Skip to Content

Novas

O CAMIÑO DE SANTIAGO ESPAZO PARA A COMUNICACIÓN EN DIRECTO

Hoxe visitounos JOSÉ MARÍA GARCÍA PALMEIRO. Primeiro decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (2000-2004). Traballou e colaborou en TVE, TVG, El Correo Gallego, El Progreso, El Ideal Gallego, Radio Galicia (Ser), La Voz de Galicia, Europa Press, Radio Popular de Vigo, El País, La Región, Xornal, Faro de Vigo e Onda Cero. Colaborou en MUNDIARIO e é conferenciante y poñente en congresos, cursos e xornadas. Na actualidade é Presidente da Asociación de periodistas do Camiño de Santiago (APECSA).
Veu dar unha charla-conferencia co alumnado de 4º da ESO titulada "O Camiño de Santiago, espazo para a comunicación en directo", onde ademáis de presentar e trazar a historia do Camiño de Santiago ó longo dos séculos destacou o papel fundamental que desempeña Muxía e as poboacións e xentes da contorna.

ALFREDO BRAÑAS "O REXIONALISMO"

Hoxe visitou o noso centro José Manuel Cameán González membro impulsor da plataforma que xestiona o traslado a Carballo do Legado de Alfredo Brañas. Veu a entregarnos un exemplar para a biblioteca do centro do famoso traballo do escritor e pensador:  “O Rexionalismo”. A intención da súa plataforma e recompilar e expoñer en Carballo todo o seu legado, fotografías, cadros, manuscritos e por outra banda que a súa figura esté presente e sexa coñecida pola meirande parte do público, nas súas palabras: “Que Alfredo Brañas esté vivo entre a xente”, para así, desde os diversos ámbitos da educación, cultura e cidadanía preparar a súa candidatura para a homenaxe das Letras Galegas 2020. Estivemos no acto de entrega María do Mar Fuentes Ramos (profesora da asignatura de Lingua e Literatura Galega) e eu David Creus Andrade en calidade de director.

 

 

CONCENTRACIÓN POLO FUTURO DO PLANETA 27 - 09 - 2019

Hoxe é un día de manifestación global polo futuro do planeta. Millóns de persoas pero sobre todo mozas e mozos (estudiantes) son protagonistas das protestas que se dan en todo o mundo reclamando medidas urxentes para paliar e diminuir o quecemento global que na actualidade e exponencial e imparable.

Nós, alumnado, profesorado e demáis membros da comunidade educativa do IES Ramón Caamaño, concentrámonos ás 12:10 da mañá, vestidos de verde para facer oir a nosa voz sumándoa a tódalas voces que hoxe berran forte en todo o planeta esixindo solucións.

Marta e Jhoana, alumnas de 1º da ESO leron o Manifesto que Greta Thumberg pronunciou con contundencia e emoción o 23 de setembro no Cumio do Clima das Nacións Unidas en New York. Gardamos un minuto de reflexión que rompemos cun aplauso para pechar o acto.

DISCURSO GRETA THUMBERG (GALEGO)

 

CONVOCATORIA DE REUNIÓN PAIS/NAIS RESPONSABLES 01-10 - 2019

O Ies Ramón Caamaño convócaos a unha reunión na que presentaremos ao Equipo Directivo, Departamento de Orientación e Titores/as dos respectivos grupos e proporcionaremos información sobre as carácteristicas do centro, calendario escolar, horas de atención a pais/nais e outros datos de interese para as familias.

DATA: Martes 01 de Outubro

LUGAR: Salón de Actos do IES Ramón Caamaño

HORARIO: 18:30 horas

AVALIACIÓN SETEMBRO - MATRíCULA SETEMBRO PARA CURSO 2019 - 2020 - INICIO CURSO

 


 

* Os impresos de matrícula poden recollelos e cumprimentalos na "SECRETARÍA" do noso centro ou ben descargala e cumprimentala na casa a través dos "ENLACES"  que se indican en cada nivel educativo neste post.

