Skip to Content

Novas

RESUMO ENTROIDO e DÏA DE ROSALÍA

O pasado 25 de Febreiro aproveitamos para celebrar  conxuntamente o Entroido e o día de Rosalía. Alumnado da asignatura de Latín E DE 2º ESO homenaxeou a nosa Poetisa prantando no xardín traseiro do centro 23 plantas "Pensamentos", as súas preferidas. Alumnado variado de 2º e 4º da ESO participou no concurso de "doces de entroido" facendo as delicias do paladar do xurado: Bolachas, rosquillas, lazos, biscoito de chocolate, filloas recheas, etc...auténticos manxares. Tivemos alumnado que participou nos concurso de disfraces, tanto individual coma colectivo: bodas, confirmacións, diablas, homes de muller, políticos Thrump, animes, Moscas, xardiñeiros, estudantes a magos, hippies, etc...Cada nivel e grupo educativo recitou a coro no patio un poema de Rosalía e fíxose oficial a inauguración da radio do centro con minirrecitais e música variada galega. Ó final da mañá, degustamos orellas e rosquillas confraternizando no patio. Un día estupendo.

PRANTADO DE "PENSAMENTOS" EN HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO

POEMAS CORAIS RECITADOS NO PATIO

 

1º A ESO: "NOSA SEÑORA DA BARCA"

2º A ESO: "EU BEN VIN ESTAR Ó MOUCHO"

2º B ESO: "CASTELLANOS DE CASTILLA"

3º A ESO: "AIRIÑOS, AIRIÑOS AIRES"

4º A ESO: "UNHA VEZ TIVEN UN CRAVO"

 

1º PREMIO CONCURSO DE POSTRES "BOLACHAS DE ENTROIDO" (ROSALÍA VILELA GERPE)

LINK Á RECEITA

2º PREMIO CONCURSO DE POSTRES "BISCOITO DE CHOCOLATE" (ADELA SONEIRA BARRIENTOS)

LINK Á RECEITA

3º PREMIO CONCURSO DE POSTRES "ROSQUILLAS" (ZAIRA TOBA VILELA e ANA ANDREA LEMA SONEIRA)

LINK Á RECEITA

LINK Á RECEITA

OUTROS POSTRES (ZAIRA TOBA VILELA)

LINK Á RECEITA

LINK Á RECEITA

1º PREMIO DISFRAZ INDIVIDUAL "A FULANA ROSANNA"

(DARÍO CANOSA BARRIENTOS)

2º PREMIO DISFRAZ INDIVIDUAL "A SIRVENTA"

(JUÁN SOTO DOMÍNGUEZ)

1º PREMIO DISFRAZ COLECTIVO "CONFIRMACIÓN INFERNAL"

(YASMÍN ALAMANCOS GRAIÑO, YOMARA AMADO RUÍZ, SAMUEL EIRÍN LORENZO,

ADRIÁN FURELOS POSE, ALEJANDRO MONTERO LÓPEZ, CANDELA PÉREZ LOURO)

2º PREMIO DISFRAZ COLECTIVO " A BODA"

(RAQUEL EIRÍN EIRÍN, SHAMIRA HRIMOU RODRÍGUEZ, ANA ANDREA LEMA SONEIRA, IKER QUINTÁNS CASAL, GABRIELA REY CARBALLO,

PAULA REY TOBA, BRAIS SANTIAGO RODRÍGUEZ, ADELA SONEIRA BARRIENTOS,

DAMIÁN SONEIRA LAGO, ZAIRA TOBA VILELA, FRANCISCO VIDAL MARTÍNEZ)

 

 

 

ENTROIDO e HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO 2022

Xanon queda nada!!! Anímate a participar no concurso de disfraces e postres o día 25 no Entroido 2022!!! 

As follas para inscribirse están fronte a Secretaría. Data límite para o concurso xoves no 1º recreo.

Participes nos concursos ou non non deixes de disfrazarte e participa!!!

