Skip to Content
DÍA INTERNACIONAL DO DANO CEREBRAL ADQUIRIDO - ASOCIACIÓN "ADACE-LUGO" - 3º ESO - 28 - OUT - 2023

Onte mantivemos un magnífico intercambio de impresións por videoconferencia o alumnado de 3º da ESO con persoas, psicologos educadores e persoal de axuda e acompañamento da Asociación ADACE-LUGO (Asociación de dano adquirido/sobrevido de Lugo). O noso alumnado intercambiou impresións e fixo preguntas a persoas desta asociación que padecen esta doenza/realidade. Incrible a claridade informativa sobre o tema por parte dos especialistas así como a dignidade e incluso o humor coa que levan esta realidade quenes o padecen. Un acto emotivo e cercano que nos achega e nos recoñece nas múltiples realidades da vida das que todos/as aprendemos.

 




CELEBRACIÓN MAGOSTO - SAMAÍN 2022

O vindeiro venres 28 de Outubro, se o tempo o permite, celebrarémolo Magosto-Samaín de 10:30 a 14:10 horas. Unha mañá chea de disfraces, xogos populares, degustacións, concursos de podcasts de medo e de doces e sobremesas, e... DEGUSTACIÓN DE CASTAÑAS E CHOURIZOS!!! Animádevos a disfrazarvos, de defuntos, meigas, trasnos, diaños ou das cores e formas do outono...e anotádevos a tódolos xogos e participade nos concursos!!! hai moitos premios!!!

 

PREMER AQUÍ CONCURSO DE DOCES e SOBREMESAS                                      PREMER AQUÍ INFORMACIÓN XOGOS POPULARES

 




CHARLA INFORMATIVA: COLECTOR MARRÓN - XESTIÓN DE BIORRESÍDUOS.

O pasado 11 de Outubro, os diferentes niveis e grupos de alumnado do IES Ramón Caamaño asistiron a unha charla formativa sobre a futura, pero próxima, implantación do "COLECTOR MARRÓN" para a xestión de biorresíduos. Ademáis fixeron un repaso dos usos e especificidades dos outros colectores de recollida selectiva. A charla foi a cargo de persoal especializado da Xunta de Galicia e organizada polo Concello de Muxía.




IMAXE CONFERENCIA DAVID KAPLÚN: MASCULINIDADES-DA CULTURA DA VIOLENCIA Á CULTURA DA VIOLACIÓN 05 -10 - 2022

Interesantísima charla de David Kaplún  xove os novos roles masculinos e como achegarnos a identificar contextos de violencia e como minorizalos. Como crear ambientes en ámbitos familiares e escolares que favorezan relacións cooperativas en lugar de competitivas.

 




VISITA AO PORTO E MUSEO DO MAR DE VIGO-29 SET




FESTIVAL LETRAS GALEGAS IES RAMÓN CAAMAÑO 2022

Mañá venres 13 de maio, a partires das 11:20 celebraremos as Letras Galegas 2022 adicadas a Florencio Delgado Gurriarán no Salón do  voluntariado de Muxía con actuacións de teatro e proxección de creacións audivisuais por parte do alumnado. Organizan Departamento de Dinamización Lingüística e Cultura Clásica, e colabora o Departamento de artes Plasticas e AAEECC. A disfrutar!!!




Distribuir contido


by Dr. Radut