Paixón por Sorolla e portos naturais asturiáns

O pasado día 26 de outubro, todo o alumnado de 2º ESO, coas profesoras dos departamentos de Xeografía e Historia (Maribel), Relixión (Begoña) e Plástica (Teresa), fomos pasar o día a Asturias para visitar algúns portos pesqueiros e o Centro Niemeyer. 
 
Pola mañá fomos a Cudillero (unha pequena vila turística e pesqueira na que as casas, de colores, están situadas de forma descendente cara ao centro da localidade). Alí, realizamos unha actividade en grupos, fotografando sitios importantes desta poboación e explorando o lugar. Tomamos o almorzo e fomos directamente ao Centro Niemeyer, en Avilés, para facer unha visita guiada pola exposición de Joaquín Sorolla e traballar no obradoiro pintando un dos seus cadros máis importantes “Corriendo por la playa”.
 
Comemos no centro e, pola tarde, fomos a Puerto de Vega (outra localidade turística e pesqueira chea de fermosas rúas que antigamente tivo un porto no que atracaban os seus barcos baleeiros). Alí repetimos a actividade feita pola mañá. Despois diso, voltamos cara a Burela facendo xogos no autobús e divertíndonos todos xuntos, profesoras, alumnas e alumnos.

Accede a reportaxe fotográfica aquí.
 
Crónica de Laura Rodríguez López, 2º ESO A