Skip to Content
PROGRAMACIÓN DE ACTOS DO 8M

Presentámosvos o cartaz dos actos de celebración do 8M no  IES Ramón Caamaño. Unha programación chea de actividades para conmemorar un día tan importante; o "día da muller". Día de confraternización entre alumnado e profesorado, educativo e formativo sobre a posición da muller no social facendo fincapé na visibilidade de moitas que foron e son "invisibles", as veces, as máis cercanas a nós.




MÚSICA EN MUXICAS - PROGRAMACIÓN MUSICAL TRANSVERSAL

M Ú S I A   E N   M U X I C S

Desde o IES Ramón Caamaño estamos moi ilusionadas coa proposta que veñen de artellar o EDLG, a Biblioteca, AACCEE e os Departamentos de Lingua e Música Intitulada "MÚSICA EN MUXICAS".

Con esta iniciativa, alén de dinamizar a lingua galega, pretendemos amosar desde diferentes perspectivas múltiples valores vehiculados arredor da música, e sempre ligados estes concertos a diferentes conmemoracións: o Día da Poesía, o Día da Saúde Mental, O Día da Arte e o Día das Letras Galegas.

Moi agradecidas ao colectivo de artistas co que contaremos e do que dá boa conta o cartaz!!! Saúde, Lingua e Música!!!

 




EXPOSICIÓN "SEMPRE MÁIS" - MUSEO DO POBO GALEGO

O alumnado de 1º da ESO achegouse a Santiago de Compostela donde a maiores de percorrer a Cidade Vella, asistiu a Exposición de Arte "Sempre Máis" no Auditorio de Galicia (Revisitación da catástrofe e novas accións e derivas artísticas, e sociopolíticas actuais sobre a mesma) e visitou o Museo do Pobo Galego onde a través dunha Xincana foi achegándose os elementos da cultura tradicional e patrimonial galega.




DÍA DE ROSALÍA - ACTOS DE CELEBRACIÓN O 24 F

Percorrido polos diversos actos actos que tiveron lugar no centro para festexar "Día de Rosalía de Castro". No noso caso, por motivos de organización, ainda que o propio aniversario é o 23 de Febreiro celebrámolo o 24. Exposición guiada #RosalíaBestial, Roteiro Rosaliano con "pasos" (paradas nas que nos adentramos nos diferentes universos rosalianos), Ofrenda a Rosalía e por último un recital a cargo de Rosalía Fernández Rial, poeta muxiá co título "Vaite noite, Vai fuxindo de ROSALÍA A ROSALÍA".




DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO - #ROSALÍABESTIAL

Este venres 24 de febreiro celebrarámolo día de Rosalía de Castro no noso centro. A data do seu aniversario é como ben sabedes o 23 de Febreiro pero por mor de ter varios actos (outros) axendados tempo atrás fan que teñamos que facelo o 24. Entre os actos teremos unha exposición guiada na biblioteca do centro #Rosalíabestial con todo o alumnado que rotará por grupos ó redor dun cartaz expositivo elaborado por Michel profesor de Língua Galega, artífice do mesmo. Navegaremos polos mares e as terras das diferentes temáticas, que abranguen a obra de Rosalía: sociais, intimistas, feminístas, políticas, culturais e identitarias a través dun "Roteiro" inventado en diversos espazos do centro, onde, acompañando tamén se recitarán os seus poemas. Como parte central dos actos da mañá faremos a "Ofrenda Floral" na que pasearemos a imaxe pintada de Rosalía ata o lugar onde se depositará unha Rosa e un Toxo como ofrenda e leranse  pequenos textos do que "significa Rosalía" e uns versos a modo de cático-coro-público. Como colofón final teremos un recital poético, "De Rosalía a Rosalía" a cargo doutra Rosalía, neste caso Rosalía Fernández Rial, poetísa Muxíá figura clave na poesía galega actual, inmensa intérprete e persoa. Nos actos colaboran e interpretan alumnado de 3º e 4º da ESO.

ROSALÍA DE CASTRO EXPOSICIÓN ANTIETIQUETAS TÍPICAS SOBRE ELA




ENTROIDO IES RAMÓN CAAMAÑO 2023

Onte tivemos a ben dar inicio as festas do entroido celebrando no centro con obradoiros e actividades, e realizando un pasarrúas lúdico-reividicativo cos centros de infantil e primaria, "A galiña azul" e o "CEIP Virxe da Barca". No centro realizamos exposicións guiadas polos entroidos tradicionais de Galicia, obradoiros de doces "Bicas con Bicos", obradoiros de Maquillaxe, concursos de doces con degustación dos mesmos e desfiles de disfraces e concursos freakyes como o de "Concurso de gritos de terror en Francés". Fóra realizamos un pasarrúas no que o alumnado a modo de enterro fixo a "Salmodia do Congro" un enterro reivindicativo do emprego tradicional dos secadoiros de Muxía. A continuación podedes ver algumhas imaxes e videos e tamén visualizar AQUI o cartaz.




Distribuir contido


by Dr. Radut