CHARLA-COLOQUIO CON ANTONIO RIAL BOUBETA

Este pasado mércores 16 de Febreiro, tivemos a sorte de contar no noso centro coa presenza do Psicólogo, Doutor de Psiocolía Social e Profesor da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago. Antonio Rial Boubeta. Especializado en estadística, análise de datos e metodoloxía das ciencias do comportamento. Nesta magnífica sesión desgranou a problemática que está a acontecer entre a mocidade do uso abusivo das tecnoloxías dixitais e os videoxogos e os perigos que se poden derivar. Recalcou a necesidade máis que nunca perentoria de exercer de pais, nais responsables limitando e exercendo control do uso das tecnoloxía dixital por parte d@s fill@s. A actividade está organizada polo CFR de Vimianzo.

RADIO BUSERANA - AVANCE

EXPERIENCIAS EN INGLÉS - 4 ELEMENTS GALICIA - PREPARACIÓN PARA PROGRAMA EDUEXCHANGES - 1º A ESO - 19-01-2022

Onte, tivemos a sorte de poder aisistir co grupo de 1º da ESO as experiencias promovidas por "4 ELEMENTS GALICIA", afincados na aldea de Sambade en Muxía, que fornecen dunha nova pedagoxía de aprendizaxes innovadoras en inglés ao aire libre, no bosque e en contacto coa natureza. A aprendizaxe, según a súa filosofía: "A aprendizaxe se prodúcese de forma inconsciente e natural nun marco silvestre  que propicia a reflexión". Un maravilloso lugar rodeado de natureza en estado puro, onde se poden desenvolver todo tipo de obradoiros, campamentos de verán, estadías e obradoiros de fin de semana, etc.. A nosa directora e profesora de inglés Pilar Mirón, organizou esta actividade como forma idónea de preparar ó alumnado para o programa de intercambio escolar "EDUEXCHANGES", iniciativa da Xunta de Galiza e da Unión Europea. Fixemos sendeirismo polo bosque e a carón do Río Castro, visitamos un antigo muiño e explicouse como vivian e comian os nosos avós, as plantacións de trigo e de millo que o arrodeaban coas que se facía a fariña para facer o pan, xogamos e competimos ós Bolos de Madeira e a Estornela e elaboramos deliciosas pizzas en fornos tradicionais de adobe, facendo o relato pormenorizado dos ingredientes. TODO EN INGLÉS. Unha auténtica convivencia da man de Frank e Lalo, os guías e conductores da proposta. Un auténtico luxo.

4 ELEMENTS GALICIA

 

CHARLA SOBRE DIVERSIDADE SEXUAL E DE XÉNERO - ASOCIACIÓN AVANTE LGBT+COMPOSTELA

Hoxe, tivemos a oportunidade de achegar ó noso profesorado e alumnado de 3º e 4º da ESO ós diferentes conceptos que conforman os contidos e coñecementos sobre a "Diversidade Sexual e de Xénero", da man dun gran comunicador, excelente persoa e antigo alumno do IES Ramón Caamaño: LOIS BÚA. Un auténtico pracer contar coa súa presenza e traernos tamén a visión de colectivos como a Asociación AVANTE LGBT+Compostela.

PREMIOS DE DEBUXO ASOCIACIÓN DE AMIGOS DO PINTOR GERVASIO SAR 14-01-2022

A pasada noite de reis, fallouse o "I PREMIO DE DEBUXO ASOCIACIÓN DE AMIGOS DO PINTOR GERVASIO SAR". Unha iniciativa estupenda na que estamos moi orgullosos de participar xunto ós centros de ensino de infantil e primaria do Concello de Muxía. A Entrega de premios, será hoxe 14-01-2022 ás 19:30 horas no Salón de Actos do Voluntariado de Muxía.

O resultado por categorías é o seguinte:

Categoría infantil

  • 1º posto Salma Rodríguez Filgueira do CEIP Vilarmide - Eduardo Noya, por “O meu Gervasio”.
  • 2º posto Nico Brey Mirón, de Os Muíños, por “O faro saltón”.
  • 3º posto Oliver Mouzo Domínguez, de Os Muíños, por “O faro muxián”.

Categoría de primaria

  • 1º posto Manuel Rodríguez Pérez, do CEIP Vilarmide - Eduardo Noya, por “O fondo mariño”.
  • 2º posto Antía Haz Pazos, do CEIP Vilarmide – Eduardo Noya, por “A última visión dun viaxeiro”.
  • 3º posto Diego Maneiro Lago, do CEIP Vilarmide – Eduardo Noya, por “Soñando co mar”.

