Skip to Content

Novas

AVISO ALUMNADO E FAMILIAS DIVERSOS SERVIZOS DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Querido alumnado e familias:

O departamento de Orientación do IES Ramón Caamaño quere recordar os servizos e materiais de axuda colgados no seu departamento e na aula virtual do centro ó que tedes acceso aberto. Os contidos son variados: Orientación Académica e profesional, actividades, información e recursos sobre o COVID-19, ...e outros de moito interese. Para quen non esté familiarizado ca páxina describo a ruta en imaxes para acceder e o final do post deixo colgado dúas ligazóns directas a ORIENTACIÓN AULA VIRTUAL e DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN. Un saúdo.

RUTA NORMAL DE ACCESO

               

ACCESO DIRECTO LIGAZÓNS

ORIENTACIÓN AULA VIRTUAL                        DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

NOVAS TAREFAS ALUMNADO 14-24 DE ABRIL

Estimadas familias:

Á espera de novas instruccións por parte da Consellería de Educación Universidade e Formación Profesional, que se reune co Ministerio de Educación Estatal hoxe día 15 de abril, cremos oportuno fornecer de novas actividades ó alumnado ante este escenario imprevisible e incerto. Recalcar que desde a dirección pedimos ó profesorado que desenvolvera tarefas de repaso e que adiantaran algún pequeno contido da terceira avaliación. En canto teñamos novas máis concretas faremosvolo saber neste medio. Moitas grazas pola colaboración e disculpade as molestias.

NOVAS ACTIVIDADES PARA A PRRÖRROGA DA CUARENTENA 30-03-2020

Estimadas Familias:

Tedes colgadas desde onte no BARQUIÑO ALUMNADO (premer para acceder ó contido) as novas tarefas a desenvolver polo alumnado durante o período de prórroga da cuarentena. Tamén volven a estar activos os enlaces das primeiras tarefas de determinadas materias que hoxe se desactivaron  por causa dun erro técnico.

Grazas e un saúdo.

AVISO ÁS FAMILIAS - ENTREGA DE NOTAS ALUMNADO 2ª AVALIACIÓN CURSO 19-20

Estimadas Familias:

Seguindo as instruccións dadas no día de hoxe por Inspección Educativa procederemos no día de mañá (a ser posible) a comunicarvos as notas do alumnado a través de varios medios, preferiblemente Abalar Móvil e correo electrónico, e de non ser posible a través de wasap. Para isto no día de hoxe o equipo directivo do IES Ramón Caamaño está chamando ás casas para solicitarvos un medio fiable e acorde para poder enviarvolas notas. Disculpade as molestas e a ncertidume creada con respecto ó post anterior onde decía que se "reterían as notas" ata a incorporación do alumnado ás aulas, pero a situación e as instrucións recibidas son cambiantes. O boletín físico, en papel, será entregado cando reingresemos aá actividade normal. Un cordial e afectuoso saúdo.

COMUNICACIÓN ÁS FAMILIAS PRÓRROGA ESTADO DE ALARMA ATA O 11 DE ABRIL DE 2020

LIGAZÓN Ó DOCUMENTO FIRMADO

Estimadas familias do alumnado do IES Ramón Caamaño:

Tal como decretou o Goberno Central coa aprobación do Congreso dos Deputados reunido en sesión plenaria o pasado 25 de Marzo, prorrógase o estado de alarma ata o 11 de Abril de 2020. O alumnado non ten que asistir ó centro e incorporarse ás clases, en principio ata o 14 de abril, se ben este escenario é incerto xa que o Ministerio de Educación e as Consellerías de Educación das CC.AA están a valorar outras opcións segundo a evolución dos datos recibidos sobre a pandemia do coronavirus. A día de hoxe as instrucción recibidas por parte da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional son poucas e cambiantes debido a este momento excepional polo que se nos esixe como comunidade educativa paciencia e cautela. Entre as novas recibidas e a organización requerida para a xestión do curso académico cabe destacar as seguintes:

  • A sesión da 2ª avaliación do curso 19-20 realizarase o 1 de abril tal como tiñamos acordado no calendario escolar aprobado a inicio de curso. Valorarase ó alumnado tendo en conta as notas parciais de probas realizadas, notas de clase, notas de traballos e lecturas recomendadas…, ata o momento en que se decretou o Estado de Alarma. Esta avaliación do alumnado farase tendo en conta unha perspectiva de trimestre. Por motivos organizativos, legais (Lei de proteción de datos) e de igualdade e xustiza na comunicación dos resultados académicos ás familias ( a aplicación AbalarMóbil non é de uso xeralizado), non se comunicarán os resultados ata que recibamos instruccións específicas por parte da Consellería de Educación e se implemente un sistema consensuado para todos os centros. Sentimos as molestias derivadas desta circunstancia.

