Skip to Content
FLOR OU TOXO - 14 FEB

E chegou o 14 de febreiro,  día dos namorados, ou do amor, ou de todo o referente o amor...O caso é que desde o Departamento de Dinamización Linguística artellouse, durante as semanas previas á data,  unha fermosa actividade para axudar económicamente a recaudar fondos para a excursión de fin de curso de 4º da ESO. A actividade consistía en que o alumnado e profesorado do centro previa "consulta e petición", poideran enviar cartas de "amor-amizade" a outra/s persoas do centro acompañadas dunha "flor" ou un "toxo". As cartes e flores ou toxos enviados tiñan un costo de 1 euro. Por outra banda e coa axuda de Verónica Otero, Xefa do Departamento de Bioloxía, o alumnado de 4º da ESO creou e decorou galletas específicas con formas variadas de corazóns decorados para vender na Feira de Muxía ese mesmo día. Agradecer a todos os que participaron, a todos os que axudaron a crear as flores de papel (sobre todo a Maica Gesteiro, profesora de EF e ao alumnado de 3º da ESO) e os que foron a apañar os toxos...; e ços máis importantes...a todos os que enviaron cartas, flores e toxos...




TORNEO DE DEBATE ACADÉMICO DE GALICIA - RURAL OU URBANO?

O noso alumnado da optativa de "oratoria" (3º ESO)  baixo a dirección da súa profesora Cristina Negreira Barcia, veñen de presentarse o "Torneo de Debate Académico de Galicia" organizado pola Fundación Barrié de la Maza na súa Sede de A Coruña. O tema a debater na categoría na que estaban inscritos foi: "Rural ou Urbano? Cal é o entorno máis beneficioso para vivir a adolescencia?". Participación de centros públicos e privados cun nivel moi alto. O noso alumnado encantado de participar e vivir esta experiencia.




SAIDA - CASTRO DE BORNEIRO - DOLMEN DE DOMBATE - IGREXA DE SANTIAGO DE CEREIXO - IGREXA SAN MARTIÑO DE MORAIME

O pasado venres 3 de febreiro o alumnado de 2º da ESO, da man do profesor de Xeografía e Historia Alfonso Rodríguez, tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man unha parte importantísima do patrimonio da nosa contorna. Comezamos visitando o Castro de Borneiro e o Dolmen de Dombate onde o alumnado puido facerse unha composición de como vivían os nosos antergos así como a importancia dos enterramentos funerarios. Logo achegámonos a visitar a parte exterior da igresa de Santiago de Cereixo, igrexa románica do século XII onde puidemos observar a famosa "Traslatio". O alumnado tamén pudo disfrutar do paseo polas inmediacións do Castelo de Cereixo e o Muíño de Marea, así como observar o punto de atraque das embarcacións vikingas que invadían a zona. Por último visitamos a igrexa de San Martiño de Moraime onde puidemos observar o impresionante Pórtico de entrada a igrexa que lembra o "Pórtico da Groria" da catedral de Santiago, ainda que en realidade é anterior a el, o Pórtico Sur e as pinturas góticas do interior que representan os sete pecados capitais.




LA CHANDELEUR - OBRADOIRO DE CREPES

Para festexar a "Chandeleur", día da "Candelaria" o Departamento de Francés organizou un obradoiro co alumnado de 3º de elaboración de crepes. O día da Candelaria festexase por varios motivos: nun principio para festexar a fertilidade das terras ante a chegada da fin do inverno. Máis tarde converteuse en festa relixiosa catñolica pero a orixe práctica era a pagana que empregaba o trigo sobrante antes das novas colleitas e a forma circular unha homenaxe  ao esperado e ansiado sol: unha celebración dos días máis longos.




FESTIVAL DE NADAL 22-23

Fermoso video-resumo do Festival de Nadal realizado por Silviana Cobas Iglésias Non están todas as actividades e persoas pero si unha boa mostra. Grazas a todo o alumnado e profesrado que participou e que estivo ao tanto disfrutando todxs deste evento. A Michel por argallar e coordinar e presentar todo o evento así como os previos do día; pola coordinación dos traballos artísticos de Reinterpretación do Nadal en tódolos cursos; por crear varias pezas para a ocasión, o Sorteo de Lotería dos nenxs de San Ildefonso, o Poema paródico, o concurso de Friki-Mascotas (co alumnado de 4º), o Brinde (co alumnado de 4º) e a Panxoliña de Nadal (co alumnado de 3º); a Cristina  e o alumnado de 1º e 4º  por esas interpretacións estupendas  das Fábulas de Esopo e tamén co alumnado de 3º de oratoria pola magnífica posta en escea do Debate sobre o "rural e o urbano", tamén a Cristina pola organización dos visionados das Curtas de Nadal na Biblioteca do Centro; a Majo e Yolanda co alumnado de 2º por esa divertidísima posta en escea e actualización do conto de Brancaneves; a Brais por deleitarnos coa súa música e voz; a Verónica e a todo o profesorado que axudou a desenvolver e poñer o punto doce co obradoiro de galletas...ao equipo directivo polos Pinchos de Nadal e por estar ahí sempre...a todxs e sobre todo ao alumnado por facelo posible.




CONCENTRACIÓN 25 N 2023 IES RAMÓN CAAMAÑO E VECIÑANZA DE MUXÍA FRONTE O CONCELLO

Concentrámonos un ano máis fronte o Concello a comunidade escolar do IES Ramón Caamaño e a veciñanza de Muxía, para amosar a nosa repulsa contra a violencia exercida contra a muller no "Día Internacional contra a Violencia de Xénero". A situación actual, moi lonxe de mellorar esixe unha vez máis a presenza de todxs nxs e a firmeza para esixir un futuro en igualdade. Léronse os discursos oficiais e os nosos rapaces recitaron un rap exprofeso ao tema así como a nosa profesora de Lingua Castelá, Cristina Negreira capitaneo con parte do alumnado unha breve exposición de estadísticas sobre a situación actual da violencia de xénero para dar visibilidade e relevancia a que, en canto os feitos, a cousa non mellora. Muxía e o mundo debería ser un lugar "libre de violencia contra as mulleres".




Distribuir contido


by Dr. Radut