Skip to Content

Novas

LA CHANDELEUR - OBRADOIRO DE CREPES

Para festexar a "Chandeleur", día da "Candelaria" o Departamento de Francés organizou un obradoiro co alumnado de 3º de elaboración de crepes. O día da Candelaria festexase por varios motivos: nun principio para festexar a fertilidade das terras ante a chegada da fin do inverno. Máis tarde converteuse en festa relixiosa catñolica pero a orixe práctica era a pagana que empregaba o trigo sobrante antes das novas colleitas e a forma circular unha homenaxe  ao esperado e ansiado sol: unha celebración dos días máis longos.

DISCURSHOW (ORBITAMOS) - VICENTE MOHEDANO - NOVEMBRO MES DA CIENCIA

Este pasado 18 de Novembro o alumnado e profesorado do IES Ramón Caamaño tivemos a sorte de disfrutar no Salón do Voluntariado de Muxía do espectáculo teatral-interactivo "DISCURSHOW (ORBITAMOS)"; un espectáculo interpretado e dirixido por Vicente Mohedano de carácter lúdico-formativo, que dou un repaso ó noso universo cercano, así como as diferentes orientacións espaciais e movementos dos astros ó redor do sol. Unha moi boa maneira de aprender divirtíndose. Este é un dos actos organizados polo centro para celebrar o Mes da Ciencia.

FOTOGRAFÍAS e RESULTADOS DOS CONCURSOS E XOGOS POPULARES MAGOSTO - SAMAÍN 2022

Colgamos aquí unhas fotografías  do Magosto - Samaín 2022 celebrado o pasado venres 28 de Outubro. Pasámolo "de medo" e xenial coa participación de alumnado e profesorado, no debate Magosto-Samaín, na actuación teatro-musical, nos distintos xogos, nos concursos, na papatoria... O tempo respetounos e non choveu. Grazas a todos/as por participar e  facelo posible!!! 

PARTE DO ALUMNADO PREMIADO NOS CONCURSOS E XOGOS MAGOSTO-SAMAÍN 2022





 
 
 

CELEBRACIÓN MAGOSTO - SAMAÍN 2022

O vindeiro venres 28 de Outubro, se o tempo o permite, celebrarémolo Magosto-Samaín de 10:30 a 14:10 horas. Unha mañá chea de disfraces, xogos populares, degustacións, concursos de podcasts de medo e de doces e sobremesas, e... DEGUSTACIÓN DE CASTAÑAS E CHOURIZOS!!! Animádevos a disfrazarvos, de defuntos, meigas, trasnos, diaños ou das cores e formas do outono...e anotádevos a tódolos xogos e participade nos concursos!!! hai moitos premios!!!

 

PREMER AQUÍ CONCURSO DE DOCES e SOBREMESAS                                      PREMER AQUÍ INFORMACIÓN XOGOS POPULARES

 

CHARLA INFORMATIVA: COLECTOR MARRÓN - XESTIÓN DE BIORRESÍDUOS.

O pasado 11 de Outubro, os diferentes niveis e grupos de alumnado do IES Ramón Caamaño asistiron a unha charla formativa sobre a futura, pero próxima, implantación do "COLECTOR MARRÓN" para a xestión de biorresíduos. Ademáis fixeron un repaso dos usos e especificidades dos outros colectores de recollida selectiva. A charla foi a cargo de persoal especializado da Xunta de Galicia e organizada polo Concello de Muxía.

IMAXE CONFERENCIA DAVID KAPLÚN: MASCULINIDADES-DA CULTURA DA VIOLENCIA Á CULTURA DA VIOLACIÓN 05 -10 - 2022

Interesantísima charla de David Kaplún  xove os novos roles masculinos e como achegarnos a identificar contextos de violencia e como minorizalos. Como crear ambientes en ámbitos familiares e escolares que favorezan relacións cooperativas en lugar de competitivas.

 

VISITA AO PORTO E MUSEO DO MAR DE VIGO-29 SET

FESTIVAL LETRAS GALEGAS IES RAMÓN CAAMAÑO 2022

Mañá venres 13 de maio, a partires das 11:20 celebraremos as Letras Galegas 2022 adicadas a Florencio Delgado Gurriarán no Salón do  voluntariado de Muxía con actuacións de teatro e proxección de creacións audivisuais por parte do alumnado. Organizan Departamento de Dinamización Lingüística e Cultura Clásica, e colabora o Departamento de artes Plasticas e AAEECC. A disfrutar!!!

PATXI GARCÍA NOVO: "UN GALLEGO ENSEÑANDO EN LA UNIVERSIDAD DE NAGASAKI"

O vindeiro luns 25 de Abril o alumnado de 1º A ESO do centro entrevistarase na distancia a través dunha quedada virtual en directo co científico galego Patxí García Novo, Enxeñeiro Químico Industrial licenciado pola Universidade de Santiago de Compostela (Campus Lugo) , Master en enerxías renovables pola Universidade de Santiago de Compostela e Doutor en enxeñería na Universidade de Kyushu (Fukuoka - Xapón). Na actualidade exerce como profesor asistente na Universidade de Nagasaki (Xapón). De seguro vai ser un encontro interesantísimo do que daremos conta en breve. Esta actividade está organizada polo Departamento de Língua Castelá e Literatura.

CHARLA "AESLEME" (ASOCIACIÓN PARA O ESTUDO DA LESIÓN MEDULAR ESPINAL).PREVENCIÓN

Hoxe contamos no centro cunha interesantísima charla, para o noso alumnado de 3º e 4º da ESO, impartida por Daniel Prada, membro da Asociación "AESLEME" (Asociación para o Estudo da Lesión Medular Espinal), para a prevención das lesións nos accidentes de tráfico causados por diversos factores. Explicación pormenorizada e cercana, directa, respondendo as dúbidas e cuestións do noso alumnado.

Unha vez rematadas as charlas tivo a ben ser entrevistado por Dario Canosa Barrientos alumno de 1º a ESO na Radio Buserana.

LINK Á ENTREVISTA

 

Distribuir contido


by Dr. Radut