  • Quedan suspendidas as probas de Avaliación Diagnóstica de 4º de ESO no presente curso 19-20.

  • O goberno Central e as Consellerías de Educación das CC.AA están a valorar a incorporación do alumnado ós centros para o mes de Maio ou Xuño, segundo a evolución da Pandemia.

  • Facilitaremos ó alumnado novo material de traballo correspondente ós días 2 e 3 de abril e o período de Semana Santa. Estará colgado no apartado da web do centro ALUMNADO e aparecerá dentro de cada curso e materia como “NOVO” ó lado dos correspondentes colgados con anterioridade. Se o material está colgado na Aula virtual poñerá “AULA VIRTUAL”.

  • Lembrade que a comunicación entre equipo directivo, profesorado e familas é a través do correo electrónico e teléfono do centro: ies.ramon.caamano@edu.xunta.es e 881880775.

TELÉFONO DE ATENCIÓN SICOLÓXICA E APOIO EMOCIONAL DO CONCELLO DE MUXÍA - CADERNO DE TRABALLO PARA FAMILIAS SOBRE A SITUACIÓN ACTUAL

Reproduzo aqui parte da notificación feita por Soledad Agra (sicóloga do Concello de Muxía e membro do CIM-Muxía) que contén información  importante relativa á atención sicolóxica que brinda o Concello na actual crise que estamos a vivir polo Coronavirus a toda a comunidade educativa e veciños de Muxía:

INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA AS FAMILIAS - ACORDO DE ACTUACIÓNS DO CLAUSTRO REUNIDO O 13-02-2020

 

SUSPENSIÓN DE CLASES E MEDIDAS A ADOPTAR

IES RAMÓN CAAMAÑO

 

A Consellería de Educación decretou a suspensión das clases para o alumnado de ESO entre os días 16 e 29 de marzo, ambos incluídos.

 

O claustro de profesores reunido en xuntanza extraordinaria hoxe venres 13 de marzo ás 12:15 horas, tomou as seguintes decisións:

 

  1. Datas da avaliación.

    Mantense o 1 de abril como data de avaliación. O profesorado avaliará ao alumnado segundo o traballo e probas desenvolvidas ata o momento.

     

  2. Contidos académicos das diferentes materias.

    Durante estes 14 días de suspensión, os contidos e actividades a traballar polo alumnado desde casa colgaranse na páxina web do centro, na carpeta “ALUMNADO”.

    Para resolver calquera dúbida sobre este tema, o alumnado poderá contactar co profesorado a través do correo electrónico do centro ies.ramon.caamano@edu.xunta.es. ou chamando ao 881880775.

    Comezaremos a colgar tarefas a partir do luns 16 de marzo ás 14:00 horas.

     

  3. Horario do profesorado. (MODIFICADO)

     

    Atendendo ás novas instruccións da Consellería de Educación Universidade e Formación Profesional do 16 de Marzo de 2020 e por ser este un centro educativo de menos 6 unidades, non se require presenza de profesorado, persoal non docente e equipo directivo durante estes días, se ven está a disposición das familias via correo electrónico: ies.ramon.caamano@edu.xunta.es ou a través do teléfono do centro : 881880775 (desviado) para calquera consulta.

     

     

  4. Comunicación das familias co centro.

    Pedimos ás familias que se comuniquen co equipo directivo, o profesorado e o persoal non docente por vía telefónica ou por correo electrónico.

    As titorías previstas para estas datas quedan limitadas á vía telefónica.

    Evitade achegarvos persoalmente ao centro, salvo causa de forza maior, para cumprir coas medidas preventivas.

LINK O DOCUMENTO FIRMADO

 

 

MEDIDAS A ADOPTAR EN TODOS OS CENTROS DE ENSINO EN RELACIÓN COA PANDEMIA COVID- 19 PARA OS VINDEIROS 14 DÍAS NATURAIS CONTADOS DENDE O DÍA 16 DE MARZO DE 2020

A INFORMACIÓN QUE AMOSAMOS A CONTINUACIÓN VEN REFERIDA NO PORTAL DA CONSELLERIA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL E PODE CONSULTARSE NA SEGUINTE LIGAZÓN:

http://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus

MEDIDAS:

  • Suspensión de todo tipo de actividade lectiva regulada en todos os centros de ensino non universitario. Esta suspensión inclúe tamén os servizos educativos complementarios, nomeadamente, o comedor, transporte e servizo de madrugadores, con independencia de quen sexa o organizador dos devanditos servizos.

  • Suspéndense no ámbito educativo todas as viaxes de estudos, excursións, ou calquera tipo de desprazamento de grupos de alumnado ou de profesorado.

