Skip to Content

Novas

OBRADOIRO DE REGUEIFA CON LUPE BLANCO

O pasado 15 de Marzo tivemos a sorte de recibir no noso centro a Lupe Blanco, muller fascinante, coristanquesa, regueifeira que amosou todo o seu saber e o potencial creativo e comunicativo a todo o alumnado de 3º e 4º da ESO nun obradoiro no que ó final remataron rimando e canturexando os seus propios versos.

8M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER - ACTOS 8M / 10M IES RAMÓN CAAMAÑO

Deixámosvos un resumo dos actos que tiveron lugar no centro os días 8 e 10 de Marzo co motivo da celebración do "Día Internacional da Muller". Obradoiros de Defensa Persoal para o Empoderamento da Muller con Fran Karate, Diálogo Aberto (espazo de preguntas alumnado-profesorado), Tempo de confraternización e oralidade, Exposición Galería de Mulleres con fragmentos de poemas de Rosalía Fernández Rial, Olga Novo e Chus Pato.

PROGRAMACIÓN DE ACTOS DO 8M

Presentámosvos o cartaz dos actos de celebración do 8M no  IES Ramón Caamaño. Unha programación chea de actividades para conmemorar un día tan importante; o "día da muller". Día de confraternización entre alumnado e profesorado, educativo e formativo sobre a posición da muller no social facendo fincapé na visibilidade de moitas que foron e son "invisibles", as veces, as máis cercanas a nós.

MÚSICA EN MUXICAS - PROGRAMACIÓN MUSICAL TRANSVERSAL

M Ú S I A   E N   M U X I C S

Desde o IES Ramón Caamaño estamos moi ilusionadas coa proposta que veñen de artellar o EDLG, a Biblioteca, AACCEE e os Departamentos de Lingua e Música Intitulada "MÚSICA EN MUXICAS".

Con esta iniciativa, alén de dinamizar a lingua galega, pretendemos amosar desde diferentes perspectivas múltiples valores vehiculados arredor da música, e sempre ligados estes concertos a diferentes conmemoracións: o Día da Poesía, o Día da Saúde Mental, O Día da Arte e o Día das Letras Galegas.

Moi agradecidas ao colectivo de artistas co que contaremos e do que dá boa conta o cartaz!!! Saúde, Lingua e Música!!!

 

EXPOSICIÓN "SEMPRE MÁIS" - MUSEO DO POBO GALEGO

O alumnado de 1º da ESO achegouse a Santiago de Compostela donde a maiores de percorrer a Cidade Vella, asistiu a Exposición de Arte "Sempre Máis" no Auditorio de Galicia (Revisitación da catástrofe e novas accións e derivas artísticas, e sociopolíticas actuais sobre a mesma) e visitou o Museo do Pobo Galego onde a través dunha Xincana foi achegándose os elementos da cultura tradicional e patrimonial galega.

DÍA DE ROSALÍA - ACTOS DE CELEBRACIÓN O 24 F

Percorrido polos diversos actos actos que tiveron lugar no centro para festexar "Día de Rosalía de Castro". No noso caso, por motivos de organización, ainda que o propio aniversario é o 23 de Febreiro celebrámolo o 24. Exposición guiada #RosalíaBestial, Roteiro Rosaliano con "pasos" (paradas nas que nos adentramos nos diferentes universos rosalianos), Ofrenda a Rosalía e por último un recital a cargo de Rosalía Fernández Rial, poeta muxiá co título "Vaite noite, Vai fuxindo de ROSALÍA A ROSALÍA".

ENTROIDO IES RAMÓN CAAMAÑO 2023

Onte tivemos a ben dar inicio as festas do entroido celebrando no centro con obradoiros e actividades, e realizando un pasarrúas lúdico-reividicativo cos centros de infantil e primaria, "A galiña azul" e o "CEIP Virxe da Barca". No centro realizamos exposicións guiadas polos entroidos tradicionais de Galicia, obradoiros de doces "Bicas con Bicos", obradoiros de Maquillaxe, concursos de doces con degustación dos mesmos e desfiles de disfraces e concursos freakyes como o de "Concurso de gritos de terror en Francés". Fóra realizamos un pasarrúas no que o alumnado a modo de enterro fixo a "Salmodia do Congro" un enterro reivindicativo do emprego tradicional dos secadoiros de Muxía. A continuación podedes ver algumhas imaxes e videos e tamén visualizar AQUI o cartaz.

FLOR OU TOXO - 14 FEB

E chegou o 14 de febreiro,  día dos namorados, ou do amor, ou de todo o referente o amor...O caso é que desde o Departamento de Dinamización Linguística artellouse, durante as semanas previas á data,  unha fermosa actividade para axudar económicamente a recaudar fondos para a excursión de fin de curso de 4º da ESO. A actividade consistía en que o alumnado e profesorado do centro previa "consulta e petición", poideran enviar cartas de "amor-amizade" a outra/s persoas do centro acompañadas dunha "flor" ou un "toxo". As cartes e flores ou toxos enviados tiñan un costo de 1 euro. Por outra banda e coa axuda de Verónica Otero, Xefa do Departamento de Bioloxía, o alumnado de 4º da ESO creou e decorou galletas específicas con formas variadas de corazóns decorados para vender na Feira de Muxía ese mesmo día. Agradecer a todos os que participaron, a todos os que axudaron a crear as flores de papel (sobre todo a Maica Gesteiro, profesora de EF e ao alumnado de 3º da ESO) e os que foron a apañar os toxos...; e ços máis importantes...a todos os que enviaron cartas, flores e toxos...

TORNEO DE DEBATE ACADÉMICO DE GALICIA - RURAL OU URBANO?

O noso alumnado da optativa de "oratoria" (3º ESO)  baixo a dirección da súa profesora Cristina Negreira Barcia, veñen de presentarse o "Torneo de Debate Académico de Galicia" organizado pola Fundación Barrié de la Maza na súa Sede de A Coruña. O tema a debater na categoría na que estaban inscritos foi: "Rural ou Urbano? Cal é o entorno máis beneficioso para vivir a adolescencia?". Participación de centros públicos e privados cun nivel moi alto. O noso alumnado encantado de participar e vivir esta experiencia.

SAIDA - CASTRO DE BORNEIRO - DOLMEN DE DOMBATE - IGREXA DE SANTIAGO DE CEREIXO - IGREXA SAN MARTIÑO DE MORAIME

O pasado venres 3 de febreiro o alumnado de 2º da ESO, da man do profesor de Xeografía e Historia Alfonso Rodríguez, tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man unha parte importantísima do patrimonio da nosa contorna. Comezamos visitando o Castro de Borneiro e o Dolmen de Dombate onde o alumnado puido facerse unha composición de como vivían os nosos antergos así como a importancia dos enterramentos funerarios. Logo achegámonos a visitar a parte exterior da igresa de Santiago de Cereixo, igrexa románica do século XII onde puidemos observar a famosa "Traslatio". O alumnado tamén pudo disfrutar do paseo polas inmediacións do Castelo de Cereixo e o Muíño de Marea, así como observar o punto de atraque das embarcacións vikingas que invadían a zona. Por último visitamos a igrexa de San Martiño de Moraime onde puidemos observar o impresionante Pórtico de entrada a igrexa que lembra o "Pórtico da Groria" da catedral de Santiago, ainda que en realidade é anterior a el, o Pórtico Sur e as pinturas góticas do interior que representan os sete pecados capitais.

Distribuir contido


by Dr. Radut