Física Re-Creativa

O pasado mércores 20 de febreiro recibimos no instituto a visita de Benito Vázquez Dorrío, profesor de física na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo.

Anteriormente amosara as súas experiencias aos alumnos de 4º da ESO e debido ao seu éxito, solicitouse que dera unha charla ao alumnado de bacharelato, cunha finalidade educativa e motivadora para os futuros universitarios e universitarias.

Durante a charla explicounos numerosos fenómenos físicos, como a deformación das cores nunha pompa de xabón e como as perciben os nosos ollos, luces de cores co alumnado para ver como estas variaban segundo a sombra e máis experimentos coas pompas, as cores e a luz. Toda a súa intervención realizouna interactuando co público, para que observáramos como se producían os distintos fenómenos e darnos unha perspectiva máis dinámica e non tan teórica como a que, moitas veces, temos nas aulas.

Para min a charla foi moi interesante, debido a que as dúas horas que pasamos alí pasáronse moi rápidas, en resumo creo que para todos foi unha actividade dunha temática e estilo que volveríamos a repetir.

Accede ao albúm de fotos aquí.

Iván Pernas Pernas -  1º Bach.