TI SI QUE SABES!!! - CONVOCATORIA ABERTA
Achégase o final do curso e queremos festexalo entre tod@s. Por iso, animámoste/vos a presentarvos á 1ª edición do certame TI SI QUE SABES!!! Porque sabemos que sabes, que vales, que es creativ@ e que tes moita imaxinación e ganas. Esta convocatoria está aberta ao alumnado e profesorado do IES Ramón Caamaño. Podes participar individualmente ou en grupo.
Prepara/de unha pequena actuación duns minutos sobre algo que vos apeteza representar:
- Interpretar unha canción.
- Recitar un poema propio ou alleo.
- Facer un espectáculo de maxia.
- Facer circo, acrobacias, control do balón, aguante de respiración, malabares...
- Tocar instrumentos: pandeiretas, gaitas… Canto en vivo
- Trabalinguas
- Contada de chistes ou contos
- Representación teatral e parodias
- Axilidade mental, desafíos matemáticos e lingüísticos
- Combate de regueifas e Flows
- Etc... Todo o que a vosa imaxinación poida dar de si.
Haberá premios para as persoas gañadoras e un detalle para todas as participantes.
PARA ANOTARSE: Falar con DAVID ata o 18 de Xuño incluído.
A ACTIVIDADE DESENVOLVERASE O 22 DE XUÑO DURANTE OS ACTOS FIN DE CURSO
- 182 lecturas