Skip to Content

Novas

PRESENTACIÓN EXPOSICIÓN GALERÍA DE MULLERES - 08 DE MARZO

Onte 05 de Marzo de 2020, o alcalde de Muxía Iago Toba, a Técnica da Biblioteca do Concello Viky Rivadulla e a Isabel Muñoz Avogada, achegáronse a presentar a exposición que estes días se pode ver no noso centro e que constitúe a "GALERÍA DE MULLERES", unha iniciativa pioneira desde o Concello de Muxía que aposta pola visibilización e coñecemento de mulleres relevantes de diversos ámbitos, arte, literatura, ciencia, política, etc...para o seu achegamento ó público xeral. Isabel Muñoz tamén fixo unha presentación ó alumnado do CIM - MUXÍA (Centro de Información á Muller) que ofrece diversos servizos de axuda, informativa, xurídica, asesoramento, denuncia. Ámbas presentacións enmarcanse na semana previa a celebración do 08 de Marzo.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS SOBRE PREVENCIÓN - ALERTA CORONAVIRUS

Ante as recomendacións da OMS e as novas relacionadas enviadas ós centros educativos en relación ó problema xerado polo CORONAVIRUS pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o equipo directivo do IES Ramón Caamaño solicita ás familias a colaboración para a prevención e alerta na nosa Comunidade Escolar. Afirmamos. Aproveitamos para lembrar que non hai motivo de alarma. Por favor lean con atención as cartas impresas enviadas ás familias a través dos seus fillos/as ou lean a información relacionada nos seguintes enlaces:

CARTA INFORMATIVA ENVIADA ÁS FAMILIAS

CARTA INFORMATIVA ENVIADA ÓS CENTROS POLA DIRECCIÓN XERAL DE SAÚDE PÚBLICA DA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESERVA DE PRAZAS CENTROS EDUCATIVOS PARA O CURSO 2020 - 2021

Do 1 ó 17 de febreiro estará aberto o período de  RESERVA DE PRAZAS para o IES RAMÓN CAAMAÑO para o curso 2020-2021.

Lémbramos ás familias do alumnado de 6º de primaria dos centros adscritos que deben formalizar a súa "Solicitude de Reserva de Praza" neste período e que deben presentala no seu centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que precisará de Chave365 ou Certificado Dixital.

01 - 17 FEBREIRO

FAMILIAS

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual (como en cursos anteriores) ou a través da aplicación ADMISIONALUMNADO no menú:

 

Solicitudes - Reserva - Crear

 

Modelo ED550A de reserva de praza para a súa presentación "manual" (poden descargalo aquí, pedílo no seu centro educativo ou descargalo directamente da ventá introductoria da aplicación ADMISIONALUMNADO).

 

 

Publicaremos a listaxe de admitidos con asignación de prazas nesta reserva o 28 de Febreiro

 

 

TODOS A PATINAR!!!

Último día de clase no primeiro trimestre, saimos cedo para encarar a ardúa tarefa de ter que patinar, xogar, chocar, caer, rir e despistarse si...un pouco, coa hora de volta. Pasámolo de Medo!!!

25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLÉNCIA DE XÉNERO

Concentrámonos alumnado, profesorado e persoal subalterno do IES Ramón Caamaño hoxe 25 de Novembro de 2019 xunto cos CPI Virxe da Barca, Persoal do CIM de Muxía, Alcalde, Concelleira de Igualdade e persoal do concello e veciñas e veciños de Muxía, para alzar a nosa voz clara e rotunda contra a Violencia de Xénero, e para esixir medidas eficaces contra este cancro que só se pode combater desde a unión, a educación e unha sociedade na que prime o amor, o respeto a tolerancia e por riba de todo a IGUALDADE entre homes e mulleres. Falou unhas verbas o alcalde Iago Toba para logo darlle paso a Concelleira de Igualdade Olalla Benlloch que leu un manifesto elaborado polas mulleres que conforman o CIM; pola nosa parte Johana Haz, Sara Haz, Marta Caamaño, Silvia Toba de 1º da ESO e Carla Martínez e Lucía Pazos de 2º leron tamén un maravilloso manifesto escrito por esta última. Léron tamén Sofía Valiña, Cristina Quintáns e Laura Santiago de 3º e 4º da ESO unha escolma de frases: denuncias, críticas proclamas alusivas ó tema froito do traballo nas aulas. Para rematar Silvia e Johana de 1º da ESO leron dous poemas da súa autoría, un deles un "acróstico" formando a palabra IGUALDADE. Foi un acto moi emotivo, ver como veciños e estamentos públicos de Muxía faciamos causa común.

Agradecer ó profesorado que estivo as semanas previas traballando co alumnado nas aulas, facendo diversas pancartas para visibilizar o tema no centro, e ó que axudou na elaboración da actividade de visionado colectiva nos segundos recreos da semana previa e posterior ó 25 de Novembro: PON AS LENTES VIOLETAS, que consistiu e consiste no visionado de "curtas" de poucos minutos con temática de denuncia sobre a violencia de xénero na pantalla do hall do centro. Tamén durante os primeiros recreos se proxectan videos musicais de artistas que coas súas letras axudan a visibilizar o problema.

LINKS

MANIFESTO "ESTOU FARTA" (Coral a 6 Voces) por LUCÍA PAZOS TRILLO

ESCOLMA DE FRASES, PROCLAMAS, REIVINDICACIÓNS 25N ALUMNADO

POEMA "PORCALLÁN ERES" por SILVIA TOBA CORRAL

ACRÓSTICO "IGUALDADE" por JOHANA HAZ SAR

MANIFESTO DO CONCELLO DE MUXÍA

PON AS LENTES VIOLETAS

CARTACES NO CENTRO

VIDEO REINTERPRETACIÓN DO TEMA "MATRIARCAS" DE GUADI GALEGO.

