Skip to Content

CRIS CANOSA - TRADI e SAÚDE MENTAL

O pasado 14 de abril celebramos a 2ª das actuacións enmarcadas no Ciclo de Actividades Musicais Transversais "MÚSICAS en MUXICAS". Desta vez con Cris Canosa Bailadora e Traballadora Social que veu a desenvolver un obradoiro teórico-práctico sobre a relación entre a Saúde Mental e os efectos que pode ter a cultura tradicional en canto feito socializador, comunitario, de pertenza, de relación co noso pasado, e sobre todo tamén a nivel actividade física. O evento rematou cunha pequena clase onde o alumnado aprendeu os primeiros pasos do baile tradicional.

 



page | by Dr. Radut