REQUERIMENTOS:

1º ESO:

- Impreso de matrícula cuberto.

- Fotocopia do DNI dos pais/nais/responsables

- Documentación a maiores (sentenzas de separación/custodias/discapacidade/...)

- 2 fotografías tamaño carnet actuais.

Impreso de matrícula 1º ESO

2º ESO:

- Impreso de matrícula cuberto.

- 2 fotografías tamaño carnet actuais.

Impreso de matrícula 2º ESO

3º ESO:

- Impreso de matrícula cuberto.

- 2 fotografías tamaño carnet actuais.

- Importe exacto de 1,12€ en concepto de Seguro Escolar.

Impreso de matrícula 3º ESO

4º ESO:

- Impreso de matrícula cuberto.

- 2 fotografías tamaño carnet actuais.

- Importe exacto de 1,12€ en concepto de Seguro Escolar.

Impreso de matrícula 4º ESO

 

 

AXUDAS FONDO LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2019 - 2020

1. AXUDA LIBROS DE TEXTO

AS listaxes provisionais de axudas para libros de texto poderán consultarse na Conserxería do centro e tamén na páxina web (http://www.edu.xunta.gal/centros/iesramoncaamano/).

A listaxe definitiva publicarase o 13 de setembro.

Os libros de texto asignados a cada alumno a través do "Fondo Solidario de Libros de Texto" comezarán a repartirse durante os primeiros días de inicio de curso.

LINK LISTAXE PROVISIONAL AXUDA FONDO SOLIDARIO LIBROS TEXTO

2. CHEQUES MATERIAL ESCOLAR

Alumnado de 1º ESO e alumnado que aprobou en xuño: poden recoller o cheque de 50 euros para material escolar en Secretaría dende o venres 12 de Xullo ata o luns 29 de Xullo, en horario de 09:00 a 13:30 horas.

Alumnado de Setembro: poderán recoller o cheque de 50 euros para material escolar entre os días 17 e 20 de setembro.

 LINK LISTAXE CHEQUE MATERIAL XUÑO (Admitidos e excluidos)

 

AVISO IMPORTANTE LIBROS DE TEXTO CURSO 2019-2020

O LISTADO DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 19-20 ESTARÁ COLGADO DURANTE O MES DE XULLO NO TABOLEIRO DE CONSERXERÍA E NA PÁXINA WEB DO CENTRO.
NON MERQUEDES NINGÚN LIBRO ATA SETEMBRO PORQUE AS AXUDAS E O FONDO DE LIBROS É PROBABLE QUE CUBRAN AS NECESIDADES DE TODO O ALUMNADO.
DURANTE A PRIMEIRA SEMANA DE CURSO NOTIFICAREMOS SE AS FAMILIAS PRECISAN MERCAR ALGÚN LIBRO.

LINK LISTADO LIBROS TEXTO CURSO 2019-2020

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E CHEQUE MATERIAL - ÚLTIMOS DÍAS!!!!!

Lembramos a tódolos PAIS/NAIS/RESPONSABLES do alumnado do IES Ramón Caamaño, e do alumnado que se vai matricular por primeira vez no noso centro de que o prazo para solicitar o "Fondo Solidario de Libros de Texto e o Cheque para Material Escolar" para o curso 2019-2020, remata o vindeiro 21 de xuño ás 14:00 horas.

Por razóns organizativas o servicio da  xornada do 21 non está dispoñible e para poder atendelos de maneira ordenada e debida, suxerímoslles que presenten as súas solicitudes nos días 18, 19 e 20 de Xuño en horario habitual de centro de 08:30 a 14:10 horas (tódolos días)  e de 16:20 a 18:00 horas (Martes á tarde).

MOITAS GRAZAS E DESCULPEN AS MOLESTIAS.

O Equipo Directivo.

LINK Á DOCUMENTACIÓN

 

Distribuir contido


by Dr. Radut