Skip to Content

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Xa temos publicadas as recomendacións lectoras para este Nadal no blog da Biblioteca.

Podedes consultalas no seguinte enlace: https://bibliotecamestreagrelo.wordpress.com/2022/12/13/recomendacions-lectoras/

 

TORNEOS DE BALONMÁN E BRILÉ NOS RECREOS PARA O ALUMNADO DE ED. PRIMARIA

Neste primeiro trimestre o alumnado de Ed. Primaria participou en diferentes torneos durante o recreo de balonmán e brile enmarcados dentro do Proxecto de Vida Activa e Deportiva de Centro (Plan Poxecta+). Esta acción ten como finalidade o fomento da actividade física así como a creación de hábitos saudables.

 

 

ACTIVIDADES PARA DINAMIZAR A LINGUA GALEGA

O alumnado do centro está a facer diferentes actividades relacionadas coa lingua galega. A máis salientable é a creación conxunta dun conto viaxeiro titulado: Que pasou na Pedra do Cadro?

Animámoste a visitar o blog do equipo de dinamización para ver esta e outras actividades: https://dinamizacionricardotobio.blogspot.com/

 

NOVEMBRO- MES DA CIENCIA. A nosa saúde e a do planeta. Residuos 0.

Durante o mes de novembro no cole estivemos a facer diferentes actividades. A continuación expoñemos algunhas delas:

- Ciencia na biblioteca co alumnado de Ed. Infantil: https://bibliotecamestreagrelo.wordpress.com/2022/11/28/ciencia-na-biblioteca-escolar/

 

- Elaboración de obras de arte con material de refugallo para concienciar da necesidadade de darlle unha segunda vida ao noso lixo: https://bibliotecamestreagrelo.wordpress.com/2022/11/28/residuos-cero/

- Taller de reciclaxe de papel.

- Mural de concienciación sobre a importancia de reducir os residuos que xeramos.

 

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2022-2023

CONVOCATORIA

             De acordo coa RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación  e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 30 de setembro), aXUNTA ELECTORAL deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, SECTOR DE PAIS E NAIS DE ALUMNOS/AS, segundo as seguintes normas:

             1. De acordo co disposto no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21), redactado conforme ao establecido na disposición adicional terceira.1 do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do 26), corresponde elixir no presente proceso electoral a tres pais/nais (dúas das vacantes son por finalizar os 4 anos e a outra  correspóndese á vacante non cuberta nas últimas eleccións),dun total de cinco que debe ter o Consello Escolar, o outro pai/nai será o representante da ANPA. O outro representante de pais/nais continúa como consecuencia da súa elección anterior no ano 2021.

             2.- Son electores todos os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais do alumnado matriculado no Centro e incluídos no Censo correspondente que a partir do día da data está exposto no taboleiro de anuncios. As reclamacións ao referido Censo realizaranse mediante escrito razoado dirixido á Xunta Electoral, ata as 13:00 horas do día 17 de novembro.

             3.- Son elixibles os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais, que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se facilitará na Secretaría do Colexio. As candidaturas poderán ser presentadas ata as 13:00 do día 18 de novembro.

             4.- O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase en acto público, entre os pais/nais que non se presenten como candidatos, o día 22 de novembro, ás 16:00 horas. Dita mesa electoral estará composta pola Directora do Centro, que actuará como Presidenta, e catro pais/nais ou titores legais, actuando de secretario o de menor idade.

             5.- A campaña electoral comprenderá dende o 23 ao 26 de novembro, ambos días inclusive. As dependencias e servizos do Centro estarán a disposición dos candidatos, previa petición ao presidente da Xunta Electoral, sempre que o seu uso non altere o normal funcionamento do Colexio.

             6.- Poderán actuar como supervisores da votación os pais ou titores legais dos alumnos matriculados no Centro que sexan propostos pola ANPA ou, no seu defecto, que estean avalados cando menos pola firma de 10 electores.

              7.- As votacións realizaranse neste Colexio Público o día 28 de novembro, de 16:45 a 19:45 horas. A mesa electoral será constituída o mesmo día, en acto público, ás 16:35 horas.

           8.- Na papeleta de votación cada elector fará constar un máximo de dous nomes dos candidatos presentados, debendo acreditar a súa identidade á hora de votar. Non se admitirá o voto por correo.

             9.- Teñen dereito ao voto o pai e a nai ou, se é o caso, o titor legal dos alumnos/as.

           10.- Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta para ao seu envío a Xunta Electoral do Centro.

            11.- A Xunta Electoral do Centro resolverá as dúbidas e reclamacións que se poidan formular.

 

                                                   Esteiro, 10 de novembro de 2022

 

                                               A PRESIDENTA DA XUNTA ELECTORAL

 

No adxunto pódese descargar a folla de inscripción de candidaturas (a presentar ante a directora do centro dentro do prazo de presentación de candidaturas).

 

SORTEO DOS COMPOÑENTES DA MESA ELECTORAL O LUNS 21 ÁS 16:00 HORAS.

AdxuntoTamaño
Modelo inscripción candidaturas.pdf286.76 KB

CELEBRANDO O SAMAÍN

No noso cole pasámolo de medo no Samaín.

Decoramos as aulas, fixemos unha exposición de cabazas, disfrazámonos, creamos contos de medo,...

Podedes ver todas estas actividades nos seguintes enlaces:

https://dinamizacionricardotobio.blogspot.com/2022/10/samain-2022.html 

https://bibliotecamestreagrelo.wordpress.com/2022/10/28/polo-samain-contos-de-medo/

 

 

DÍA DA BIBLIOTECA 2022

Polo día da biblio contamos coa visita de Anxo Moure.

Picade no enlace para saber máis:

https://bibliotecamestreagrelo.wordpress.com/

 

BENVIDOS E BENVIDAS AO NOVO CURSO 22-23!

COMEZAMOS!!!

 

Este curso empeza con forza e con moito ritmo!

 

Presentamos os centros de interese a traballar durante o curso:

 

A música das nosas vidas.

A nosa saúde e a do planeta. Residuos 0.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut