Skip to Content

Taboleiro

ANÁLISE AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO 2012

Na avaliación das competencias realizada ao alumnado de 2º da ESO no curso 2011-2012 o IES Perdouro superou a media do grupo ISEC (Índice Socio Económico) de referencia nos resultados acadados para as competencias avaliadas.

Competencia 

Media ISEC

Media galega

IES Perdouro

Diferenza 

Lingüistica

492

500

527

35

Matemática

488

500

506

18

C. I.Medio Físico

493

500

494

1

Na competencia matemática e lingüística tamén está por enriba da media xeral galega. Parabéns para toda a comunidade educativa do noso centro por estes máis que satisfactorios resultados.

Análise dos resultados Síntese dos restultados

Ligazóns probas avaliación diagnóstico

(Profesorado/Doc. Profesorado)

 

 Guía de intervención avaldía

(Profesorado/Doc. Profesorado)

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE FP

Convócanse por parte da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativo, de xeito ordinario, probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e grao superior de formación profesional en centros sostidos con fondos públicos para o ano 2013.

Prazo de inscrición nas probas de acceso:

  • Ciclos formativos de grao medio: Entre os días 28 de xaneiro e 8 de marzo de 2013, ambos os dous incluídos.
  • Ciclos formativos de grao superior: Entre os días 28 de xaneiro e 8 de febreiro de 2013, ambos os dous incluídos.

Toda a información:

Probas acceso a ciclos formativos de grao medio.

Probas acceso a ciclos formativos de grao superior.

Convocatoria DOG   
Calendario

Feliz 2013!

FELIZ 2013!

Elección ao Consello Escolar - renovación

CALENDARIO PARA A CELEBRACIÓN DE ELECCIÓNS segundo a Resolución do 7 de setembro de 2012 (DOG do 20)

No mes de novembro celébrase as eleccións para elixir os representantes para o Consello Escolar (renovación parcial): profesores, persoal non docente, pais/nais e alumnos.

DOG 20/09/2012 calendario para a realización de eleccións dos membros dos consellos escolares dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

Calendario electoral que ordenará o proceso de renovación parcial do Consello Escolar

  • 31 de outubro: sorteo dos membros que formarán parte da Xunta Electoral
  • 8 de novembro: 1ª reunión  da Xunta Electoral e pubicación do censo electoral dos diferentes sectores.
  • 20-22 de novembro: aberto o prazo para presentación de candidaturas ao consello escolar tanto de profesores, pais/nais como de alumnos.
  • 22 de novembro: 2ª reunión da Xunta Electoral - proclamación de candidatos e o sorteo das mesas electorais
  • 26 de novembro: votacións
  • 17h00-19h00: Pais, nais e titores legais do alumnado
  • 18h30 : Profesorado, no claustro extraordinario
  • 29 de novembro: votación
  • 08h30-18h30: Alumnado
  • 3 de decembro: 3ª reunión da Xunta Electoral e proclamación dos candidatos electos.
Qué é o Consello Escolar?
definic

FOLGA 16,17 e 18 de outubro

AVISO AO ALUMNADO - FOLGA DO ESTUDANTADO convocada para os días 16, 17 e 18 de outubro

Segundo o punto 5 da disposición final primeira da LOE:  "En los términos que establezcan las Administraciones educativas, las decisiones colectivas que adopten los alumnos, a partir del tercer curso de la educación secundaria obligatoria, con respecto a la asistencia a clase no tendrán la consideración de faltas de conducta ni serán objeto de sanción, cuando éstas hayan sido resultado del ejercicio del derecho de reunión y sean comunicadas previamente a la dirección del centro."

Os requisitos que teñen que cumplir son:

  • Facer unha reunión do grupo e comunicalo por escrito á dirección onde figure o nome dos que participan.
  • Modificacións o artigo 8 da lei orgánica de 1985.

VALIDACIÓNS

Validacións e equivalencias de módulos profesionais. Máis información...

INICIO CURS0 2012-2013

LUNS 17 DE SETEMBRO

  • 10:00h - Presentación do curso: 3º e 4º de ESO 
  • 10:45h - Presentación do curso: 1º e 2 BAC
  • 11:30h - Presentación do curso: 1º e 2º de ESO


MARTES 18 DE SETEMBRO

  • 10:00h - Presentación dos Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior:1º Curso
  • 10:45h - Presentación dos Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior:2º Curso 
  • 11:30h - Presentación do curso: Programa de Cualificación Profesional Inicial

ENTREGA DOS BOLETINS DE CUALIFICACIÓNS

ENTREGA DOS BOLETINS DE CUALIFICACIÓNS

Os boletíns de cualificacións entregaranse:

2º de Bacharelato: Mércores 5 de setembro ás 12:00 horas

Resto de ensinanzas con exames extraordinarios de setembro: Venres 7 ás 10:00 horas

máis información...

BOLSAS DE ESTUDOS 2012-2013

Convocatoria de bolsas e axudas ao estudo de carácter xeral e de mobilidade, para o curso 2012-2013 para os estudantes que cursen estudos postobligatorios e superiores non universitarios.

  • Prazo de presentación:
  • Dende: 15 de agosto de 2012
  • Ata: 01 de outubro de 2012

      Prazo de presentación aberto.

  • Tramitación:
   Texto da convocatoria       Máis información                      

 

 

PROBAS EXTRAORDINARIAS DE SETEMBRO

News imageRealizaranse o luns 3, martes 4 e mércores 5 de setembro de 2012 (2º de BAC só luns e martes), nas aulas 116, 117, 118.
A distribución de grupos en aulas será feita polo profesorado no momento do chamamento ás probas.
Prema na seguinte ligazón para consultar o calendario.

RESULTADOS PAU 2012 - XUÑO

Preme do logo para ver as túas cualificacións.

Resultados das Probas de Acceso á Universidade 2012:  

100 % de aprobados.

Noraboa aos alumnos/as de 2º de Bacharelato!, a : Julio, Jairo, Bruno, Nélida, Tania, Omar, Juan Mario, Aarón, Cristina, Bruno, Gorety, Laura, Lúa, e Valentín.

AXUDA PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTOS

Convócanse axudas para a adquisición de libros de texto para o curso 2012-2013.

Toda a información relavante sobre a gratuidade solidaria no portal da Xunta, aquí.

En breve publicaremos a relación de libros de texto para o vindeiro curso.

BECAS FP PARA RECEN TITULADOS

A Fundación Empresa-Universidade Galega e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria puxeron en marcha un programa de becas de formación profesional.

Con este acordo, os recén titulados podrían incorporarse a unha empresa entre dous e doce meses, co objetivo de mellorar a súa cualificación e desempeño preparando a súa futura incorporación ao mundo laboral.

As condiciones máis importantes para que os titulados de este nivel educativo podan concurrir a estas bolsas son:

  1. Titulados FP do sistema público educativo de Galicia
  2. Menores de 30 anosMenos de 3 anos desde a obtención do título
  3. Non ter traballado profesionalmente
  4. Inscritos no servizo público de emprego de Galicia

Para ampliar información sobre o programa de becas, pode dirixirse á Fundación no seguinte enderezo: sdoce@feuga.es

Santiago de Compostela: TIno. 981 534 180 fax 981 524 351

Vigo: TIno. 986 812 665 fax 986 812 666

AXUDAS PARA SACAR O CARNÉ DE CONDUCIR

O luns 14 de maio publícouse no DOG a Orde do 4 de maio de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras que rexen as axudas para facilitar a obtención do permiso de condución clase B e favorecer a seguridade viaria dos mozos e mozas galegos, e se procede á súa convocatoria.

REQUISITOS
  • Ter entre 18 e 30 anos 
  • Residir en Galicia
  • Ser titular do carné xove
  • Estar en situación de desemprego (cunha antigüidade mínima de 6 meses)
  • Non ter, a unidade familiar, ingresos superiores a 2,5 veces o IPREM(1.331,27 euros/mes)
Para acceder á axuda, deberás obter o carné de conducir entre o 1 de xaneiro e antes do 15 de outubro de 2012 e, ademais, superar con éxito un curso gratuíto de educación viaria
As axudas concederánse seguindo a orde de presentación de solicitudes ata esgotar o crédito dispoñible. e terán un importe de 200 euros.
O prazo de solicitude iniciarase a partir do día seguinte ao da publicación da orde no DOG e estará aberto ata o día 1 de setembro de 2012, salvo que antes se esgote o crédito dispoñible.

RECLAMACIÓNS DAS CUALIFICACIÓNS 2º DE BACHARELATO - CURSO 2011-2012

Publicación da Circular nº 2/2012 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se desenvolve a Orde do 22 de abril de 2010, pola que se establece o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do bacharelato establecido na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para o curso 2011/2012:
Reclamacións no centro. Prazos
  • Convocatoria ordinaria: 23 e 24 de maio de 2012 (ata as 14 horas).
  • Convocatoria extraordinaria: 6 e 7 de setembro de 2012 (ata as 14 horas).


Reclamacións ante a comisión de supervisión (Subdirección Xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo). Prazos

  • Convocatoria ordinaria: antes das 18 horas do día 29 de maio de 2012
  • Convocatoria extraordinaria: antes das 19 horas do día 10 de setembro de 2012.


Remisión do expediente ante a comisión de supervisión. Prazos

  • Convocatoria ordinaria: antes das 14 horas do día 30 de maio de 2012
  • Convocatoria extraordinaria: antes das 14 horas do día 11 de setembro de 2012.

Máis información 

Distribuir contido


by Dr. Radut