Skip to Content

Taboleiro

Felices Festas!!!!

 

Folga do estudantado: 21, 22 e 23 de outubro

AVISO AO ALUMNADO - FOLGA DO ESTUDANTADO convocada para os días 21, 22 e 23 de outubro

Segundo o punto 5 da disposición final primeira da LOE:  "En los términos que establezcan las Administraciones educativas, las decisiones colectivas que adopten los alumnos, a partir del tercer curso de la educación secundaria obligatoria, con respecto a la asistencia a clase no tendrán la consideración de faltas de conducta ni serán objeto de sanción, cuando éstas hayan sido resultado del ejercicio del derecho de reunión y sean comunicadas previamente a la dirección del centro."

Os requisitos que teñen que cumplir son:

  • Facer unha reunión do grupo e comunicalo por escrito á dirección onde figure o nome dos que participan.
  • Modificacións o artigo 8 da lei orgánica de 1985.

Curso 2014-2015 - Inicio e presentación

School : Teacher Explaining Something to Students

    MARTES 16 DE SETEMBRO

  • 10:00h - Presentación do curso: 3º de ESO 
  • 10:30h - Presentación do curso: 4º de ESO + FP básica
  • 11:00h - Presentación do curso: 1° e 2° de BAC
  • 11:30h - Presentación do curso: 2º de ESO
  • 12:00h - Presentación do curso: 1º de ESO

   MÉRCORES 17 DE SETEMBRO  

  • 10:00h - Presentación dos Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior:1º Curso
  • 11:00h - Presentación dos Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior:2º Curso

As clases empezarán o día seguinte da presentación do curso con total normalidade.

Matrícula ciclos formativos : prazo extraordinario

 Prazo extraordinario: do 1 ao 12 de setembro

 máis información:www.edu.xunta.es/fp

 

máis información en www.edu.xunta.es/fp

 

Matrícula de setembro para o curso 14-15

MATRÍCULA MASIVA

   Luns 8 de setembro - 09h00-13h00        

                                                                                           

   

  IMPRESOS DE MATRÍCULA

Listado Libros de Texto curso 14-15

Antes de mercalos, infórmate sobre o BANCO SOLIDARIO DE LIBROS que organizan as familias.

Na seguinte ligazón podes consultar o listado de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2014-2015.

application/pdf icon LIBROS DE TEXTO 2014-2015

Probas extraordinarias de Setembro 2014

PROBAS EXTRAORDINARIAS DE SETEMBRO 2014
SUCCESSFUL School Exams : groupe d'étudiants qui étudient ensemble dans la classe

Luns 1

Martes 2

Mércores 3

Convocatoria extraordinaria de exames. Prema na seguinte ligazón para consultar o calendario. A distribución de grupos en aulas será feita polo profesorado no momento do chamamento ás probas.
News image Mércores 3
Avaliación de 2º de BAC e entrega de notas ás 12h00.   (Período de reclamacións do 5 ao 7 de setembro)

Xoves 4

Avaliación de  ESO e 1º de BAC

Venres 5 10:00h
Entrega de Notas. (Período de reclamacións do 5 ao 8 de setembro)

Requisitos de renda e patrimonio familiar e as contías das bolsas e axudas ao estudo para o curso 2014-2015. MEC - BOE 14 xuño 2014

O Ministerio de Educación publica no BOE do 14 de xuño de 2014 os requisitos de renda e patrimonio familiar e as contías das bolsas e axudas ao estudo para o curso 2014-2015, tanto para ensinanzas non universitarias como para ensinanzas universitarias.

Avaliación de diagnóstico 2014

SUCCESSFUL School Exams : groupe d'étudiants qui étudient ensemble dans la classeProbas de Avaliación de diagnóstico - 2º ESO

Datas: 3 e 4 de xuño 

Resolución 23/01/2014 DOG.

Abalar Móbil para as familias

O noso centro foi seleccionado para participar na 3ª fase da implantación de AbalarMóbil. 
Abalar Móbil é unha aplicación gratuita que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.
As familias do alumnado xa poden descargar a App en GooglePlay e AppStore. No caso de algún problema coa descarga, podrán acudir ao centro solventar o problema.
 
Toda a información no portal educativo: Espazo Abalar

 

Probas de acceso de grao superior - 07/05/14

Instrucións para a súa realización. Convocatoria 2014

Documentación que se precisa

As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e copia da folla da solicitude de inscrición.

Non se permitirá o acceso ao lugar de celebración da proba sen os devanditos documentos.

