Skip to Content
EXPRESS-ARTE - EXPOSICIÓN - 15 VISIÓNS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO A TRAVÉS DA INTERPRETACIÓN DE OBRAS DE ARTE

Das mans de Soledad Agra sicóloga do CIM do Concello de Muxía  percorremos a exposición "EXPRESS-ARTE", impulsada desde a "Área de Igualdade da Deputación de A Coruña" con motivo do "Día Internacional contra a Violencia contra as Mulleres". 15 paneis expositivos que trasladan 15 visións contra a Violencia de Xénero a través da interpretación de obras de arte. "EXPRESS-ARTE 15 VISIÓNS está pensada para curar feridas de desigualdade nunha viaxe a través das cores e da beleza da arte" Reflexión-resumo nun dos videos feitos para esta exposición que se poden consultar na seguinte ligazón. AQUÍ.




DISCURSHOW (ORBITAMOS) - VICENTE MOHEDANO - NOVEMBRO MES DA CIENCIA

Este pasado 18 de Novembro o alumnado e profesorado do IES Ramón Caamaño tivemos a sorte de disfrutar no Salón do Voluntariado de Muxía do espectáculo teatral-interactivo "DISCURSHOW (ORBITAMOS)"; un espectáculo interpretado e dirixido por Vicente Mohedano de carácter lúdico-formativo, que dou un repaso ó noso universo cercano, así como as diferentes orientacións espaciais e movementos dos astros ó redor do sol. Unha moi boa maneira de aprender divirtíndose. Este é un dos actos organizados polo centro para celebrar o Mes da Ciencia.




QUIDDITCH - DEMOSTRACIÓN POR "DEMENTORES DE A CORUÑA" - EQUIPO OFICIAL

Charla-Demostración impartida por DEMENTORES de A CORUÑA. Equipo Oficial de Quidditch de A Coruña fundado en 2013. Onte a nosa rapazada disfrutou deste novo deporte creado no 2005.

QUIDDITCH é o nome dun deporte fictício, posteriormente adaptado á vida real, practicado por personaxes do mundo máxico na serie de novelas de Harry Potter, escritas por J.K.Rowling.

O quidditch é un deporte non tradicional creado en 2005, onde dous equipos de 7 xogadores montados en escobas xogan nun campo do tamaño dunha pista de Hockey. O campo é rectangular e mide por 60 x 44 metros, ten 3 aros a diferentes alturas a cada lado do campo. O obxectivo final é ter máis puntos que o equipo rival cando a "Snitch", unha pelota de tenis metida nunha media colgada da cintura dun xogador imparcial oficial (Snitch runner) vestido de amarelo, é capturada. Este deporte está gobernado pola International Quidditch Association (IQA).

 




EMISIÓN RNE E ONDA CERO

PRIMEIRA EMISIÓN RNE EN DIRECTO DA MAÑÁ

SEGUNDA EMISIÓN DA MAÑÁ - RADIO ONDA CERO GALICIA

 

Con motivo do 20º Aniversario do afundimento do Prestige, hoxe venres 11 de novembro RNE e Onda Cero Galicia emitirán os seus informativos matutinos desde o IES Ramón Caamaño de Muxía.
O programa de RNE “Las Mañanas”, presentado e dirixido por Íñigo Alfonso, emitirase 8:00 a 10:00 horas da mañá. Neste informativo participará xente de Muxía que viviu a traxedia do Prestige en primeira persoa. Podedes volver a escoitar a emisión do programa desde o seguinte enlace  (O alumnado fala a partir do minuto 50)
De 13:40 a 15:00 horas, Onda Cero Galicia emitirá o informativo rexional, conducido pola periodista Ángeles San Luis, para lembrar os vinte anos da catástrofe do Prestige que tan de preto se viviu en Muxía. Podedes volver a escoitar a emisión desde o seguinte enlace (O alumnado fala desde o comezo ata o minuto 20). 
O profesorado e o alumnado do centro formarán parte activa da xornada, e verán en directo como se fai un informativo e o funcionamento interno dun programa de radio. O centro dispón de prazas para os veciños de Muxía que queiran asistir como público á emisión do programa de Onda Cero de 13:40 a 15:00 horas. Os interesados poden poñerse en contacto coa conserxería do centro.




FOTOGRAFÍAS e RESULTADOS DOS CONCURSOS E XOGOS POPULARES MAGOSTO - SAMAÍN 2022

Colgamos aquí unhas fotografías  do Magosto - Samaín 2022 celebrado o pasado venres 28 de Outubro. Pasámolo "de medo" e xenial coa participación de alumnado e profesorado, no debate Magosto-Samaín, na actuación teatro-musical, nos distintos xogos, nos concursos, na papatoria... O tempo respetounos e non choveu. Grazas a todos/as por participar e  facelo posible!!! 

PARTE DO ALUMNADO PREMIADO NOS CONCURSOS E XOGOS MAGOSTO-SAMAÍN 2022





 
 
 



Mes da Ciencia en Galego

Comeza un mes cheo de ciencia no IES Ramón Caamaño! En Novembro celébrase o Mes da Ciencia en Galego coa fin de visibilizar a importancia da investigación e das/os científicas/os, así como resaltar que a lingua galega é tan válida como outra calquera para investigar e divulgar ciencia.

Non te despistes e PARTICIPA na chea de actividades que se organizan:

- Experimentos e retos de diferentes temáticas durante os recreos. 
- Espectáculos de teatro e ciencia.
- Charlas sobre o cambio climático.
- Exposición de científicas e científicos galegos.
- Expositor con libros de ciencia en galego na Biblioteca do centro. 

Consulta a programación do Mes da Ciencia en Galego e inscríbete naquelas actividades con aforo limitado.

Programación do Mes da Cienca

ENLACE Ó CALENDARIO




Distribuir contido


by Dr. Radut