Categoría de secundaria

  • 1º posto Carla Paz Martínez, do IES Ramón Caamaño, por “Os fíos da paisaxe”.
  • 2º posto Darío Canosa Barrientos, do IES Ramón Caamaño, por “A Barca en branco e negro”.
  • 3º posto Brais Caamaño Canosa, do IES Ramón Caamaño, por “Eu, son eu, son eu…”.

Accesits:

Premios especiales concedidos pola diretiva da asociación pola gran cantidade e calidade dos traballos presentados na categoría de Primaria:

  • Xiana Castro Rey, do CEIP Vilarmide - Eduardo Noya, por “Alegría e tristeza”.
  • Marta Barrientos Lires, do CEIP Vilarmide – Eduardo Noya, por “O faro encendido”.

Todos os participantes recibirán un diploma e lotes de material de pintura e debuxo axeitados a idade dos autores ademais dun trofeo para os gañadores; consistente nun gravado coa silueta do faro de Barca, feito polo artista muxián Abraham Lavandeira.

Premio ao centro máis participativo

O CEIP de Vilarmide – Eduardo Noya recibirá ademais unha obra do artista..

A entrega de premios celebrarase o vindeiro venres 14 de xaneiro ás 19.30 horas no salón de actos do voluntariado de Muxía. A ela poderán asistir o profesorado, alumnado e familias dos participantes no concurso.

ENLACES ÓS ARTIGOS PUBLICADOS NOS MEDIOS

ENLACE QUEPASANACOSTA

ENLACE EL CORREO GALLEGO

ENLACE LA VOZ DE GALICIA

 

SAÍDA-CAMIÑADA - IES RAMÓN CAAMAÑO-MONTE FACHO (MUXÍA) - 21 Decembro 2021

O martes 21 Decembro realizamos unha camiñada desde o centro educativo ó Monte Facho en Muxía. Unha actividade na que participou todo o alumnado e profesorado do centro enmarcada nas actividades de Nadal. Puidemos así realizar ó aire libre (xa que o tempo acompañou) unha actividade tod@s xunt@s nestes tempos de Pandemia. Unha maravilla acadar o obxectivo, confraternizar, camiñar pola natureza e compartir unhas vistas inmellorables. 10,6 km de ruta feitos con esforzo e ilusión.

CONCERTO DE NADAL - 20 DECEMBRO 2021

O pasado día 20 de Decembro de 2021, tivemos a oportunidade de disfrutar do "Concerto de Nadal" organizado pola profesora e Xefa do Departamento de Música Mª Cristina Espiñeira Precedo. A actividade desenvolveuse no Salón do Voluntariado de Muxía de 10:30 a 12:10 da mañá. Participou alumnado de tódolos niveis e grupos nos que imparte aulas (2º, 3º e 4º ESO) . Acompañaron tamén en varios temas a propia Cristina Espiñeira, Pablo (un saxofonista convidado) e as profesoras Verónica Paz ao piano e Cristina Negreira á flauta traveseira. Un espazo para disfrutar e visibilizar o feito nas aulas e as capacidades desenvoltas polo alumnado. A actividade foi precedida dun recital poético a cargo de David Creus, profesor de plástica.

ACTIVIDADES DO CLUBE DE CIENCIAS

Verónica Paz Vidal, Xefa do Departamento de Física e Química organizou neste curso un Clube de Ciencias con alumnado de 4º da ESO e profesorado convidado. En horario estraescolar, os martes de 14:20 a 16:20, desenvólvense no láboratorio e na aula de informática, interesantes actividades que relaconan os conceptos ciencíficos con aplicacións prácticas: experimentos de presión dos gases, programación con placas de Arduino, detectores de movemento ou luz, así como detectores de metais, etc...

O alumnado aprende a soldar con estaño, así como comproba e recoñece cada un dos compoñentes e tipos que poden compoñer un circuito eleéctrico. Todo isto no 1º trimestre. Que nos deparará o resto do curso?

Un clube onde o alumnado se motiva, traballa grupalmente, aporta ideas, descubren e confraternizan. Unha auténtica maravilla.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut