Skip to Content

Eleccións ao Consello Escolar 2021: Calendario

Durante este mes de novembro celebraranse as eleccións para elixir os representantes do Consello Escolar: alumnado, nais/pais/titores legais e profesorado.

 

CALENDARIO

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.


    • Sorteo público dos/as membros da Xunta Electoral_3 de novembro
    • Publicación das convocatorias de eleccións nos distintos sectores educativos: profesorado, pais/nais e alumnado_5 de novembro
    • Publicación provisional dos censos dos sectores educativos citados_5 de novembro
    • Admisión de candidaturas presentando no rexistro da secretaría do centro a candidatura_5-12 de novembro
    • Proclamación e posterior publicación provisional de candidaturas ás 14:30 horas_12 de novembro
    • Reclamacións á proclamación de candidatos/as_15-16 de novembro
    • Proclamación e posterior publicación de candidaturas por sectores de representación_18 de novembro
    • Aprobación definitiva de censos electorais_18 de novembro
    • Sorteo público da designación dos membros das mesas electorais de pais/nais e alumnado_18 de novembro
    • Votacións_25 de novembro
    • Proclamación de candidatos/as elixidos/as_30 de novembro
    • Constitución do Consello Escolar_2 de decembro



page | by Dr. Radut