Skip to Content

Admisión ESO e Bacharelato: solicitude do 1 ao 22 de marzo

Solicitudes de admisión

O alumnado que desexe acceder ás ensinanzas de ESO ou Bacharelato no IES Perdouro e que non teña praza reservada(1), debe presentar solicitude de admisión. O procedemento desenvolverase segundo este calendario de admisión.

(1) O CEIP Virxe do Carme é centro adscrito do IES Perdouro e polo tanto o seu alumnado ten dereito á reserva de praza, sempre que o solicitara no prazo establecido.

Prazo de solicitude: do 1 ao 22 de marzo, ambos incluídos

Formas de presentar a solicitude:

a) De forma electrónica a través da aplicación admisionalumnado, identificándose con Chave365 ou con certificado electrónico

b) Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada na secretaría do IES Perdouro, utilizando o ANEXO II e o ANEXO II BIS (en castelán: ANEXO II e ANEXO II BIS).

Xunto a estes formularios débese presentar:

- DNI do alumno/a e dos membros da unidade familiar (cando non se autorice a súa consulta)
- Libro de familia
- Certificado de matrícula
- Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso.

A solicitude de admisión presentada nun centro educativo poderá anularse mediante a presentación dunha nova, indicando expresamente por escrito que quedan sen efecto a/s presentada/s con anterioridade.

Criterios de baremación de solicitudes:

Importante: Cando se presenta a solicitude débense marcar todos os criterios que se pensen alegar para o baremo. A documentación acreditativa pediríase máis tarde, no caso de ter que baremar, pero os criterios alegados xa non se poderán modificar.

a) Criterios xerais: Recollidos nos artigos 19 a 29 da Orde do 12 de marzo de 2013, donde se detallan os criterios, a forma de acreditalos e a puntuación outorgada a cada un.

b) Criterio propio do centro: neste centro temos aprobado o criterio de baremación ao que se refiren o artigo 19.i) e o artigo 28 da Orde do 12 de marzo de 2013. Pódese consultar neste documento.

Área de influencia. Aos efectos da baremación do criterio de proximidade (Art. 22 da Orde do 12 de marzo de 2013), a área de influencia do IES Perdouro coincide coa totalidade do Concello de Burela, tanto para a ESO como para o Bacharelato.

Se unha vez aplicados estes criterios se mantén o empate, este resolverase aplicando o resultado do sorteo público anual: Resultado do sorteo anual de letras de prioridade no procedemento de admisión 2021/2022

Presentación de documentación acreditativa dos criterios de baremación:

Só no caso de que houbera maior número de solicitudes que de prazas ofertadas, os solicitantes deberán presentar a documentación de forma presencial na secretaría do centro.

Prazo: do 25 de marzo ao 9 de abril, ambos incluídos.

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas:

Prazo: publicarase no taboleiro de anuncios do centro antes do 25 de abril.

Poderase formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas:

Prazo: publicarase no taboleiro de anuncios do centro antes do 15 de maio.

Solicitudes presentadas fóra de prazo

As instancias presentadas entre o 23 de marzo e o 18 de maio, ambos incluídos, serán consideradas fóra de prazo (Artigos 15, 34 e D.A. primeira da Orde do 12 de marzo de 2013) e perderán o seu dereito de prioridade.

Estas solicitudes enviaranse á xefatura territorial, que adoptará as medidas necesarias para asegurar a escolarización do alumnado afectado nun centro sostido con fondos públicos que dispoña de prazas vacantes.

IMPORTANTE. Nota informativa:

1º. Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. O feito de presentar máis dunha solicitude determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

2º. O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

3º. O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión. A presentación de solicitude de admisión noutro centro estando vinculado por reserva poderá implicar a perda do dereito de prioridade que puidese corresponder.

Postos escolares vacantes que se ofertan:

Postos_vacantes_ESO_BAC_para_curso 2021-2022

Calendario do proceso de admisión:

Calendario admisión ESO BAC curso 2021-2022

 

Matrícula

O alumnado admitido mediante calquera dos procedementos deberá formalizar a súa matrícula no centro educativo, no prazo que lle corresponda.

Prazos para a formalización da matrícula:

  • Ordinario: do 25 de xuño ao 10 de xullo
  • Extraordinario: do 1 ao 10 de setembro

Se finalizado o prazo de matrícula non se tivese formalizado esta, decaerá o dereito á praza obtida.

 

Procedemento extraordinario de admisión

As solicitudes de admisión que se reciban desde o día 19 de maio de 2021 ata o remate do curso 2021/2022, serán tramitadas polo procedemento extraordinario de escolarización (Artigos 44 a 47 da Orde do 12-03-2013).

Para estas solicitudes utilizarase o formulario de solicitude extraordianaria de admisión e presentaranse nas dependencias da xefatura territorial ou dos centros docentes. Os centros remitirán ás xefaturas territoriais as solicitudes que reciban.

 

Outras informacións

Centro adscrito

O CEIP Virxe do Carme é centro adscrito do IES Perdouro. Isto supón que o alumnado do CEIP Virxe do Carme ten dereito de prioridade para a admisión no IES Perdouro, a través do proceso de reserva de praza (Artigo 10 – modificado pola Orde do 18-12-2020- e artigo 11 da Orde do 12-03-2013)

Servizos complementarios.

O IES Perdouro non ofrece servizo de comedor escolar nin de transporte escolar. Desde o ano 2020 conta con servizo de cafetería, no que o alumnado pode adquirir bocadillos, bebidas e outros alimentos.

 

Normativa reguladora

DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato  reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).

 

Máis información

Información sobre Escolarización, para familias e alumnado:

Escolarización

Anuncio informativo na web da Consellería de Educación:

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2021/2022



page | by Dr. Radut