As persoas que teñan algún problema de identificación terán que dirixirse ao tribunal, que valorará as incidencias e tomará as decisións que considere oportunas.

Horario das probas

Presentación: Ás 9:00 horas.

Parte común da proba: Das 10:15 ás 13:30 horas (matemáticas, lingua galega e lingua castelá).

Parte específica da proba: Das 16:00 ás 18:30 horas: materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo.

En cada chamamento as persoas inscritas estarán situadas nos lugares designados polos centros. As persoas que estean exentas de realizar a parte común acudirán directamente ao chamamento antes das 16:00 horas. As persoas que estean exentas de realizar a parte específica acudirán soamente ao hamamento das 9:00 horas. As persoas que estean exentas das dúas partes non terán que acudir á celebración da proba.

Non será posible abandonar o lugar de realización da proba ata que o tribunal dea a autorización.

Advertencias

 Non se poderá acceder ao lugar de realización das probas con móbiles nin calquera dispositivo electrónico, agás as calculadoras permitidas para a realización das probas.

 O tribunal dará as instrucións pertinentes para o correcto desenvolvemento das probas. Non seguilas poderá ser causa de exclusión.

Materiais que se poden empregar para a realización das probas

 Bolígrafos de tinta negra ou azul.

 Calculadora científica, agás as que sexan programables, gráficas ou con capacidade para almacenar e transmitir datos.

 Para a proba de debuxo técnico, materiais básicos de debuxo: lapis, compás, regra, escuadra e cartabón.

 

Inmersión lingüística en inglés

Becas para un curso intensivo de inmersión lingüística en inglés, en España, destinadas a estudantes becarios de Bacharelato, Ciclos Formativos de Grado Medio de F.P., Artes Plásticas e Deseño, Ensinanzas Deportivas, Profesionais de Música e Danza e de Idiomas 2014

Acceso ao servizo online

Descrición:
Curso intensivo de inmersión lingüística en inglés dunha semana de duración, en distintos puntos de España, convivindo e realizando actividades en réxime de internado con persoal anglofalante nativo de países de lingua inglesa.

Requisitos:
     Ter nacido entre 0 1 de xaneiro de 1994 e o 31 de decembre de 1997
     Ser becario, no curso 2013/14, da convocatoria xeral de becas do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
     Estar matriculado no curso 2013/2014 en:
         - Bacharelato
         - Grado medio de Formación Profesional
       - Ter aprobado totalmente o curso inmediatamente anterior e ter obtido unha nota final mínima de 7 puntos en inglés.   

Dotación:
A axuda cubre todos os gastos de ensinanza, material, manutención e aloxamento, aínda que o alumno seleccionado deberá abonar 100 €.
 
Prazo de presentación ata o 02 de abril de 2014

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE FP

Convócanse por parte da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativo, de xeito ordinario, probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e grao superior de formación profesional en centros sostidos con fondos públicos para o ano 2014.

Prazo de inscrición nas probas de acceso:

  • Ciclos formativos de grao medio: Entre os días 31 de marzo e 11 de abril de 2014, ambos os dous incluídos.
  • Ciclos formativos de grao superior: Entre os días 10 de marzo e 21 de marzo de 2014, ambos os dous incluídos.

Toda a información:

Probas acceso a ciclos formativos de grao medio.

Probas acceso a ciclos formativos de grao superior.

Convocatoria DOG    Calendario

Galeuropa 2014 - proxecto de mobilidade galega

CARTEL_GALEUROPAAta 300 prazas para a realización de prácticas formativas non remuneradas en empresas de calquera estado ou país do mundo, durante 8 semanas.

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, é a promotora da Orde do 20 de febreiro de 2014, pola que se establecen as bases que rexen as axudas para o programa Galeuropa a mozos e mozas para a realización de prácticas formativas non remuneradas en empresas de calquera estado ou país, agás España, e se procede a súa convocatoria.

Requisitos:
a) Ser galego/a e estar empadroado/a en calquera concello de Galicia.
b) Ter entre 18 e 30 anos ao remate do prazo de presentación de solicitudes.
c) Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións,ou estar en condicións de obtela no momento de presentar a solicitude:
d) Que esta titulación sexa dos cinco últimos anos e estea acreditada por calquera centro público ou privado de Galicia.
e) Coñecer a lingua do país de destino elixido na solicitude.

Período das prácticas: ata o 30 de outubro de 2014

Solicitudes: a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, dirixidas á Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, vía electrónica ou por rexistro

Prazo de inscrición: ata o 28 de marzo de 2014.

Máis información....

Distribuir contido


by Dr. Radut