información sobre o método, podedes ollar a infografía adxunta.

AdxuntoTamaño
ALFABETIZACIÓN EMOCIONAL CO MÉTODO EN SUS ZAPATOS.pdf71.64 KB

BECAS E AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NEAE

O vindeiro 8 de maio ábrese o prazo para solicitar as becas do Ministerio de Educación e Formación Profesional para alumnado NEAE. 

Deixamos a continuación unha presentación explicativa, elaborada por Yesica Penas, orientadora do IES "As Ínsuas", onde podedes atopar máis información e os pasos para solicitala.

 *Prazo aberto ata o 20 de setembro de 2023.

 

https://view.genial.ly/62876336d9290200114c06a6/interactive-content-axudas-neae-2022-2023

 

 

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023- 2024-LISTAXES PROVISIONAIS

Informamos que TODO O ALUMNADO que solicitou praza no centro foi admitido na resolución provisional. Poden consultar as listaxes no taboleiro interior do centro.

Hai 5 días hábiles dende a publicación para reclamacións.

A publicación da resolución definitiva farase o día 15 de maio.

 

MODELO AUTORIZACIÓN RECOLLIDA (FOLGA)

Por motivo da folga de autobuses convocada para o 27 e 28 deste mes, facilitamos o modelo de autorización para a recollida do alumnado que se faga de xeito extraordinario.

Importante: só cubrir se queredes autorizar a unha nova persoa, as que xa están autorizadas non hai que cubrilas de novo.

Grazas!

 

AdxuntoTamaño
AUTORIZACIÓN PERSOAS QUE RECOLLEN AO ALUMNADO 22-23 - folga bus.pdf40.34 KB

Continuamos fomentando o deporte: Proxecto de estilos de vida activa e deportiva

O noso alumnado continúa a participar no Programa XOGADE:

-Asistíu ao provincial de campo a través.

-Participou no campionato de bádminton escolar.

 

Tamén está a participar en torneos de bádminton que se organizan nos recreos.

 

Para máis información podedes visitar o blog do proxecto de vida activa e deportiva do noso centro: https://pvadricardotobio.blogspot.com/2023/03/campionato-provincial-de-campo-traves.html   e tamén o blog de educación física:https://educacionfisicaesteiro.blogspot.com/

 

Outras novas:

Día das artes galegas.

Homenaxea Maruja Mallo: https://www.instagram.com/reel/CqVpUrpIoai/?igshid=MDJmNzVkMjY%3D e Obradoiro de Sancosmeiros:https://dinamizacionricardotobio.blogspot.com/2023/03/dia-das-artes-galegas.html

 

Finalistas do concurso de carteis 2023, Muros Mira ao Mar: https://www.instagram.com/reel/Cq-3kwPvJ8b/?igshid=MDJmNzVkMjY=

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut