Skip to Content

Inglés

EXPERIENCIAS EN INGLÉS - 4 ELEMENTS GALICIA - PREPARACIÓN PARA PROGRAMA EDUEXCHANGES - 1º A ESO - 19-01-2022

Onte, tivemos a sorte de poder aisistir co grupo de 1º da ESO as experiencias promovidas por "4 ELEMENTS GALICIA", afincados na aldea de Sambade en Muxía, que fornecen dunha nova pedagoxía de aprendizaxes innovadoras en inglés ao aire libre, no bosque e en contacto coa natureza. A aprendizaxe, según a súa filosofía: "A aprendizaxe se prodúcese de forma inconsciente e natural nun marco silvestre  que propicia a reflexión". Un maravilloso lugar rodeado de natureza en estado puro, onde se poden desenvolver todo tipo de obradoiros, campamentos de verán, estadías e obradoiros de fin de semana, etc.. A nosa directora e profesora de inglés Pilar Mirón, organizou esta actividade como forma idónea de preparar ó alumnado para o programa de intercambio escolar "EDUEXCHANGES", iniciativa da Xunta de Galiza e da Unión Europea. Fixemos sendeirismo polo bosque e a carón do Río Castro, visitamos un antigo muiño e explicouse como vivian e comian os nosos avós, as plantacións de trigo e de millo que o arrodeaban coas que se facía a fariña para facer o pan, xogamos e competimos ós Bolos de Madeira e a Estornela e elaboramos deliciosas pizzas en fornos tradicionais de adobe, facendo o relato pormenorizado dos ingredientes. TODO EN INGLÉS. Unha auténtica convivencia da man de Frank e Lalo, os guías e conductores da proposta. Un auténtico luxo.

4 ELEMENTS GALICIA

 

PLAN PROXECTA: QUÉROTE + CURSO 2020-21

No mes de decembro, @s alumn@ de 3ºA e 3ºB traballaron sobre Orientación e diversidade sexual dentro do Programa Quérote +. Traballaron a ficha tres e ademáis practicaron as distintas destrezas que traballamos nas clases de Inglés. Este vídeo describe as actividades realizadas.

PREMA NA IMAXE PARA VER A PRESENTACIÓN

 

 

Concurso de cabazas

O departamento de Artes Plásticas, en colaboración coa Biblioteca, e coa axuda dos departamentos de Lingua castelá, Lingua galega e Inglés, organizou un concurso de cabazas. 

As gañadoras foron Iria, de 3º B, que gañou o primeiro premio, e Gisela, de 3º B, que quedou segunda. Tamén participaron Laura, de 3º A, e Sofía, de 2º A. 

Agradecemos moito a participación: gustáronnos moito as cabazas e os textos que as acompañaban.

Distribuir contido


by Dr. Radut