Skip to Content

Novas

"STAT WARS" O IMPERIO DOS DATOS - CHARLA-OBRADOIRO INTERACTIVO - DEP. MATEMÁTICAS

O pasado venres 17 de decembro de 2021 desenvolveuse no centro unha actividade organizada polo Departamento de Matemáticas coa colaboración da USC na que se tratou de posicionar o mundo dos datos na perspectiva actual, ofrecendo breves píldoras de aplicacións moi recentes nas que se abordan problemas relacionados con datos de alta dimensión e que ofrecen solucións prácticas moi interesantes en campos como a medicina, economía, deporte, redes sociais ou neurociencias. A charla estimulou a participación activa do alumnado para que poidera intuir de maneira interactiva qué é o  Big Data ou a Ciencia de datos, termos de moita actualidade nos medios de comunicación. A charla amenízouse cun concurso e intervencións do alumnado. Agradecemos á profesora Jenifer Espasandín e as compañeiras da USC por ter organizado unha xornada tan interesante e divertida.

 

LIBRERÍA AENEA - MOSTRA DE LIBROS E MATERIAIS DIDÁCTICOS Ó ALUMNADO - ACTIVIDADE BIBLIOTECA

O pasado 30 de Novembro de 2021, desenvolviuse unha actividade organizada pola Biblioteca do Centro na que Lola, xerente da Libraría Aenea de Santiago de Compostela, amosou materiais diversos ó alumnado para que eles fosen os protagonistas da escolla de obras literarias así como de xogos interactivos que lle resultasen atractivos. Unha actividade interesantísima onde o alumnado pudo tocar, revisar e comprobar de primeira man unha gran cantidade de material moi diverso. A mostra foi acompañada dunha explicación pormenorizada dos diversos materiais e da "cultura editorial", así como de preguntas do alumnado sobre o visto. Un luxo. Grazas Lola polo esforzo!.

 

 

CONCENTRACIÓN 25N - DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O pasado 25N alegrámonos de poder facer tod@s xunt@s a concentración para a descelebración do "Día Internacional contra a violencia de xénero": Membros do Concello, CIM de Muxía (Centro de Información á Muller), veciñanza e Comunidade Escolar do IES Ramón Caamaño. Olalla Benlloch, concelleira de Igualdade leu o manifesto; un grupo de mulleres liderada por Ángela Andrea Aguirre (sicóloga que desenvolve un obradoiro para o Concello de Muxía) realizaron a "danza do empoderamento"; Cristina Negreira Barcia, profesora de lingua Castelá e Literatura recitou un maravilloso poema da súa autoría; Darío Canosa Barrientos (alumno de 1º da ESO) arrancou cun texto propio, fresco,  feito exprofeso; alumnado de 2º da ESO acompañou interpretando un Rap da autoría de Iker Alvarellos Romero; e David Creus Andrade recitou un poema sobre o "amor". Nas semanas previas, titor@s e profesorado dos diversos grupos, traballaron co alumnado slogans e frases para as pancartas que realizou o alumnado de Plástica de 4º da ESO.

Unha concentración de reivindicación e de esperanza para descelebrar este día e que avancemos na igualdade efectiva e non se repita outra vez a mesma historia.

Grazas a tod@s pola colaboración!

 

POEMAS, RAP E TEXTO LIDOS E TECITADOS NA CONCENTRACIÓN
Cristina Negreira Barcia Enlace ó poema
Darío Canosa Barrientos Enlace ó texto
Iker Alvarellos Romero Enlace ó Rap
David Creus Andrade Enlace ó poema

 

VIDEOS E IMAXES DA CONCENTRACIÓN

 


POEMA DE CRISTINA NEGREIRA BARCIA

 

TEXTO DE DARÍO CANOSA BARRIENTOS

 

RAP IKER ALVARELLOS ROMERO E ALUMNADO DE 2º ESO

 

 

 

COMO DAR CLASES AOS QUE NON QUEREN - JOAN VAELLO

Estimadas familias:
Mañá martes, 23 de novembro, contaremos coa visita de Joan Vaello Orts, psicopedagogo que leva toda una vida adicado á educación e cunha dilatada experiencia como orientador, director, inspector e profesor de psicoloxía na UNED.
Joan Vaello é tamén un prestixioso autor que ten publicados varios libros que tratan de atopar estratexias para motivar ao alumnado que non quere estudar:  “Cómo dar clase a los que no quieren”, “Las habilidades sociales en el aula” ou “Resolución de conflictos en el aula” entre outros.

Estades convidad@s á charla-obradoiro que se celebrará mañá de 16:30 a 18:30 horas na biblioteca do IES Ramón Caamaño.