ALUMNADO DE 4º DA ESO

 

MAGOSTO NO IES RAMÓN CAAMAÑO 08-11-2019

O pasado día 08 de novembro de 2019 celebramos o magosto no noso centro. Logo da incertidume de poder facelo nesa data por mor da chuvia e do vento que non cesaba, e despois de cambiar a localización do mesmo dentro do propio recinto do instituto varias veces antes das 10:00 da mañá, comezamos por fin a cousa. Foi unha mañá estupenda! Pasámolo de medo xogando ós xogos tradicionais, carreira de sacos, tira da corda por equipos, petanca, o xogo da chave, zancos, etc...,  e especialmente a competición por parellas de: "O xogo do chocolate". Papamos castañas comemos chourizos e alumnas e alumnos arrincaros coas pandeiretas e os alalás e cantigas populares e comezamos a bailar un bo anaco. En fín...unha mañá estupenda. Acompañáronnos tamén as aboboras tardías do Samaín sempre vixiantes.

CAMPAÑA DE ESQUÍ 2020 DEPUTACIÓN DE A CORUÑA

Informamos a tódolos pais/nais/titores/as legais de que a Deputación da Coruña puxo xa en marcha a CAMPAÑA DE ESQUÍ 2020 na que está incluido o Concello de Muxía cunha adxudicación de "CATRO PRAZAS". Desde o centro queremos animar ós pais/nais/titores/as legais a que cumprimenten a solicitude e animen os seus fillos, xa que cremos que é unha oportunidade para que realicen un deporte diferente  e de coñecer e establecer vínculos e socializar con outros rapaces e rapazas de Galiza. Debaixo do cartaz deste post atoparán os links á información relevante sobre o "procedemento" e á "solicitude". Lembramos tamén que esta información xunto co tríptico de solicitude atoparano tamén impreso no taboleiro de alumnado do centro así como nas dependencias do Concello de Muxía.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: ATA O 04 DE DECEMBRO ÁS 12:00 HORAS

Link a: CAMPAÑA ESQUÍ CARTA-INFORMACIÓN 2020

Link a: CAMPAÑA ESQUÍ TRÍPTICO-SOLICITUDE 2020

 

CICLO ETNOGRÁFICO DE CINEMA GALEGO

Hoxe facémonos eco desta interesantísima proposta de "CICLO ETNOGRÁFICO DE CINEMA GALEGO" coa colaboración de diversas entidades como son: "Boca de Sapo", "Universidade Popular de Corcubión",  "Universidade Cromática de Corcubión", "Concello de Corcubión" e "Deputación da Coruña".

O Ciclo terá lugar na Capela do Pilar de Corcubión o venres 29 de Novembro ás 20:00 horas. Proxectaranse 5 curtametraxes e unha longametraxe que tratarán sobre as costumes, os rituais, a tradición e aspectos antropolóxicos ligados ó mundo rural.

Desde o ámbito educativo cremos que esta é unha interesantísima proposta e animamos a profesorado,  pais/nais e alumnado a que acudan a esta cita e poidan disfrutar dun cinema diferente, fóra do ámbito do comercial,  de produción maioritaria galega e en galego e que en moitos aspectos ten que ver con nós ou é moi cercano a nós como Costa da Morte que somos (periferia e rural).

CICLO ETNOGRÁFICO DE CINEMA GALEGO

VENRES 29 NOVEMBRO

20:00 horas

CAPELA DO PILAR DE CORCUBIÓN

 

Reseña en Quepasanacosta.gal. LIGAZÓN

Reseña na Voz de Galicia. LIGAZÓN

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN E PROMOCIÓN. IES RAMÓN CAAMAÑO 19-20

A CONTINUACIÓN APARECEN OS ENLACES PARA PODER VISUALIZAR OS CRITERIOS DE AVALIACIÓN E PROMOCIÓN, ASÍ COMO OS PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN DAS DIFERENTES MATERIAS QUE SE IMPARTEN NO IES RAMÓN CAAMAÑO NO CURSO 2019-2020. ESTES APARECEN REFERIDOS NAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS DE CADA DEPARTAMENTO QUE PODEN CONSULTARSE NO CENTRO.

Bioloxía e Xeoloxía e Cultura Ciéntífica (BiXe e CuCi)

Lingua Castelá e Literatura (LCeL) Cultura Clásica (CuCLa)

Educación Física (EF)

Física e Química (FQ) Francés (2Fr)

Lingua Galega e Literatura (LGeL)

Inglés (Ing) Investigación e tratamento da Información (ITI)

Latín (Lat)

Matemáticas (Mat) Música (Mus)

Educación Plástica Visual e Audiovisual (EPVeA)

Tecnoloxía (Tec) Tecnoloxías da Información e Comunicación (TICs)

Valores Éticos 1º e 4º 2º e 3º (Val Et)

Xeografía e Historia (XeHi)  

XORNADA DE FORMACIÓN DE AMPAS

Anuncio da "Xornada de Formación de AMPAS" que terá lugar no CEIP Eduardo Noya (Vilarmide - Muxía) o 22 de Novembro de 2019 de 19:00 a 22:00 horas. Animamos a tódolos pais/nais/tirores/as legais que acudan a esta reunión para posteriormente  poder conformar unha AMPA no noso centro e ter así representación e capacidade de participación activa no centro. A xornada está organizada pola Federación Provincial de AMPAS da Coruña e Costa da Morte, pola Confederación de AMPAS Galegas e polo colectivo Libres e Combativas.

Distribuir contido


by Dr. Radut