  • Suspéndense no ámbito educativo todo tipo de festivais, galas ou actividades que impliquen a reunión de alumnado.

  • O persoal docente e non docente terá a obriga de acudir ao centro educativo. Para os efectos de favorecer a conciliación do persoal con fillos e fillas menores de 18 anos ou maiores que presenten algunha discapacidade e persoas maiores dependentes, o equipo directivo poderá reorganizar o horario de permanencia no centro educativo de cada docente ou persoal de administración e servizos, cumprindo co cómputo total anual do mesmo e debendo reorganizar as tarefas para adecuar a prestación dos servizos básicos de información, atención e tutorización non presencial da súa comunidade educativa. Todo elo dentro do horario de apertura habitual do centro. Esta medida é de aplicación ao persoal que non presente sintomatoloxía.

  • Como medida extraordinaria para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral de aquel persoal con fillos e fillas menores de 18 anos ou maiores que presenten algunha discapacidade e persoas maiores dependentes, este poderá realizar a súa actividade laboral mediante o sistema de teletraballo nunha porcentaxe non superior ao 50% do seu horario total de permanencia no centro

  • O profesorado programará nas páxinas web dos centros ou por outros medios telemáticos, accesibles ao seu alumnado, actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que o seu alumnado as poida realizar no seu domicilio, e fará o seu seguimento, pero non terán carácter de avaliables.

  • Para o alumnado de 2º de Bacharelato o profesorado adoptará todas  as medidas específicas necesarias (telemáticas) para garantir de forma non presencial a continuidade das actividades lectivas dos contidos curriculares.

  • Suspéndense as prácticas de Formación Profesional (módulo FCT) que se realicen en empresas, incluídas as asociadas a Erasmus +

  • Reprogramarase individualmente para cada alumno ou empresa a actividade formativa nos centros de traballo para as ensinanzas impartidas na modalidade de FPDual.

  • Nos centros de Educación Especial con servizo de residencia NON se suspende a permanencia do alumnado, agás no caso en que presente sintomatoloxía, en cuxo caso, as autoridades sanitarias adoptarán as medidas pertinentes que garantan o non contacto co resto dos usuarios.

  • Suspéndese a permanencia de usuarios nos centros residenciais docentes.

  • Suspéndense todas as actividades de formación do profesorado que teñan carácter presencial.

CUESTIÓNS DE INTERESE:

Debido a improvisación e a falta de coordinación por parte do Goberno Autonómico na comunicación destas medidas, e a falta a día de hoxe de instruccións e outras medidas por parte da Consellería de Educación puntualizamos:

- As seguintes medidas son propostas nun contexto de urxencia polo que a súa duración pode variar si así o deciden as autoridades pertinentes.

- Suspéndense  as clases de forma obrigatoria do 16 ó 29 de Marzo ámbos inclesive. A asistencia do alumnado ó centro o día 13 de Marzo é "voluntaria".

- Ante esta falta de instruccións específicas o Claustro do IES Ramón Caamaño se reunirá en sesión extraordinaria mañá 13 de Marzo  para valorar e definir varios puntos que atinxen o desenvolvemento académico-curricular do alumnado como pode ser a inminente avaliación académica do 1 de abril.

- Das novas que se vaian producindo nas vindeiras xornadas e que sexan de interese para a comunidade escolar en relación a este tema daremos conta nesta páxina web.

- A partires de mañá poden consultar as súas dúbidas poñéndose en contacto con nós a través do correo elctrónico e do teléfono do centro:

ies.ramon.caamano@edu.xunta.es

881880775

GRAZAS E DESCULPEN AS MOLESTIAS

RASTRILLO RECAUDACIÓN EXCURSIÓN FIN DE CURSO IES RAMÓN CAAMAÑO (((CANCELADO)))

Quecendo motores para montar o rastrillo organizado polo alumnado de 4º da ESO e recaudar cartos para a excursión fin de curso do IES Ramón Caamaño a Sevilla. Pais, veciños e turistas tedes a oportunidade de levar produtos a bo prezo e así colaborar co noso alumnado. Estaremos os dias: venres 13, martes 17, martes 24 e venres 27 de marzo no "Cabo da Vila". Animádevos!!!

IGUALDADE ONDE ESTÁS? ESPECTÁCULO DE MAXIA FANITRIANA 10-03-2020

o pasado martes o noso alumnado tivo a oportunidade de disfrutar xunto co de 5º e 6º de primaria dos CEIP Os Muiños e CEIP Eduardo Noya (Vilarmide) dun espectáculo de maxia no que se traballou a temática da igualdade no marco da conmemoración do 8 de marzo día da muller. Unha maravilla compartir cos pequenos este día.

Distribuir contido


by Dr. Radut