Skip to Content

Novas

Nota informativa

O día 2 de maio é non lectivo no IES Ramón Caamaño.

Actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017

Faise pública a relación das listaxes e ábrese un prazo de 10 días naturais para emendar erros, falta de documentación, así como para efectuar reclamacións ou renuncias.

Estas listaxes,atópanse publicadas na Web do Programa http://www.edu.xunta.es/axudasle

 

 

Actividades de formación en linguas estranxeiras

Remata o prazo o día 27 de marzo

Información na seguinte ligazón   

Información remate obras no instituto

Comunicamos que as obras de reparación da cuberta do instituto xa remataron.

A partir de mañá, mércores 8 de marzo, a entrada ao centro poderá realizarse pola porta principal.

 

Procedemento para a admisión do alumnado 2017/18

Información ao alumnado e ás familias:

 

A) Normativa reguladora do procedemento de admisión: (ver adxuntos)

 

  • Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión do alumnado (DOG do 26/12/2012).

  • Orde do 12 de marzo de 2013, pola que se desenvolve o procedemento de admisión do alumnado (DOG do15/03/2013), modificada pola Orde do 25 de xaneiro de 2017(DOG do 01/02/2017).

 

B) Postos escolares ofertados:

 

 

Curso

Número prazas

ofertadas

Número

permanencias

Número de

solicitudes de

reserva asignadas

Número de

vacantes

ESO

 

60

(6 para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo)

 

 

 

 

 

 

 

33

 

27

 

ESO

 

60

 

 

41

 

 

19

ESO

 

30

 

 

28

 

 

2

ESO

 

30

 

 

26

 

 

4

 

C) Prazo de presentación das solicitudes de admisión: Do 1 ao 20 de marzo

 

 

Documentación que se deberá achegar:

 

  • Anexo II de solicitude cuberto e asinado (consta de 5 páxinas). Pode recollerse o formulario na secretaría do centro ou descargalo da páxina web do centro.

A solicitude será única e poderase presentar de forma presencial no centro educativo ou de forma

electrónica a través da aplicación admisionalumnado.

  • Copia do DNI ou páxina do libro de Familia do alumno/a.

  • Certificado de matrícula do curso actual (emitido polo XADE)

  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, se fose o caso.

 

D) Nota informativa:

 

1º Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en

primeiro lugar, e a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

 

2º O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro

distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

 

3º O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto

deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de

admisión.

 

E) Calendario:

 

  • Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos: 21 de abril.

 

  • Reclamación ás listaxes provisionais de admitidos e non admitidos: 24-28 abril.

 

  • Publicación das listaxes definitivas de admitidos e non admitidos: 12 de maio.

 

F) Prazo para formalizar a matrícula (anexo III):

 

  • Formalización da matrícula ordinaria (os que aproben todo en xuño): 27 de xuño ao 10 de xullo.

 

  • Formalización da matrícula extraordinaria (os que aproben en setembro): 1-11 de setembro.

 

G) Centros adscritos:

 

  • CEIP dos Muíños.

  • CEIP de Vilarmide – Eduardo Noya

 

 

H) Servizos complementarios:

 

Seis Rutas de transporte escolar.

 

 

 

 

 

 

Corrección

                               

     

 Corrección de erro nas rifas - O Hotel Rústico Casa Fontequeiroso está en Nemiña. 

 

      

Información obras no instituto

Comunicámosvos que, durante uns días e ata novo aviso, por mor das obras

que se están a realizar no IES Ramón Caamaño, a entrada ao centro

realizarase pola porta traseira que está ao carón do pavillón.

 

A porta principal será de uso exclusivo para os operarios tal e como

acordamos co persoal de seguridade.

 

 

Moitas grazas pola vosa colaboración!!!

 

 

Suspensión das clases - Obras no instituto

O día 3 de febreiro quedan suspendidas as clases no noso centro por mor dos desperfectos que provocou o temporal no tellado do instituto.

Agradecementos ao Concello de Muxía e ao persoal de Protección Civil e da Policía Municipal pola axuda recibida.

O luns 6 de febreiro reanudaranse as clases con normalidade.

 

 

 

 

Os membros do equipo directivo informamos á comunidade educativa que, en breve, comezarán as obras de reparación dos danos causados polo temporal. Así nos foi comunicado polo persoal da Unidade Técnica da Consellaría.

Colocarán unha nova cuberta con paneis de aceiro e repararán outra zona do instituto onde temos pingueiras cando chove.

Informaremos puntualmente de todos os cambios e reorganizacións no centro durante o tempo que duren as obras (unhas dúas semanas). 
A Consellaría presupostou a obra en 30.000,00 Euros.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut