Amor, de corazón

Chegou o mes de febreiro e con el máis amor aínda.  Din que o 2 de febreiro, día da Candeloria, casan os paxaros. Tamén o 14 de febreiro é o día dos/as namorados/as. 

O alumnado de 1ºESO levou á práctica nocións e recursos básicos da linguaxe literaria aprendidos en clase de lingua castelá.
 
Xogaron coa rima, coas estrofas, coas licenzas métricas e, sobre todo, co léxico, creando metáforas, personificacións, símiles, pararelismos, anáforas e hipérbatos, entre outros recursos. Todo cunha única temática: o amor, visto dende a súa dimensión máis ampla: o amor platónico, o amor real, o amor a un amigo/-a, a unha nai ou a un pai, a aquela persoa sen a cal a vida sería máis difícil de levar...
Nesta vertente creativa, hai que valorar tamén a decoración persoal que cada alumna/-o fixo do seu corazón.
 
Se queres ler os poemas podes acceder ao noso álbum de fotos aquí. Ademais están expostos no mural do pavillón central.