CONFERENCIA COMO DAR CLASES ÓS QUE NON QUEREN JOAN VAELLO ORTS MARTES 23 NOV- 16:30 ás 16:30 BIBLIOTECA IES RAMÓN CAAMAÑO

MAGOSTO 21-22 IES RAMÓN CAAMAÑO 05-11-21

O pasado 05 de novembro tivemos a inmensa ledicia de desfrutar porfín do Magosto, lastrado ós dous últimos anos pola pandemia COVID 19. Disfrutamos dunha xornada de convivencia tod@s xunt@s onde os xogos populares e tradicionais, a poesía, e o tradicional asado de castañas e chourizos foron os platos principais. Grazas a td@s pola colaboración. Unha xornada estupenda. Parabéns especiais ó alumnado pola altísima participación nos diferentes xogos.

 

LISTAXE DE GAÑADOR@S DOS XOGOS POPULARES
XOGO 1º CLASIFICADO * 2º CLASIFICADO
A PETANCA Roberto Carreira Lestón (4º A ESO) Xavi Ferreira Santos (1º A ESO)
TIRA DA CORDA Xoel Lagoa Domínguez (1º A ESO)Iria Canosa Santos (2º A ESO)Yaiza de la Barca Sar Sambad (1º A ESO)Lucas García Luaces (3º A ESO)Yomara Amado Ruíz (2º A ESO)  
A RÁ Paula Rey Toba (2º B ESO)  
A CHAVE Juán Soto Domínguez (4º A ESO) Lucas García Luaces (3º A ESO)
CARREIRA DE SACOS Lucas García Luaces (3º A ESO)  
CARREIRA DE ZANCOS Alejandro Montero López (2º A ESO) Darío Canosa Barrientos (1º A ESO)

 

* Nalgúns casos non hai segundos clasificados por non ter unha ultima ronda final para establecer o desempate, ou por dinámicas internas xurdidadas no propio desenvolvemento do xogo.

Tod@s os gañador@s e clasificad@s recibirán un vale de 2 euros para gastar na cafetería do instituto.

PETANCA

TIRA DA CORDA

A RÁ

A CHAVE

CARREIRA DE SACOS

XERAL E PARRILLER@S

VISITA A EXPOSICIÓN "O DIVÁN DE FREUD NO FARO DO FIN DO CAMIÑO" - GERVASIO SAR - 29 OUTUBRO

 

INTERESANTISIMA exposición de GERVASIO SAR na Sala da Camposa (Muxía). Estes días levei os meus alumnos a visitar, disfrutar e analizar a mostra deste Mariñeiro, pintor, amante de Muxía e do mar, sufridor dunha enfermidade, o Parkinson, que o levaría a cadeira de rodas, pero non por iso menos loitador e libre . Neste caso autorretratos. O título da exposición é moi significativo: " O divàn de Freud no faro da fin do camiño", aludindo a unha das figuras de màis relevancia no eido da psicoanàlise, a contrucción do "eu", o funcionamento do inconsciente, e a relación co mundo dos soños, que se plasma na imaxinería de elementos que aparecen e a súa disposición nos cadros. Pintura sincera, humilde e rotunda, chea da forza da variedade e intensidade da cor (plana), e da sinxeleza e finura no trazo dos contornos que compoñen os planos dos rostros que sintetizan en forma bàsica o " eu" autorretratado. Barco, pendente, brinca, gueivota, àncora, estrela, corazón, flor, libro, cigarro, pipa escudo do Depor, elementos significativos orbitantes. Ceras sobre DM. Material bàsico que afonda na idea da humildade, da sinceridade, ós que el lle tira partido, brillo. Autodidacta, pero que mira e é consciente do afóra coma neses dous cadros nos que remite à pintura e imaxinario de Francis Bacon e de Joàn Miró. Fermosa tamén a relación establecida co pobo. Moitos veciños teñen cadros del, vense nos baixos contra as fiestras cara o exterior, penduran das paredes do noso centro...E Muxía, retratada no cartaz da exposición flanqueada polo secadoiro de congros e o monte do Corpiño.

1º ESO

1º ESO

3º ESO

4º ESO

 

 

SAMAÍN 2021. ENTREGA DE PREMIOS

O pasado venres 29 de Outubro celebramos o Samaín coa entrega de premios do concurso de "microrrelatos de terror" organizado polos departamentos de Língüa Castelá e Literatura, Língua Galega e Literatura, Departamento de Dinamización Lingüística e Biblioteca. Foi unha mañá moi especial xa que na entrega de premios o alumnado leu e interpretou os seus relatos nunha atmósfera de intriga, medo e terror. Había dúas categorías: 1º e 2º da ESO e 3º e 4º ESO. Grazas a María Jesús a nosa conserxe que axudou a atrezzar os espazos do instituto con imaxinería terrorífica e a Cristina por realizar o estupendo cartaz do evento. Parabéns ós premiados e grazas a tod@s pola participación.

PREMIADOS

DARÍO CANOSA BARRIENTOS (1º A ESO )

SHAMIRA HRIMOU RODRÍGUEZ ( 2º B ESO )

JOHANA HAZ SAR ( 3º A ESO )

MARTA CAAMAÑO VIGO ( 3º A ESO )

CARTAZ REALIZADO POR CRISTINA NEGREIRA BARCIA

 

EXPOSICIÓN DE TRABALLOS DA ARTÍSTA MULTIDISCIPLINAR CANDELA DE PABLO MARTÍN-FORERO - 25 OUT - 08 NOV

Hoxe 25 de outubro, inauguramos nas instalacións do IES Ramón Caamaño de Muxía,unha mostra cos traballos da xove artista multidisciplinar lucense Candela de Pablo Martín-Forero. Realizou o Bacherelato artístico e formouse con posterioridade no Ciclo Superior de Grabado e Técnicas de Estampación na ESAD Ramón Falcón de Lugo e no Ciclo Superior de Ilustración na ESAD Antonio Failde de Ourense. Presenta obras de pequeno formato con ampla variedade de técnicas: pintura o óleo, serigrafía, fotografía, ilustración, arte dixital, grabado (punta seca, augaforte, verníz brando, gofrado). Realizou unha presentación ós diferentes grupos de alumnado do centro (1º a 4º ESO), facendo un percorrido polas diversas técnicas empregadas e os procesos de realización das obras, así como tamén explicando o seu universo imaxinario e os motivos e inquedanzas persoais que a levan a crear. Un universo poético que a través dunha figuración moi cercana á ilustración, o cómic e a arte urbana, conectou xa de primeiras co noso alumnado que en todo momento interesouse, fixo preguntas e tamén amosou as súas primeiras creacións para que a artista llas comentara e lles dera consellos. Un auténtico luxo contar coa súa presenza nunha xornada de entusiasmo, de achegamento e visibilización da arte nos centros educativos onde os máis xoves poden descubrir que tamén o eido artístico pode constituir unha saida laboral ademáis do pracer que conleva a creación.

Candela de Pablo Martín-Forero leva xa 5 anos de experiencia laboral realizando numerosos encargos en diversas disciplinas e segue na actualidade a formarse no ámbito da tatuaxe (extensión da arte á pel). O seu obxectivo: “busco a oportunidade de unirme ó mundo editorial para publicar os meus traballos e dar forma ó traballo de outros.

A mostra permanecerá aberta ó público ata o 08 de Novembro en horario escolar agás nos recreos por motivos de protocolo COVID19.

SESIÓN DE SENSIBILIZACIÓN Á XORDEIRA E INTRODUCIÓN Á LINGUAXE DE SIGNOS (LSE)

Hoxe, día 22 de outubro, disfrutamos dunha interesantísima actividade organizada polo Departamento de Língüa Castelá e Literatura sobre a "Sensibilización ó problema da xordeira e a introdución á linguaxe de signos (LSE)". A actividade foi dirixida a alumnado de 3º e 4º da ESO. Isabel e Eva, membros da "Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG)" foron as encargadas de levar a cabo a actividade en sendos grupos. Ademáis da presentación da asociación e da sensibilización do problema concreto da xordeira o alumnado iniciouse de forma práctica aprendendo a signar na Linguaxe de Signos. Unha grande oportunidade para que o alumnado coñeza de primeira man a problemática da xordeira e saque partido e vexa as grandes posibilidades que ten a comunicación a través desta lingüaxe.

SESIÓN 4º ESO

SESIÓN 3º ESO

Como colofón, as representantes da asociación agasalláronnos cun libro-guía de "Os Bolechas" introductorio a Linguaxe de Signos. Moi agradecidos.

VISITA Ó ALBERGUE BELA MUXÍA

 

O pasado 24 de setembro realizamos unha visita @s alumn@s de 1º A ESO ó albergue Bela Muxía. Este albergue pertence á rede de albergues xuvenís de España, neste caso é de ámbito privado. Os obxectivos da visita: A contextualización e relevancia de Muxía dentro do camiño xacobeo. O patrimonio a visitar, o funcionamento do día a día dun albergue de peregrinos (as instalacións básicas precisas), a arquitectura do albergue e o seu funcionamento sustentabel e ecolóxico, o albergue como lugar de encontro multicultural e multilingüístico (diferentes naciolalidades), as posibilidades e requisitos para nun futuro poder ser usuarios do albergue, as saidas laborais relacionadas co sector turístico e de albergues, a crecente importancia de Muxía como sector turístico, etc... Coidamos que foi unha visita moi productiva e de gran interese da man do seu propietario Pepe Formoso e do hospitaleiro Ángel Castro que en todo momento mantiveron o interese de todo o grupo.

Enlace á reseña en "El correo Gallego": ENLACE

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut